O. J. Simpson
(1990) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Orenthal James Simpson 9 de xullo de 1947 San Francisco, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 10 de abril de 2024 (76 anos) Las Vegas, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | cancro de próstata | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Grupo étnico | Afroamericano | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Galileo Academy of Science and Technology (en) City College of San Francisco (en) Universidade do Sur de California | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 95 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Campo de traballo | Fútbol americano | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | actor, actor de cinema, xogador de fútbol americano, atleta, comentarista deportivo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1969 - 1979 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | Fútbol americano atletismo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Running back (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Nicole Brown Simpson (1985–1992), morte do cónxuxe | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Condenado por | roubo (2008) → (pena de prisión) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cronoloxía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
9 de novembro de 1994-3 de outubro de 1995 | Caso O.J. Simpson (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Obálky knih, | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Orenthal James "O. J." Simpson, nado en San Francisco o 9 de xullo de 1947 e finado nas Vegas (Nevada) o 10 de abril de 2024, foi un ex xogador de fútbol americano e actor estadounidense .
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Simpson era fillo de Eunice (de solteira Durden), auxiliar de enfermería nun hospital de San Francisco[1] e Jimmy Lee Simpson, cociñeiro na Reserva Federal de San Francisco [2]. Simpson ten un irmán, Melvin Leon "Truman" Simpson e unha irmá, Shirley Simpson-Baker, e outra irmá falecida, Carmelita Simpson-Durio. Durante a infancia contraeu raquitismo e tivo que levar aparellos ortopédicos nas pernas ata os cinco anos.[3] Os seus pais separánronse en 1952 e el cos seus irmáns quedou ao coidado da súa nai[4]. En San Francisco a familia viviu en vivendas sociais no barrio de Potrero Hill.[5][6]. Na adolescencia pertenceu a unha banda da rúa, os Persian Warriors, e durante un breve tempo estivo internado no San Francisco Youth Guidance Center.[3]. No instituto, o Galileo High School, xogou no equipo de fútbol americano, os Galileo Lions. De 1965 a 1966, Simpson estudou no City College of San Francisco, onde tamén xogou no equipo de fútbol americano, tanto en posición ofensiva (running back) como defensiva (defensive back) e entrou no Junior College All-American como running back.[7]
Anos no fútbol americano universitario
[editar | editar a fonte]Simpson recibiu unha bolsa de estudos deportiva para estudar na Universidade do Sur de California (USC), onde xogou cos Southern California Trojans como running back en 1967 e 1968. Simpson liderou a clasificación nacional en 1967 ao correr 1.543 iardas e anotar 13 touchdowns. Fixo o propio o ano seguinte con 383 carreiras para 1,880 iardas.[8]
En 1967 foi a estrela no partido que enfrontou ao seu equipo cos UCLA Bruins o 18 de novembro, e foi candidato ao Trofeo Heisman, aínda que finalmente non o recibiu. O seu touchdown de 64 iardas no cuarto período decidiu o xogo, ao facer gañar o seu equipo grazas a un punto extra. O encontro está considerado un dos máis grandes partidos na historia do fútbol americano[9] e outro dos touchdown de Simpson recreouno o pintor Arnold Friberg co título O.J. Simpson Breaks for Daylight. Simpson gañou o Walter Camp en 1967 foi elixido dúas veces para o equipo ideal de fútbol americano universitario[10]. Tamén participou no equipo de ateltismo da USC e correo no cuarteto de relevos 4 x 100 metros que bateu a mellor marca mundial en 4x110 iardas no campionato da NCAA celebrado en Provo (Utah) en xuño de 1967[11]
En 1968 correu 1.880 iardas e anotou 23 touchdowns, logrando os trofeos Heisman, Maxwell e o Walter Camp dese ano, manténdose aínda o récord para a meirande marxe de vitoria para o Heisman, ao superar ao seguinte por 1750 puntos. No Rose Bowl de 1969, onde a USC, como o 2º equipo universitario, se enfrontou co número un, o Ohio State, Simpson, no seu último partido como universitario, correu 171 iardas, incluíndo un touchdown de 80 iardas, aínda que o seu equipo perdeu 16–27[12].
