Partido Pirata
Partido Pirata | |
---|---|
Tipo | movemento político |
Ideoloxía | democracia virtual, Libertario, liberdade de informação e Neutralidade da rede |
Data de fundación | 2006 |
Na rede | |
https://www.pp-international.net/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Partido Pirata é un partido político que comezou a súa andaina en Suecia que busca a reforma das leis de propiedade intelectual e industrial, como o copyright e as patentes. No 2012 Pirata.gal preséntase ás eleccións galegas, con candidaturas en Pontevedra e Ourense.
Características
[editar | editar a fonte]A súa plataforma política tamén apoia o reforzo do dereito de privacidad, tanto en Internet como na vida real. O partido non se posiciona sobre outros temas polo que resulta imposible situalo en termos de dereita ou esquerda. Fundado o 1 de xaneiro de 2006, o partido contaría a principios de xullo con 7.326 afiliados. Este rápido crecemento débese en parte ao protagonismo que tivo esta formación nas protestas contra a pechadura do servidor de intercambio P2P Pirate Bay por parte da policía sueca. Ante a perspectiva de que sectores do electorado novo apoiasen o Partido Pirata nas eleccións, algúns partidos tradicionais, como o Partido Verde, o Partido Moderado e o Partido de Esquerda víronse forzados a cambiar as súas posicións sobre o copyright.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Partido Pirata |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Partido Pirata Español (PIRATA)
- Rickard Falkvinge
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pirat partiet (en sueco)
- Declaración de Principios Declaración de Principios (PDF) (en castelán)
- Partido Pirata Español Arquivado 29 de marzo de 2022 en Wayback Machine. (en castelán)
Fontes
[editar | editar a fonte]http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120925/AnuncioC3C1-240912-0004_gl.html Candidatura de Piratas.Gal nas galegas 2012