Saltar ao contido

Moedas de euro de San Marino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As moedas de euro de San Marino son todas de deseños diferentes nos seus anversos. San Marino non forma parte da UE pero ten unha relación con Italia de unión monetaria polo que emprega o euro como moeda oficial e as súas emisións son limitadas. As moedas están deseñadas por František Chochola e simbolizan a historia e monumentos da pequena república, levan a letra “R” por estar cuñadas en Roma (Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato). As moedas tamén levan as iniciais do gravador: “Ch” pola inicial do deseñador (František Chochola) e “ELF” polo gravador (Ettore Lorenzo Frapiccini).

Cara das moedas de San Marino da primeira serie

[editar | editar a fonte]
Moedas de euro de San Marino Caras nacionais
0,01 € 0,02 € 0,05 €
Terceira Torre (Torre Montale)
Estatua da Liberdade do escultor Stefano Galletti
Primera Torre (Torre Guaita)
0,10 € 0,20 € 0,50 €
Basílica de San Marino
Pintura de San Mariño diácono por Guercino
Tres torres de San Marino: Guaita, De La Fratta e Montale
1,00 € 2,00 € 2 € (canto)
Escudo de San Marino
Pazo de Goberno

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]