Carreira profesional no fútbol americano
[editar | editar a fonte]Buffalo Bills
[editar | editar a fonte]Simpson entrou na liga profesional da AFL cos Buffalo Bills que tiñan a primeira elección no draft común da AFL e da NFL de 1969 logo de rematar os últimos na tempada regular de 1968, con 1 vitoria, 12 empates e 1 derrota. Simpson ao comezo da súa carreira profesional, con pobres resultados nos Buffalo Bills, facendo unha media de só 622 iardas por tempada nas tres primeiras.
Superou por primeira volta as 1000 iardas na tempada 1972, con 1251. En 1973 Simpson logrou o récord de 2003 iardas, converténdose no primeiro xogador en pasar a marca das 2000 iardas, e unha puntuación de 12 touchdowns. Nas seguintes tres tempadas volveu superar as 1000 iardas; de 1972 a 1976 realizou unha media de 1540 iardas por tempada, gañando o título da NFL ao xogador con máis iardas nas súas costas catro veces. Simpson realizou o mellor partido da súa carreira o 25 de novembro de 1976, o partido de acción de grazas contra os Detroit Lions, no que logrou un récord de 273 iardas nos seus 29 intentos de puntuar logrando dous touchdowns. Na tempada 1977 case non xogou por mor dunha lesión.
San Francisco 49ers
[editar | editar a fonte]Antes do comezo da tempada correspondente a 1978, os Bills trocárono para os San Francisco 49ers a cambio dunha serie de seleccións nos draft[13], e co seu novo equipo xogou dúas tempadas. A tempada 1978 foi un desastre para os 49ers, gañando só dous partidos, Simpson estivo á cabeza do equipo pero con menos de 600 iardas e a tempada seguinte, a última da súa carreira, nin sequera chegou ás 500.
Carreira cinematográfica e televisiva
[editar | editar a fonte]Antes da súa retirada do fútbol profesional, Simpson, comezou a actuar para o cine e a televisión, participando en series como Roots (1977) ou en filmes como The Klansman (1974), The Towering Inferno (1974), The Cassandra Crossing (1976), Capricornio I (1978). En 1979 fundou a súa propia compañía de distribución cinematográfica Orenthal Productions, que realizou telefilmes, entre eles dous protagonizados pola estrela infantil Melissa Michaelsen e Cocaine and Blue Eyes (1983), piloto dunha serie de detectives para a NBC que non chegou a concretarse. Na década de 1980 e 1990 Simpson actuou en comedias como Back to the Beach (1987) e a triloxía The Naked Gun (1988, 1991 e 1994). Na televisión Simpson foi tamén comentarista dos programas Monday Night Football e The NFL on NBC[14]. Tamén apareceu na segunda tempada de Saturday Night Live e nun episodio da terceira[15]
Procesos xudiciais
[editar | editar a fonte]O 12 de xuño de 1994, á súa ex-dona Nicole Brown, divorciada de Simpson en 1992 por violencia doméstica, e o seu amigo Ronald Goldman apareceron asasinados nos Ánxeles. Os indicios que se atoparon no lugar do crime implicaban a Simpson como o presunto autor do asasinato. Aínda que unha posible condena podería supor a pena de morte, a policía interrogouno na comisaría e deixándoo en liberdade despois de prestar declaración. Posteriormente, os avogados de Simpson lograron que a policía dos Ánxeles aceptase que fose o propio Simpson quen se entregase á policía, establecéndose a hora da detención ás 11:00. do 17 de xuño[16]. Máis de 1000 xornalistas agardaban a súa chegada á comisaría de policía pero finalmente non se presentou á hora establecida. Ás 14:00 a policía emitiu un boletín de busca e captura e ás 5 p.m. Robert Kardashian, amigo e un dos avogados de Simpson, leu diante a prensa, unha carta de Simpson que moitos interpretaron como unha nota de suicidio [17] de Simpson, e mesmo o fiscal pediulle a Simpson que se entregase[18]. Ás 18:45 un oficial de policía viu a Simpson no seu vehículo, un Ford Bronco branco de 1993, na autoestrada 405 en dirección ao norte. Ao se achegar ao vehículo para lle pedir que parase o vehículo, o condutor, Al Cowlings, berroulle que unha pistola apuntaba á súa cabeza[18]. O policía deixou que o vehículo continuase o seu camiño sen deixar de perseguilo, solicitando reforzos chegando a participar na persecución ata vinte vehículos[19], as principais canles de televisión suspenderon a súa emisión regular para emitir en directo a persecución captada desde helicópteros. Finalmente Simpson rendeuse e as autoridades detivérono. O xuízo celebrouse en 1995, rematando o 3 de outubro cun veredicto de non culpabilidade que se estima que seguiron en directo pola radio ou a televisión cen millóns de persoas[20]. Non obstante, no proceso civil que se realizou en 1997 en Santa Monica o xurado declarouno o 5 de febreiro responsable da morte de Robert Goldman, condenándoo a pagar máis de 33 millóns de dólares por danos e intereses.
