Lista de reis de Portugal
Esta é unha lista de reis de Portugal, desde a independencia do Reino de Galicia en 1139 até a implantación da República o 5 de outubro de 1910. A título previo, móstranse tamén os condes de Portugal que antecederon directamente o primeiro rei portugués.
Anterior á independencia - Condes Portucalenses
[editar | editar a fonte]Casa de Vímara Peres
[editar | editar a fonte]- Vímara Peres (c. 868-873)
- Lucidio Vimaranes (fillo do precedente - 873-?)
- Onega Lucides (filla do precedente) ∞ Diogo Fernandes (?-antes de 924)
- Mumadona Dias (filla dos precedentes) ∞ (926) Hermenexildo Gonçalves (tamén chamado Mendo I Gonzalves, fillo do conde Gonzalo de Galiza)
- Gonzalo I Mendes (fillo dos precedentes) (c. 950-999; en 997 intitúlase magnus dux portucalensium)
- Mendo II Gonçalves (fillo [ou neto?] do precedente) (999-1008) ∞ Tuta
- Deste enlace naceu unha filla, Elvira Mendes, casada con Afonso V de León e Castela e mai de Bermudo III e Sancha I de León; a xefatura da casa pasou para un colateral:
- Alvito Nunes (descendente de Vímara Peres, casado coa condesa Tudadomna) (1008-1015)
- Ilduara Mendes (filla de Mendo Gonzalves) ∞ Nuno I Alvites (fillo do precedente) (1017-1028)
- Mendo III Nunes (1028-1050)
- Nuno II Mendes (1050-1071) - último conde da familia de Vímara Peres; derrotado polo rei García II de Galiza na batalla de Pedroso.
Reis de Galiza que se consideraron tamén reis de Portucale
[editar | editar a fonte]- Ordoño II de Galiza e de León (910-924) - gobernou sobre o antigo conventus de Bracara, mais non usou o título de rei portucalense
- Ramiro II de León (930-950) - o primeiro a usar o título de «rei da terra portugalense» (entre 925 e 931)
- García II de Galiza (1065-1072) - despois da derrota do conde Nuno Mendes, pasa tamén a usar o título de rei portugalense (1071-1072)
Condado Portucalense
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Condado Portucalense.
- Casa reinante: Borgoña
- Henrique de Borgoña, Conde de Portucale (r. 1093-1112)
- Tareixa de León, rexente na menoridade do fillo (r. 1112 - 1128), co título de regina («raíña»)
- Afonso Henriques, Conde de Portucale e despois primeiro Rei de Portugal (r. 1112 - 1139)
Primeira Dinastía – de Borgoña ou Afonsina
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Dinastía de Borgoña.
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Cognome(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Afonso I | 27 de xullo de 1139 | 6 de decembro de 1185 | O Conquistador O Fundador O Grande |
Tamén chamado Afonso Henriques (Afonso, fillo de Henrique; aquí radica a designación que os musulmáns lle atribuíran, ‘‘Ibn-Arrik’‘ - «fillo de Henrique»). | |
2 | Sancho I | 6 de decembro de 1185 | 27 de marzo de 1211 | O Poboador | ||
3 | Afonso II | 27 de marzo de 1211 | 25 de marzo de 1223 | O Gordo O Craso O Gafo O Lexislador |
||
4 | Sancho II | 25 de marzo de 1223 | 1247 | O Capelo O Pio O Piedoso |
Deposto polo Papa Inocencio IV no I Concilio de Lión, en 1245, so a acusación de «rex innutilis», viría a abdicar en 1247, exiliándose en Toledo, e indo a falecer pouco tempo despois, a inicios de 1248. | |
5 | Afonso III | 3 de xaneiro de 1248 | 16 de febreiro de 1279 | O Boloñés | Rexente de Portugal, so o título de Procurador e Defensor do Reino, desde 21 de setembro de 1245, até á data da morte do irmán, cando asume plenamente a realeza. | |
6 | Dinis I | 16 de febreiro de 1279 | 7 de xaneiro de 1325 | O Labrador O Rei-Agricultor O Rei-Poeta O Rei Trobador |
||
7 | Afonso IV | 7 de xaneiro de 1325 | 28 de maio de 1357 | O Bravo | ||
8 | Pedro I | 28 de maio de 1357 | 18 de xaneiro de 1367 | O Xusticeiro O Cruel O Cru O Vingativo O Até-á-Fin-do-Mundo Apaixonado |
||
9 | Fernando I | 18 de xaneiro de 1367 | 22 de outubro de 1383 | O Fermoso O Belo O Inconstante O Inconsciente |
||
10 | Beatriz I | 22 de outubro de 1383 | 6 de abril de 1385 | (ver nota [1]) |
Interregno (1383 - 1385)
[editar | editar a fonte]Designación dada pola historiografía oficial ao período que media a morte de Fernando e a ascensión ao trono do seu medio-irmán, o Mestre de Avis Xoán, e que comprende as rexencias de Leonor Teles de Meneses e do propio Mestre de Avis.
