Mundilfari (lúa)
Aparencia
Mundilfari ou Saturno XXV, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Brett J. Gladman, e o seu equipo no ano 2000, e recibiu a designación temporal de S/2000 S 9.
Mundilfari ten uns 5,6 kms de diámetro e orbita Saturno a unha distancia media de 18,36 millóns de kms en 928,806 días, cunha inclinación orbital de 170° respecto da eclíptica (150° respecto do ecuador de Saturno), de movemento retrógrado e cunha excentricidade de 0,198. Mundilfari podería estar formado a partir dos cascallos expulsados dos grandes impactos recibidos pola lúa Febe.
Recibiu o seu nome oficial en agosto do 2003 a partir da mitoloxía nórdica, onde Mundilfari era o pai da deusa Sól e do deus Mani.
Notas
[editar | editar a fonte]- IAUC 7538: S/2000 S 7, S/2000 S 8, S/2000 S 9 7 de decembro do 2000 (descubrimento)
- MPEC 2000-Y15: S/2000 S 1, S/2000 S 2, S/2000 S 7, S/2000 S 8, S/2000 S 9 19 de decembro do 2000 (descubrimento e efemérides)
- IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus 8 de agosto do 2003 (bautizando a lúa)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]