O 14 de setembro de 2007 a policía arrestouno por un roubo de pezas de coleccións deportivas nun casino das Vegas. Simpson recoñeceu levar os obxectos alegando que llos roubaran a el pero negou forzar o cuarto e levar armas. O 4 de outubro de 2008 un xurado declarouno culpable de roubo e secuestro. O 6 de decembro leuse a súa sentenza na que o condenaron a un mínimo de 9 anos e un máximo de 30 anos de prisión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Obituario de Eunice Simpson no New York Times, 12 de novembro de 2001
- ↑ Obituario en Jet, 30 de xuño de 1986
- ↑ 3,0 3,1 "A timeline of O.J. Simpson's life." CNN.
- ↑ Aubrey, Bruce (12 de maio de 2013). newpittsburghcourieronline.com, ed. "Inside Conditions...only a mother could love". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2013. Consultado o 15 de maio de 2013.
- ↑ "San Francisco: Potrero Hill". San Francisco Chronicle. 27 de outubro de 2011.
- ↑ CNN, ed. (24 de xuño de 1995). "O.J. Simpson Profile: Childhood". Consultado o 2 de xuño de 2012.
- ↑ Blevins, David (2011). Rowman & Littlefield, ed. The Sports Hall of Fame Encyclopedia: Baseball, Basketball, Football, Hockey, Soccer. p. 895. ISBN 0810861305. Consultado o 15 de maio de 2013.
- ↑ Sports Reference (ed.). "O.J. Simpson". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2016. Consultado o 10 de maio de 2014.
- ↑ Peters, Nick. (1988) "College Football's Twenty-Five Greatest Teams." The Sporting News. Number 9 Southern California Trojans 1967. ISBN 0-89204-281-8.
- ↑ University of Southern California Football Media Guide." Arquivado 14 de agosto de 2009 en Wayback Machine. PDF. Page 125 of the 2006 Edition. USC's ALL-AMERICANS. (Consensus All-American in 1967, Unanimous All-American in 1968).
- ↑ International Olympic Committee, ed. (18 de xaneiro 2002). "Athletics: World Record progression: Men: 4 × 100 m Relay" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xuño de 2003. Consultado o 11 de setembro de 2007.
- ↑ Jenkins, Dan. "Defense And Rex Make A King." Sports Illustrated, 13 de xaneiro de 1969.
- ↑ "O.J. Simpson: Career Capsule". Pro Football Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2013. Consultado o 28 de novembro de 2011.
- ↑ ESPN, ed. (15 de xaneiro de 2003). "History of ABC's Monday Night Football". Consultado o 15 de marzo de 2008.
- ↑ "OJ Simpson/Ashford & Simpson". Saturday Night Live. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2008. Consultado o 29 de xuño de 2014.
- ↑ Bailey, F. Lee and Jean Rabe. When the Husband is the Suspect. Nova York: Forge, 2008.
- ↑ CNN (ed.). "O.J.'s Suicide Note". Consultado o 16 de xuño de 2008.
- ↑ 18,0 18,1 "June 17th, 1994". 30 for 30. ESPN.
- ↑ "O.J. Simpson's Bizarre Saga In Ex-Wife's Murder Ends In Not Guilty Plea". Jet, 4 de xullo de 1994. p. 4
- ↑ Dershowitz, Alan M. (2004). Warner Books, ed. America on trial: inside the legal battles that transformed our nation. p. 514. ISBN 0-446-52058-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O. J. Simpson |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O. J. Simpson en Pro Football Hall of Fame Arquivado 01 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- O. J. Simpson na IMDb (en inglés).