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Notas | |
---|---|---|---|---|---|
Leonor Teles de Meneces | 22 de outubro de 1383 | 16 de decembro de 1383 | Exerce a rexencia en nome da súa filla Beatriz | ||
Xoán, Mestre de Avis | 16 de decembro de 1383 | 6 de abril de 1385 |
Segunda Dinastía – de Avis ou Xoanina
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Dinastía de Avis.
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Cognome(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
11 | Xoán I | 6 de abril de 1385 | 14 de agosto de 1433 | O De Boa Memoria O Bo O Grande |
||
12 | Duarte I | 14 de agosto de 1433 | 9 de setembro de 1438 | O Elocuente O Rei-Filósofo |
||
13 | Afonso V | 9 de setembro de 1438 | 11 de novembro de 1477 | O Africano | Abdica en favor do fillo, que asumía xa as funcións de rexente do Reino. | |
14 | Xoán II | 11 de novembro de 1477 | 15 de novembro de 1477 | O Príncipe Perfecto O Tirano |
É aclamado rei nas Cortes de Santarén de 1477; abdica ao regresar ao Reino o seu pai. | |
13 | Afonso V | 15 de novembro de 1477 | 28 de agosto de 1481 | O Africano | Reasume a realeza. | |
14 | Xoán II | 28 de agosto de 1481 | 25 de outubro de 1495 | O Príncipe Perfecto O Tirano |
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Cognome(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
15 | Manuel I | 25 de outubro de 1495 | 13 de decembro de 1521 | O Venturoso O Benaventurado O Afortunado |
(ver nota[2]) | |
16 | Xoán III | 13 de decembro de 1521 | 11 de xuño de 1557 | O Piadoso O Pío |
||
17 | Sebastián I | 11 de xuño de 1557 | 27 de agosto de 1578 | O Desexado O Encuberto O Adormecido |
||
18 | Henrique I | 27 de agosto de 1578 | 31 de xaneiro de 1580 | O Casto O Cardeal-Rei O Evorense/O de Évora |
||
# | Consello de Gobernadores do Reino de Portugal |
31 de xaneiro de 1580 | 24 de xullo de 1580 | |||
19 | Antonio I | 24 de xullo de 1580 | 25 de agosto de 1580 (en Portugal Continental) 1583 (na illa Terceira) |
O Prior do Crato O Determinado O Loitador O Independentista |
(ver nota[3]) |
Terceira Dinastía – Filipina, de Habsburgo ou dos Austrias
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Dinastía Filipina.
Os soberanos desta dinastía foron tamén reis de Castela, Países Baixos, Nápoles, Sicilia, León, Aragón, Valencia, Galicia, Navarra, Granada, duques da Borgoña etc., títulos xenericamente reunidos baixo a designación de Reis de España.
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Cognome(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
20 | Filipe I | 1581 | 13 de setembro de 1598 | O Prudente | tamén Filipe II en España (1556-1598) (ver nota[4]) | |
21 | Filipe II | 13 de setembro de 1598 | 31 de marzo de 1621 | O Pío O Piadoso |
Filipe III en España (1598-1621) | |
22 | Filipe III | 31 de marzo de 1621 | 1 de decembro de 1640 | O Grande | Filipe IV en España (1621-1665) |
Durante este período de sesenta anos, os reis fixéronse representar en Portugal por un vicerrei ou un corpo de gobernadores - véxase a lista de vicerreis durante a dinastía filipina.
