Saltar ao contido

Raul Meireles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRaul Meireles

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Raul José Trindade Meireles Editar o valor en Wikidata
17 de marzo de 1983 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Porto, Portugal Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaPortugal Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2001–2003 cesión Clube Desportivo das Aves 44(1)
2001–2004 Boavista Futebol Clube 29(0)
2004–2010   FC Porto 137(15)
2010–2011 Liverpool F.C. 35(5)
2011–2012   Chelsea F.C. 31(2)
2012– Fenerbahçe
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2000–2000   Portugal sub-17 8(0)
2001–2001   Portugal sub-17 7(1)
2001–2002   Portugal sub-19 13(1)
2002–2002   Portugal sub-19 5(1)
2003–2003   Portugal sub-20 8(0)
2003–2006   Portugal sub-21 26(2)
2006–   Portugal
Participou en
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008
2004Xogos Olímpicos de 2004 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 210214 UEFA: 150016144 Editar o valor en Wikidata

Raul José Trindade Meireles, máis coñecido como Raul Meireles, nado no Porto o 17 de marzo de 1983, é un futbolista profesional internacional portugués que xoga como centrocampista para o Fenerbahçe S.K. da Süper Lig turca. Xoga principalmente como centrocampista.

Meireles comezou a súa carreira no Boavista, mais o seu primeiro ano foi cedido ao Clube Desportivo das Aves da Liga de Honra, onde fixo o seu debut profesional. Despois dunha cesión de dous anos, regresa ao Boavista e debuta na Primeira Liga. Grazas ás súas grandes actuacións, Meireles foi fichado polo outro equipo da cidade: o FC Porto, gañando tres títulos de Primeira Liga consecutivos, dúas Copas e tres Supercopas. En 2010, ficha polo Liverpool inglés, onde gañou o premio ao Mellor xogador de 2011 segundo os fans da Premier League. En agosto de 2011 asina co Chelsea, uníndose ao seu ex-adestrador de André Villas-Boas, con quen xa pasara un período curto de tempo.

A carreira internacional de Meireles no fútbol nacional comezou nas categorías xuvenís, cando representou á selección sub-16 no equipo para a Eurocopa 2000 sub-16 en Israel. En novembro de 2006, foi chamado á selección absoluta por primeira vez. Máis tarde representou a Portugal nas Eurocopas de Austria/Suíza 2008 e Polonia/Ucraína 2012 e nos Mundiais de Suráfrica 2010 e Brasil 2014.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado no Porto, no verán de 2001 tras asinar co Boavista, é inmediatamente cedido ao Desportivo das Aves da Liga de Honra, segunda categoría do fútbol portugués. Debuta co primeiro equipo o 8 de agosto de 2001, nun partido amigábel contra o Gondomar, no que o seu equipo venceu por 3-0. Porén, na súa primeira campaña xoga tan só 16 partidos de liga. Na tempada 2002-03, o 25 de maio de 2003 marca o seu primeiro gol nun partido contra a União da Madeira. O tanto foi un tiro desde unha distancia de 30 metros fóra do alcance do gardameta da União. Na tempada 2003-04, volveu a Boavista despois dun período de préstamo de dous anos. Meireles fixo o seu debut na Primeira Liga o 17 de agosto de 2003 contra o SL Benfica, e foi elixido como o mellor xogador do partido polos diario Record. Nesa tempada, aínda que non puido anotar ningún gol, xoga 29 partidos de liga, o que demostra a súa importancia para o equipo.

O 7 de xullo de 2004, o FC Porto asina a Meireles cun contrato de cinco anos, que é presentado en rolda de prensa o 12 de xullo. Co dorsal 33 na camisola debuta o 22 de setembro contra a União de Leiria no Estádio do Dragão, saíndo desde o banco no minuto 59. O partido finalmente remataría con empate 1-1. O 18 de febreiro de 2005 xoga o seu primeiro partido no once inicial, nunha vitoria en liga no Estádio do Restelo dos Belenenses. Tan só cinco días despois, o 23 de febreiro, debuta na UEFA Champions League nun partido ante o Inter de Milán, xogando os 90 minutos. Durante esa tempada, xoga trece partidos de liga, dez dos cales saído desde o banco, non anotando goles.

