Microsporum
Microsporum | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Microsporum canis | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Especie tipo | |||||||||||
Microsporum audouinii Gruby (1843) | |||||||||||
Sinonimia[1] | |||||||||||
|
Microsporum é un xénero de fungos ascomicetos que causa dermatomicoses (infeccións fúnxicas) na pel en animais e humanos como a tiña da cabeza, tiña do corpo, dermatofitose e outras.[2]
Microsporum forma tanto macroconidios (grandes estruturas reprodutoras asexuais) coma microconidios (estruturas reprodutoras tamén asexuais pero máis pequenas) en curtos conidióforos. Os macroconidios son hialinos, multiseptados, de formas variables, de fusiformes a obovados, cun tamaño de 7–20 × 30–160 um, con paredes celulares delgadas ou grosas de equinuladas a verrugosas. A súa forma, tamaño e características da parede celular son importantes para a identificación das especies. Os microconidios son hialinos, unicelulares, de piriformes a clavados, de paredes lisas, cun tamaño de 2,5–3,5 × 4–7 um e non serven de diagnóstico para ningunha especie.[3]
A separación deste xénero de Trichophyton está baseada esencialmente na rugosidade da parede celular macroconidial, aínda que na práctca isto pode ser difícil de apreciar. Describíronse 17 especies de Microsporum.[4] Non obstante, en 2017 propúxose restrinxir o xénero só as especies M. audouinii, M. canis e M. ferugineus, e pasar as demais especies aos xéneros Lophophyton, Nannizzia e Paraphyton (de Hoog et al. 2017).[5]
Microsporum audouinii é parasito e causa micoses só en humanos. Microsporus canis e M. gallinae causan micoses en animais, pero desde eles poden infectar a humanos. Hai especies que viven no solo como saprófitos, nutríndose da queratina que encontran ali (pelos, plumas, escamas), e que poden infectar directamente a animais e humanos, como M. gypseum, M. fulvum, M. nanum e M. cookei.[6]
As propiedades queratinolíticas que posúe a especie Microsporum cookei suxiren que este fungo podería utilizarse para reciclar grandes cantidades de residuos queratínicos industriais.[7]
Especies
[editar | editar a fonte]- Microsporum amazonicum
- Microsporum audouinii
- Microsporum boullardii
- Microsporum canis
- Microsporum canis var. distortum
- Microsporum cookei
- Microsporum distortum
- Microsporum duboisii
- Microsporum equinum
- Microsporum ferrugineum
- Microsporum fulvum
- Microsporum gallinae
- Microsporum gypseum
- Microsporum langeronii
- Microsporum nanum
- Microsporum persicolor
- Microsporum praecox
- Microsporum ripariae
- Microsporum rivalieri
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Synonymy: Microsporum Gruby, C. r. hebd. Séanc. Acad. Sci., París 17: 302 (1843)". Species Fungorum. Consultado o 6 de xullo de 2021.
- ↑ INSST Microsporus spp.
- ↑ Microbe notes -Microsporum ospp. An overview Ver Morphological Characteristics of Microsporum spp.
- ↑ Doctor Fungus Microsporum species
- ↑ Mycology The University of Adelaide Microsporum
- ↑ Ana Lloret Caballería, Consuelo Segarra Martínez e Montserrat Bosque Vall. Unidade de Microbioloxía do Hospital Arnau de Vilanova, Valencia. Microsporum canis: características y diagnóstico
- ↑ Moallaei, H.; Zaini, F.; Rezaei, S.; Bouchara, J.-P.; Larcher, G. (decembro de 2011). "Purification and characterization of a 33 kDa extracellular proteinase from Microsporum cookei". Journal de Mycologie Médicale (en inglés) 21 (4): 241–247. doi:10.1016/j.mycmed.2011.09.004.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Candidiasis.web ¿Qué es? - Microsporum</ref>
- Mycology Unit at the Adelaide Women's and Children's Hospital
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |