Saltar ao contido

Mustang (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mustang
Ficha técnica
Título orixinalMustang
DirectorDeniz Gamze Ergüven
ProdutorCharles Gillibert
Guión
IntérpretesGüneş Şensoy
Doğa Doğuşlu
Elit İşcan
MúsicaWarren Ellis
Fotografía
  • David Chizallet
  • Ersin Gok
MontaxeMathilde Van de Moortel
DistribuidoraAd Vitam[1]
EstreaCannes: 19 de maio de 2015
Francia 17 de xuño de 2015[2]
Duración97 minutos[3]
Orixe Francia
Turquía Turquía
Alemaña Alemaña
Orzamento$1 300 000[4]
Recadación$4 900 000[5]
Na rede
IMDB: tt3966404 Filmaffinity: 394374 Allocine: 228825 Rottentomatoes: m/mustang_2015 Mojo: mustang Allmovie: v640703 Metacritic: movie/mustang TV.com: movies/mustang
Facebook: MustangFilmUS Netlix: 80058482 Editar o valor en Wikidata

Mustang é un filme dramático de 2015 dirixido pola turco-francesa Deniz Gamze Ergüven. A historia do filme está ambientada nunha vila turca remota e conta a vida de cinco rapazas orfas e os retos ós que se enfrontan como mulleres novas nunha sociedade fortemente conservadora.[6][7] O evento da praia que desencadea a reacción da familia contra as cinco irmás ó comezo do filme baséase na vida persoal de Ergüven.[8]

Foi estreado na sección Quincena dos Realizadores do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2015[9][10] onde gañou o Premio de Cinema Europeo.[11] Mustang é o primeiro filme de Deniz Gamze Ergüven.[12] Ela explicou que a súa motivación para facelo era desvelar as dificultades das mulleres de Turquía.[13] O filme tamén gañou o Lux Prize. Foi escollido para a súa presentación especial no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2015.[14] O filme gañou o premio da Asociación de Directores Polacos no festival Ale Kino!.[15] Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios.[16] Tamén foi nomeado ós Globos de Ouro na categoría de mellor filme en lingua non inglesa.[17] Recibiu nove nomeamentos nos Premios César, e gañou catro, nas categorías de mellor filme, mellor guión orixinal, mellor edición e mellor banda sonora orixinal.[18] Mustang recibiu a aclamación da crítica.

Durante a produción do filme, Deniz Gamze Ergüven estaba embarazada e case non puido continuar coa produción logo de que un produtor se retirase no derradeiro minuto. O produtor alegou preocupacións polo embarazo de Ergüven e se ela podería manterse ó día coas esixencias de rodaxe.[19]

O filme comeza con Lale, a máis pequena das cinco irmás e a protagonista, despedindo na escola a súa profesora, que se está a mudar a Istambul. As irmás deciden ir á casa en vez de coller unha furgoneta, para gozar do día asollado. No camiño, xogan na auga na praia cos compañeiros. Por un xogo, sentan sobre os ombreiros dos rapaces. Cando chegan á casa, a súa avoa repréndelles e pégalles por ter este tipo de contacto corporal cos nenos e así "darse pracer" con eles. O seu tío Erol está igualmente furioso. A partir de entón prohibe ás nenas saír da casa, mesmo para ir á escola.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Güneş Şensoy como Lale
  • Doğa Doğuşlu como Nur
  • Elit İşcan como Ece
  • Tuğba Sunguroğlu como Selma
  • İlayda Akdoğan como Sonay
  • Nihal Koldaş como avoa
  • Ayberk Pekcan como Erol
  • Erol Afşin como Osman[20]
  1. Tartaglione, Nancy. "Directors’ Fortnight Winners: ‘My Golden Days’, ‘Mustang’, ‘Serpent’ – Cannes". Deadline. Consultado o 7 de agosto de 2015. 
  2. "Cannes participants Valley of Love and Mustang land in theatres". Cineuropa. Consultado o 7 de agosto de 2015. 
  3. British Board of Film Classification, ed. (9 de febreiro de 2016). "Mustang (15)". Consultado o 9 de febreiro de 2016. 
  4. JP's Box-Office (ed.). "Mustang". 
  5. The Numbers (ed.). "Mustang". 
  6. Hoffman, Jordan. "Mustang review: The Virgin Suicides in Anatolia is a sweet, sad Turkish delight". The Guardian. Consultado o 7 de agosto de 2015. 
  7. Hoffman, Jordan (19 de maio de 2015). The Guardian, ed. "Mustang review: The Virgin Suicides in Anatolia is a sweet, sad Turkish delight" (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  8. "Interview with 'Mustang' director Deniz Gamze Ergüven". Canım Istanbul (en inglés). 
  9. Quinzaine des Réalisateurs (ed.). "The Directors' Fortnight 2015 selection!". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2015. Consultado o 21 de abril de 2015. 
  10. Justin Chang (21 de abril de 2015). Variety, ed. "Cannes: Directors’ Fortnight Unveils 2015 Lineup". Consultado o 21 de abril de 2015. 
  11. Rebecca Ford (22 de maio de 2015). Hollywood Reporter, ed. "Cannes: 'Embrace of the Serpent' Tops Directors' Fortnight Awards". Consultado o 22 de maio de 2015. 
  12. T24 (ed.). "Mustang: Beş kız kardeşin özgürlük koşusu". Consultado o 5 de xullo de 2015. 
  13. "FLOWERING FEMALE SEXUALITY IN TURKEY EXPLORED IN 'MUSTANG'". Euronews. Consultado o 7 de xuño de 2017. 
  14. Variety (ed.). "Sandra Bullock’s ‘Our Brand Is Crisis,’ Robert Redford’s ‘Truth’ to Premiere at Toronto". Consultado o 18 de agosto de 2015. 
  15. Ale Kino! International Young Audience Film Festival (ed.). "2015 Winners". alekino.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2016. Consultado o 18 de agosto de 2016. 
  16. Ford, Rebecca (14 de xaneiro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscar Nominations: The Complete List". Consultado o 14 de xaneiro de 2016. 
  17. Merry, Stephanie; Yahr, Emily. "Golden Globes nominations 2016: Complete list and analysis; Schumer, Stallone nominated; ‘Carol’ leads with five". Consultado o 10 de decembro de 2015. 
  18. Variety (ed.). "Cesar Awards: Philippe Faucon’s Drama ‘Fatima’ Wins Best Film". Consultado o 27 de febreiro de 2015. 
  19. "With ‘Mustang,’ a Director Breaks Free of Cultural Confines". The New York Times. 22 de novembro de 2015. 
  20. EYES IN Magazine, ed. (26 de maio de 2015). "Controversial Film Mustang Wins Big at Cannes". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2016. Consultado o 8 de xuño de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]