Durante a tempada 2005-06, o 19 de febreiro, Meireles anota o seu primeiro gol co equipo en liga, tanto que daría unha vitoria en casa por 1-0 ante o Marítimo. Só tres partidos despois, o 10 de marzo, anota o seu segundo gol da tempada nun triunfo por 2-0 ante o Vitória de Setúbal. Nesa campaña, anota dous goles en 18 aparicións, que axudan ao seu equipo a gañar a Liga. Uns días máis tarde Meireles gaña o seu segundo título, a Copa de Portugal. Nas seguintes catro tempadas, Meireles convertese nun dos xogadores máis importantes do centro do campo do Porto. O seu primeiro gol na Liga de Campións sería durante a tempada 2006-07, concretamente o 21 de febreiro de 2007, nun encontro contra o Chelsea. A nivel de título gaña tres Ligas consecutivas en 2006-07, 2007-08 e 2008-09, ademais de dúas Copas en 2009 e 2010.

Liverpool

[editar | editar a fonte]
Meireles en Liverpool.

O 29 de agosto de 2010, Meireles foi traspasado ao Liverpool FC por unha suma de 13 millóns de euros. No equipo inglés escollería o dorsal número 4, até ese intre en posesión do internacional italiano Alberto Aquilani, que saía do club cedido se á Juventus. O club compraría ao xogador como un recambio inmediato para o arxentino Javier Mascherano, quen fichara polo FC Barcelona a comezos dese verán. Debuta na Premier League, entrando como suplente, o 12 de setembro de 2010 nun empate a 0-0 ante o Birmingham City. Tan só catro días máis tarde debuta na Europa League cunha vitoria por 4-1 ante o Steaua de Bucarest en Anfield. A súa primeira titularidade en liga foi na seguinte xornada, o 19 de setembro, nunha derrota por 3-2 ante o Manchester United en Old Trafford.

O 16 de xaneiro de 2011, Meireles anota o seu primeiro gol para o Liverpool no derbi ante Everton, nun empate 2-2 en Anfield que coincidía coa chegada de Kenny Dalglish como novo adestrador. O seu segundo gol chega tan só seis días máis tarde, grazas a unha volea co pé dereito contra o Wolverhampton Wanderers, nunha vitoria a domicilio por 3-0. O 2 de febreiro marca outro gol, o terceiro en catro partidos, nunha vitoria por 2-0 ante o Stoke City, e catro días máis tarde fai catro de cinco, ao anotar o gol da vitoria en Stamford Bridge contra o Chelsea. Meireles aumentaría a súa conta goleadora o 12 de febreiro ante o Wigan Athletic, chegando a conseguir finalmente cinco goles en seis partidos consecutivos da Premier League. Non conseguriría ese ano marcar máis goles, terminando a tempada con 5 en 33 partidos, acabando o seu equipo no sexto lugar na da clasificación con 58 puntos. A súa primeira tempada na liga inglesa foi moi exitosa, chegando a conseguir o trofeo ao Mellor xogador da Liga outorgado polos fans, superando a Fernando Torres, Samir Nasri, Dimitar Berbatov e David Luiz.

Meireles comeza a seguinte tempada entrando desde o banco no minuto 75 minutos ante o Sunderland. No seguinte partido, contra o Arsenal, no cal non figuraba de novo no once inicial, sae desde o banco no minuto 71 para axudar cun gol. Uns días máis tarde, o 31 de agosto de 2011, presenta unha solicitude de transferencia por escrito, nos últimos minutos do período de traspasos.

Chelsea e Fenerbahçe

[editar | editar a fonte]

Co Chelsea procurando no mercado coa necesidade dun centrocampista despois dunha lesión a longo prazo de Michael Essien, xunto a unha tentativa errada de adquirir a Luka Modrić do Tottenham Hotspur, propicia que Meireles asine un contrato co club londiniense de catro anos por unha cantidade por volta dos 12 millóns de libras. Uns días despois, Meireles afirmou que nunca quixo deixar o Liverpool, mais a oportunidade de traballar con André Villas-Boas, con quen pasara un curto período de tempo no FC Porto, era demasiado boa como para rexeitala.

Debutou cos "blues" o 10 de setembro de 2011 nun encontro contra o Sunderland que terminou con vitoria de 2-1 para o seu equipo. No mes seguinte, anotou o seu primeiro gol do Chelsea nun partido da fase de grupos da UEFA Champions League, nunha vitoria por 5-0 contra ante Racing Genk belga. O 12 de decembro, Meireles anotou o seu primeiro gol na Premier League co seu novo equipo na vitoria por 2-1 ante os líderes da liga nese momento: o Manchester City. Tres meses máis tarde, o 7 de marzo de 2012, anotou o seu terceiro gol da tempada, esta vez dun esforzo potente gama de longo na FA Cup na quinta rolda na vitoria de repetición sobre o Birmingham City. O 3 de setembro de 2012, confírmase o acordo entre o Chelsea e o Fenerbahçe turco para a venda de meireles por 8 millóns de libras.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]