Provespa
Provespa | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Provespa sp. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
|
Provespa é un xénero de insectos himenópteros da suborde dos apócritos, superfamilia dos vespoideos, familia dos véspidos, unha das comprendidas na subfamilia dos vespinos.
Dos catro xéneros que constitúen a subfamilia dos vespinos, Vespa, Provespa, Dolichovespula e Vespula, os dous primeiros contrastan notabelmente cos dous últimos porque mostran hábitos máis especializados e son principalmente habitantes da Rexión Indomalaia ou Oriental.[1]
O xénero Provespa comprende catro especies, unha delas extinta, coñecidas vulgarmente como avespas nocturnas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1903 polo entomólogo estadounidense William Harris Ashmead,[2] nun traballo publicado en Entomogical News, 14: 182.[3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Provespa está formado polos elemenros Pro- e -vespa. O primeiro está tirado da preposición latina pro, "diante de", e o segundo do xénero Vespa. Literalmente, "as avespas antecesoras das do xénero Vespa".
Especies
[editar | editar a fonte]O xénero comprende na actualidade as tres especies seguintes:[3]
- Provespa anomala (Saussure, 1854)
- Provespa barthelemyi (Buysson, 1905)
- Provespa nocturna Vecht, 1935
Ademais, está descrita unha especie extinta:[3]
- † Provespa nobilis Zhang et al., 1994
Características
[editar | editar a fonte]As especies de Provespula son os únicos membros nocturnos da subfamilia dos vespinos, e tamén os únicos vespinos onde se forman novas colonias por pululación (unha raíña á que acoden un gran número de obreiras, de modo semellante ao das abellas melíferas).[4]
Tenden a construír os niños a partir de material vexetal fibroso, o que os fai tomar unha cor marrón agrisada uniforme, polo que adoitan ser difíciles de localizar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Makoto Matsuura (1991): "Vespa and Provespa" en Kenneth G. Ross and Robert W. Matthews, eds. The Social Biology of Wasps. Ithaca, Nova York: Cornell University Press. ISBN 978-1-5017-1867-0.
- ↑ Madl, M (2021). "Notes on the genus Provespa Ashmead, 1903 (Insecta: Hymenoptera: Vespidae: Vespinae) based on the material of the Naturhistorisches Museum Wien (Austria)" (PDF). Annals Naturhistorisches Museum Wien 114: 27–35. Consultado o 11 de xullo de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Provespa Ashmead, 1903 no GBIF. Consultado o 11 de xullo de 2021.
- ↑ Matsuura, M. (1999): "Size and composition of swarming colonies in Provespa anomala (Hymenoptera, Vespidae), a nocturnal social wasp". Insectes Sociaux Volume 46, pp. 219-223.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Provespa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82.
- Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
- Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0.
- Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9.
- Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
- O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5.
- Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548.
- Sharkey, M. J.; Carpenter, J. M & Vilhelmsen, L. (2012): "Phylogenetic relationships among superfamilies of Hymenoptera". Cladistics 28 (1): 80–112.
- Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Martin. S. J. (1995): "Hornets of Malaysia". Malayan Nature Journal 1995, 49: 71-82.
- Provespa Ashmead, 1903Arquivado 31 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
- Genus ProvespaArquivado 30 de setembro de 2008 en Wayback Machine..