Á revolta do 1 de decembro de 1640 seguiuse a Guerra da Aclamación, despois chamada, pola historiografía romántica do século XIX, como Guerra da Restauración.
Cuarta Dinastía – de Braganza ou Brigantina
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Dinastía de Braganza.
(*) Todos estes reis foron tamén soberanos do reino do Algarve, a partir de Afonso III; antes del, Sancho I usou ese título (ou o alternativo rei de Silves) entre 1189 e 1191.
Titulatura rexia
[editar | editar a fonte]Ao longo da historia, o título oficial dos Reis de Portugal foi alterándose. Os Reis de Portugal tiveron os seguintes títulos:
Período | Título | Usado por | Motivo |
---|---|---|---|
1140–1189 | Pola Graza de Deus, Rei dos Portugueses (Dei Gratiae, Rex Portugalensium) |
Afonso Henriques, Sancho I | |
1189–1191 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e de Silves | Sancho I | Tomada de Silves (1189) |
1191–1249 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal (Dei Gratiae, Rex Portugaliae) |
Sancho I, Afonso II, Sancho II, Afonso III | Perda de Silves, retomada polos Almóadas (1191) |
1249–1369 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve (Dei Gratiae, Rex Portugaliae & Algarbii) |
Afonso III, Dinis, Afonso IV, Pedro I, Fernando I | Conquista definitiva do Algarve (1249) |
1369–1371 | Pola Graza de Deus, Rei de Castela, de León, de Portugal, de Toledo, de Galiza, de Sevilla, de Córdoba, de Murcia, de Xaén, do Algarve, de Alxeciras e Señor de Molina | Fernando I | Pretensión de Fernando á Coroa de Castela |
1371–1383 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve | Fernando I | Renuncia aos títulos castellanos despois da Paz de Alcoutín (1371) |
1383–1385 | Pola Graza de Deus, Raíña de Castela, de León, de Portugal, de Toledo, de Galiza, de Sevilla, de Córdoba, de Murcia, de Xaén, do Algarve, de Alxeciras e Señora da Biscaia | Beatriz I e Xoán I de Castela | Pretensión de Beatriz á Coroa de Portugal |
1385–1415 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve | Xoán I | Renuncia aos títulos castellanos despois da derrota de Xoán I de Castela na Batalla de Alxubarrota (1385) |
1415–1458 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve, e Señor de Ceuta | Xoán I, Duarte, Afonso V | Conquista de Ceuta (1415) |
1458–1471 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve, e Señor de Ceuta e de Alcácer en África | Afonso V | Conquista de Alcácer Ceguer (1458) |
1471–1475 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África | Afonso V | Conquista de Arcila e Tánxer (1471) e elevación do señorío do Norte de África á condición de Reino d'Alén-Mar |
1475–1479 | Pola Graza de Deus, Rei de Castela, de León, de Portugal, de Toledo, de Galiza, de Sevilla, de Córdoba, de Xaén, de Murcia, dos Algarves d'Aquén e d'Alén Mar en África, de Xibraltar, de Alxeciras, e Señor da Biscaia e de Molina | Afonso V | Pretensión de Afonso V á Coroa de Castela, polo seu casamento con ’‘Xoana, a Beltranexa’‘ |
1479–1485 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África | Afonso V, Xoán II | Renuncia aos títulos castellanos despois da Paz das Alcáçovas-Toledo |
1485–1499 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, e Señor da Guiné | Xoán II, Manuel I | Creación do señorío da Guiné abranguendo as posesións portuguesas que se estendían polo Golfo da Guiné |
1499–1580 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopía, Arabia, Persia e India etc. | Manuel I, Xoán III, Sebastián, Henrique, Antonio | Despois do regreso de Vasco da Gama da India, en 1499, o título rexio reformúlase e atinxe a súa plenitude |
