Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Pedro Froilaz, tomado prisioneiro na batalla de Viadangos, recobra a súa liberdade. Ignórase se por fuga, intercambio ou após pagamento dun rescate[1].
- Febreiro: A raíña Urraca, trasládase a Galiza onde inicia unha campaña de doazóns (vendas) para garantir o apoio dos partidarios do seu fillo na guerra contra Afonso I de Aragón[2].
- 2 de marzo: Urraca doa ao bispo de Mondoñedo as vilas de Valadouro, Viveiro e Pedrosa, recibindo en agradecemento catorce marcos de prata[1].
- Marzo: Urraca doa á igrexa lucense todas as pertenzas reais nos termos de Lugo, recibindo do bispado cen marcos de prata[1].
- Abril: Urraca doa á igrexa compostelá todas as pertenzas da coroa na terra de Santiago. Recibe a cambio cen onzas de ouro e douscentos marcos de prata[3].
- 21 de abril: Urraca convoca cortes do reino en Compostela. Solicita aos bispos e condes galegos a súa axuda na guerra contra o seu home Afonso de Aragón[4].
- Abril: Urraca prende a Arias Pérez e aos seus cómplices. Obrigaos a devolver o castelo de Lobeira e confinaos "nas últimas praias de Galiza"[5].
- 28 de abril: Urraca doa á igrexa de Tui as vilas de Santa Mariña de Areas, Spiniceto e todas as propiedades reais na zona[1].
- Maio: Urraca fai unha extensa doazón de bens, por distintos puntos da xeografía galega, a Pedro Froilaz e a súa esposa Maior Guntroda[4].
- Maio: O exército galego inicia a marcha para recuperar os territorios conquistados por Afonso de Aragón. Xelmírez permanece en Galiza para manter a orde no país[4].
- Maio: Urraca amplía o couto do mosteiro de Samos recibindo por iso 36 marcos de prata[1].
- Maio: Afonso I solicita 300 coraceiros a Aragón para deter as forzas galegas en Astorga. Os reforzos son interceptados por partidarios casteláns de Urraca. Refuxiase en Carrión baixo asedio[6].
- 12 de maio: Morre Henrique de Borgoña a consecuencia das feridas recibidas no cerco de Astorga. A súa muller, a condesa Tereixa, faise cargo do goberno do condado portucalense[7].
- Os nobres Paio Gudestéiz e Rabino Núnez únense a Arias Pérez e declárandose partidarios de Afonso de Aragón conquistan as terras galegas entre o Miño e o Ulla[8].
- O exército de Diego Xelmírez reconquista o territorio perdido. Arias Pérez refuxiase nos montes, Rabino Núnez no castelo de Ponte Sampaio e Paio Gudestéiz no de Darbo[8].
- A raíña Urraca escribe a Xelmírez pedíndolle que reconquiste os castelos dos rebeldes. Xelmírez ataca o castelo de Ponte Sampaio por terra e por mar[9].
- Rabino Núnez e Paio Gudestéiz toman a soldo parte unha nave de cruzados procedentes das illas británicas que se dirixían a Palestina. A frota de Xelmírez captura o barco británico.[10]
- Xelmírez sitia por terra e mar os castelos de Darbo e Ponte Sampaio. Rabino Núnez e Paio Gudestéiz réndense e entregan as fortalezas[11].
- Decembro: O longo asedio de Carrión e a crecente inestabilidade nos seus reinos fan que Urraca e Afonso se reconcilien por terceira vez. Pactan un acordo de paz na vila de Peñafiel[12].
- Levantase o asedio de Carrión. Pedro Froilaz e o resto dos nobres galegos regresan a Galiza amolados polo desenlace pois foron eles quen cargaron co mais duro da campaña[12].
- Urraca parte co seu home cara a Aragón, onde este pretendía prendela e encerrala no castelo de Peralta[12].
- Marzo: Concilio de Letrán.
- ↑ Data en discusión polos historiadores. Jose Mattoso apunta ao 14 de abril como data da morte do Conde Henrique
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 López Ferreiro 1885. cap. XIV
- ↑ López Teixeira 2013. p. 77
- ↑ Historia compostelá. Libro I. Cap. LXIX, LXX, LXXI.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 López Ferreiro 1900. pp. 371-376.
- ↑ Historia Compostelá. Libro I. Cap.LXXII
- ↑ Historia Compostelá. Libro I. Cap. LXXIII
- ↑ López Teixeira 2013. p. 83
- ↑ 8,0 8,1 Historia Compostelá. Libro I. Cap. LXXIV
- ↑ Historia Compostelá. Libro I. Cap. LXXV
- ↑ López Ferreiro 1900. pp. 383-386
- ↑ Historia Compostelá. Libro I. Cap. LXXVII
- ↑ 12,0 12,1 12,2 López Ferreiro 1900. pp. 377-379