Saltar ao contido

Peugeot 207

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peugeot 207

Fabricante Peugeot
País Francia
Montaxe PSA Poissy, PSA Buenos Aires
PSA Madrid, Madrid Comunidade de Madrid
Período 20062014
Configuración
Tipo Turismo
Segmento Segmento B
Carrozaría Hatchback 3 e 5 portas
Sedán 4 portas
Familiar 5 portas
Coupe cabriolet 2 portas
Dimensións
Lonxitude 4045 mm
Anchura 1748 mm
Altura 1472 mm
Distancia eixes 2540 mm
Características técnicas
Motor Dianteiro transversal
Modelos relacionados
Antecesor Peugeot 206
Sucesor Peugeot 208


O Peugeot 207 é un automóbil do segmento B producido pola marca francesa Peugeot desde o ano 2006. Do mesmo xeito que o Peugeot 206, o seu predecesor, é un tracción dianteira con motor dianteiro transversal.

Este automóbil ofrécese con carrocerías hatchback de tres e cinco portas, familiar de cinco portas ("207 SW") e convertible de dúas portas con teito de metal ("207 CC"). O "207 RC" con carrocería hatchback e o "207 CC" están homologados para catro prazas, e o resto dos modelos para cinco prazas.

Motorizacións

[editar | editar a fonte]

O 207 ofreceuse en cinco motorizaciones gasolina e tres Diésel. Os gasolina 1.6 litros THP e RC posúen turbocompresor e inxección directa, mentres que os outros tres son atmosféricos e incorporan inxección indirecta. Os tres Diésel teñen turbocompresor e inxección directa con alimentación por common rail; soamente o 1.6 litros de 110CV posúe turbocompresor de xeometría variable, e o 1.4 litros carece de intercooler.

  • 1.4 8v, 75CV
  • 1.4 16v, 90CV
  • 1.6 16v VTi, 120CV
  • 1.6 16v THP, 150CV
  • 1.6 16v RC, 175CV
  • 1.4 HDI 8v, 70CV
  • 1.6 HDI 16v, 90CV
  • 1.6 HDI 16v, 110CV