1580–1640 | Pola Graza de Deus, Rei de Castela, de León, de Aragón, das Dúas Sicilias, de Xerusalén, de Portugal, de Navarra, de Granada, de Toledo, de Valencia, de Galiza, de Mallorca, de Sevilla, da Sardeña, de Córdoba, da Córsega, de Murcia, de Xaén, dos Algarves, de Alxeciras, de Xibraltar, das Illas de Canaria, das indias Orientais e Occidentais, Illas e Terra Firme do Mar-Océano, Conde de Barcelona, Señor da Biscaia e de Molina, Duque de Atenas e de Neopatria, Conde de Rosellón e da Sardeña, Marqués de Oristano e de Gociano, Arquiduque de Austria, Duque da Borgoña, do Brabante e de Milón, Conde de Habsburgo, da Flandres e do Tirol etc. | Filipe I, Filipe II, Filipe III | Co dominio filipino, xúntanse os demais títulos dos Austrias á titulatura portuguesa |
1640–1815 | Pola Graza de Deus, Rei (ou Raíña) de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor(a) da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopía, Arabia, Persia e India etc. | Xoán IV, Afonso VI, Pedro II, Xoán V, Xosé I, María I (con Pedro III) | Coa Restauración da Independencia (1640), regresase ao vello estilo adoptado por Manuel I |
1815–1825 | Pola Graza de Deus, Rei (ou Raíña) do Reino Unido de Portugal, Brasil e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor(a) da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopía, Arabia, Persia e India etc. | María I, Xoán VI | O Brasil elévase a Reino dentro do Imperio Portugués (1815) |
1825–1910 | Pola Graza de Deus, Rei (ou Raíña) de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor(a) da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopía, Arabia, Persia e India etc. | Xoán VI, Pedro IV, Miguel I, María II (con Fernando II), Pedro V, Lois I, Carlos I, Manuel II | Despois do recoñecemento da independencia do Imperio do Brasil por Xoán VI (1825), retórnase á fórmula anterior, que existirá até á fin da Monarquía |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Raíña de iure e de facto (era a única herdeira lexítima do trono deixado pola morte de Fernando I), Beatriz, casada con Xoán I de Castela, aclamouse raíña do Reino, exercendo a rexencia no seu nome, durante case dous anos, a raíña-viúva, a súa mai Leonor Teles de Meneces; o seu marido Xoán de Castela acrecentou mesmo o señorío dos Reinos de Portugal e Algarve aos seus títulos, e mandou acuñar moedas coas armas de León e Castela partidas coas de Portugal. Con todo, desde o inicio do reinado, varias vilas e cidades do reino comezaron a se sublevar, temendo a perda da independencia, vindo paulatinamente a engrosar o partido que se foi constituíndo á roda do Mestre de Avis. Coa subida ao trono do Mestre de Avis, despois das Cortes de Coimbra de 1385, a historiografía oficial pasou a negar a realeza de Beatriz e até, nalgúns casos extremos, a negar ser filla biolóxica de Fernando, por forma a refutar o feito de ter sido raíña de Portugal.
- ↑ Por mor da morte de Xoán II sen fillos lexítimos (o príncipe Afonso falecera en condicións tráxicas nunca completamente esclarecidas en 1491), nin irmáns sobreviventes (a infanta Santa Xoana, a súa irmá, falecera en 1490), non obstante tentou lexitimar o seu bastardo, o infante Xurxo de Lencastre, futuro Duque de Coimbra, a Coroa Portuguesa acabou por pasar para o seu curmán e cuñado Manuel, Duque de Bexa, o cal era fillo de Fernando, Duque de Viseu (irmán do rei Afonso V), e de Beatriz (filla do infante Xoán, o penúltimo dos membros da Ínclita Xeración). Así, aínda que polo lado do pai fose neto do rei Duarte, e polo lado da mai, bisneto de Xoán I, o feito de non ser herdeiro directo, mais si colateral, leva a que xurdisen, á súa vez, referencias a unha quebra na dinastía de Avis ao nivel da casa reinante, considerándose inaugurada así a Casa de Avis-Bexa (en homenaxe ao ducado no cal fora investido por Xoán II, e que marca a data da súa aclamación, en 1495), a cal se mantería no poder até a fin da dinastía, en 1580.
