Paseo do Prado
Tipo | paseo boulevard (pt) rúa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Retiro, España | ||||
| |||||
Conéctase con | Calle de Alcalá Plaza del Emperador Carlos V (en) calle de Atocha (pt) plaza de Cánovas del Castillo (pt) Cuesta de Moyano, Madrid (en) Calle de los Madrazo, Madrid (en) Calle de Zorrilla (pt) Plaza de la Lealtad (en) Calle de Montalbán, Madrid (en) Calle del Gobernador (en) | ||||
Características | |||||
Dimensións | 1,1 () km | ||||
Ben de interese cultural | |||||
Tipo | Monumentos do patrimonio histórico de España | ||||
Data | 4 de novembro de 1999 | ||||
Identificador | RI-51-0004725 | ||||
O paseo do Prado é o xardín histórico urbano máis antigo de Madrid, declarado Ben de interese cultural e un dos seus paseos máis importantes e coñecidos. Articúlase segundo un eixe norte-sur, dende a praza de Cibeles ata a praza do Emperador Carlos V, popularmente coñecida como glorieta de Atocha. Á metade do seu percorrido conflúe coa praza da Lealdade e coa praza de Cánovas del Castillo, onde se sitúa a fonte de Neptuno.
Xunto cos paseos da Castellana e Recoletos, que se estenden ao norte, conforma un dos principais eixes viarios da cidade, ao conectar a zona setentrional desta coa meridional.
No terreo cultural, o paseo do Prado alberga un dos principais focos museísticos de España. Nel sitúanse os museos do Prado e Thyssen-Bornemisza e nas súas inmediacións áchase o Centro de Arte Raíña Sofía, promovidos turisticamente baixo a denominación de Paseo ou Triángulo da Arte.
Neste paseo tamén se encontran diferentes monumentos e recintos de interese histórico-artístico, levantados no século XVIII dentro do proxecto urbanístico do Salón do Prado, ademais de numerosos motivos ornamentais e paisaxísticos. Destacan o Edificio Villanueva, sede principal do Museo do Prado, o Real Xardín Botánico e os conxuntos escultóricos das fontes de Neptuno, Cibeles e Apolo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Pintura de 1637, de Jusepe Leonardo
-
Salón do Prado
-
Edificio Villanueva do Museo do Prado
-
Xardín vertical do centro CaixaForum Madrid
-
Palacio de Comunicaciones
-
Edificio do Banco de España
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paseo do Prado |