Noureddine Morceli
Nome orixinal | (ar) نور الدين مرسلي |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de febreiro de 1970 (54 anos) Ténès (pt) |
Ministro | |
Datos persoais | |
Educación | Riverside City College (en) |
Altura | 172 cm |
Peso | 62 kg |
Actividade | |
Ocupación | atleta, mediofondista |
Nacionalidade deportiva | Alxeria |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | corrida de meia-distância (pt) |
Participou en | |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 |
1992 | Xogos Olímpicos de 1992 |
Premios | |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Atletismo | |||
Xogos Olímpicos | |||
Atlanta 1996 | 1.500 m | ||
Campionato do Mundo de Atletismo | |||
Toquio 1991 | 1.500 m | ||
Stuttgart 1993 | 1.500 m | ||
Gotemburgo 1995 | 1.500 m | ||
Campionato do Mundo en Pista Cuberta | |||
Sevilla 1991 | 1.500 m | ||
Xogos do Mediterráneo | |||
Languedoc-Rosellón 1993 | 1.500 m |
Noureddine Morceli, nado o 28 de febreiro de 1970 en Tenes (Chlef), é un mediofondista alxerino que foi campión olímpico dos 1500 metros en Atlanta 96, e plusmarquista mundial en varias especialidades.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un dos atletas máis destacados na proba dos 1.500 metros lisos na década dos noventa. Tres veces campión do mundo na distancia (Toquio 1991, Stuttgart 1993 e Gotemburgo 1995). Tamén foi campión olímpico nos xogos de 1996.
Morceli bateu o récord do mundo da gran maioría de probas do medio fondo durante a súa carreira:
- En 1991, récord do mundo en pista cuberta nos 1.500 m en Sevilla, cun tempo de 3:34.16.
- En 1992, récord do mundo de 1.500 m en Rieti (Lacio), cun tempo de 3:28.86.
- En 1993, récord do mundo na milla en Rieti, cun tempo de 3:44.39.
- En 1994, récord do mundo de 3.000 m en Mónaco, cun tempo de 7:25.11.
- En 1995, récord do mundo nos 2.000 m en París, cun tempo de 4:47.88.
- En 1995, récord do mundo de 1.500 m en Niza, cun tempo de 3:27.37.
A aparición na escena do marroquí Hicham El Guerrouj foi eclipsando o papel de Morceli nos últimos anos da década. No campionato do Mundo de Atenas 1997 foi cuarto. A súa última aparición internacional foi nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000.