- ↑ Antonio I foi rei de Portugal desde 19 de xuño de 1580, data da súa formal aclamación ao trono en Santarém, até á derrota na batalla de Alcántara, a 25 de agosto seguinte. Continuou a reinar no entanto "de iure" a partir do estranxeiro, e reinou "de facto" até 1583 no territorio azoriano, onde proseguiu a guerra ao invasor. A historiografía oficial negoulle a condición de rei (por ser tido como fillo bastardo e cristián novo, o que non é verdade, pois era real a Lexitimidade de Antonio), tanto so os Filipes, como tamén so os Braganzas. Débese a unha obra do profesor Joaquim Veríssimo Serrão a rehabilitación da súa figura, que debe así figurar no número dos reis de Portugal, posto malia a brevidade do seu reinado.
- ↑ Filipe II comezou logo a exercer o seu poder aínda en 1580, malia que apenas parcialmente, pois aínda non dominaba todo o territorio; só en 1581, coas Cortes de Tomar, tornouse Rei de Portugal de iure, e apenas en 1583 conseguiu abafar todos os puntos que aínda eran afectos ao Prior do Crato.
- ↑ Esta alegada mudanza de nome na Dinastía de Braganza, reinante en Portugal, por morte de María II, para Bragança-Saxe-Cobúrgo-Gotha (ou máis correctamente, Bragança-Wettin), non é de todo recoñecida pola historiografía portuguesa, sendo antes unha creación das historiografías estranxeiras (sobre todo a francesa, que non recoñece a sucesión por vía feminina, logrando así aplicar á dinastía reinante en Portugal o nome dinástico do rei consorte). Porén, aínda que a liña de sucesión proseguiu en liña recta, polo casamento da raíña María II cun príncipe estranxeiro (Fernando II de Saxe-Cobúrgo-Gotha), tería cesado na Casa Real portuguesa a varonía de Afonso Henriques, mantida ao longo de sete séculos (nótese que a outra raíña portuguesa, María I, casara co tío Pedro III, polo que se mantivo o sangue do primeiro rei de Portugal), tendo entón pasado a correr o sangue da casa de Wettin nas veas dos Braganza. Con todo, en Portugal sempre as mulleres puideron transmitir o nome, ben como o patrimonio, na falta de herdeiro home na familia. Isto leva a encontrarse por veces escrito, entre historiadores estranxeiros, a existencia dunha quinta dinastía en Portugal - unha división aparentemente artificial dentro da última dinastía real portuguesa, gobernada pola suposta casa de Bragança-Wettin, a cal comprendería os reis entre Pedro V e Manuel II. Para todos os efectos, considérase máis válida a división tradicional en catro dinastías, dado a legalidade da designación de dinastía de Braganza, única utilizada, e determinada pola Casa Real e pola xeneralidade das persoas, até 1910 e despois desa data.
- ↑ O herdeiro do trono, Lois Filipe, Príncipe Real de Portugal, aínda que sobrevivise escasos minutos ao seu pai, non foi nunca considerado como rei de Portugal (aínda que fose chamado, por algúns estranxeiros, de Lois II); nin o podería ser, pois en Portugal só eran considerados reis "de iure" os príncipes após xuraren os foros, liberdades e garantías no acto da súa aclamación ao trono (até 1834), ou de xuraren a Constitución (despois daquela data), en sesión solemne e plenaria das Cortes. Desta forma, o trono recaeu de inmediato no seu irmán máis novo, Manuel II, logo de ser xuramentado.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Historia de Portugal
- Reino de Portugal
- Condado Portucalense
- Ducado de Braganza
- Lista de monarcas de Francia
Listas de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica desde a Reconquista ata os nosos días | |||||||||
Portugal | España | ||||||||
Coroa de Castela | Navarra | Coroa de Aragón | |||||||
Galicia | Asturias | León | Castela | Aragón | Barcelona | Valencia | Mallorca |