Michael Gambon
Sir Michael John Gambon, OBE, nado en Dublín, Irlanda, o 19 de outubro de 1940 e finado en Witham o 27 de setembro de 2023, foi un actor británico de orixe irlandesa[1] que traballou no teatro, televisión e no cine. É un actor moi respectado e prolífico no teatro, pero é recoñecido internacionalmente polo seu papel como Philip Marlow da serie de televisión da BBC, The Singing Detective e por encarnar a Albus Dumbledore nos filmes de Harry Potter, en substitución do xa falecido actor Richard Harris.
Gañador de catro premios BAFTA e tres premios Laurence Olivier e nomeado tamén ós Globos de Ouro, ós Emmy e ós Premios Tony. A súa carreira abrangue case 5 décadas e inclúe unha gran variedade de papeis de teatro, televisión e cine.
En 1998, a raíña Sabela II nomeouno coa Orde do Imperio Británico. En 2020, apareceu no posto 28 da lista de mellores actores irlandeses segundo The Irish Times.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gambon naceu o 19 de outubro de 1940[3] en Cabra, un suburbio ó norte de Dublín, durante a segunda guerra mundial.[4] O seu pai, Edward Gambon, un enxeñeiro,[5] decidiu procurar traballo na reconstrución de Londres, e así Gambon e a súa nai, Mary Gambon (Hoare de solteira), unha costureira, trasladáronse a Mornington Crescent, ó norte de Londres, cando Gambon tiña só 5 anos.
Adquiriu a Cidadanía Británica por orde do seu pai e recibiu unha estrita educación católica.[6] Anos máis tarde asistiu a unha escola de Kent, antes de deixar os estudos ós 15 anos.[7] Gañou unha bolsa con Vickers Armstrong para ser enxeñeiro e así seguir as pegadas do seu pai. O tempo dedicado foi até os dezasete anos, mais logrou ser un enxeñeiro plenamente cualificado, aínda que só mantivo o posto de traballo dous anos, xa que se sentía atraído pola interpretación.
Comezos
[editar | editar a fonte]Á idade de dezanove anos graduouse na Royal Academy of Dramatic Art (RADA), en Londres e máis tarde incorporouse á compañía de teatro de Kings Cross. Cinco anos máis tarde, escribiu unha carta a Michael MacLiammoir, o empresario irlandés do Gate Theatre, en Dublín, para facer alí as súas primeiras representacións.
Fixo o seu debut profesional en 1962, con Otelo (a súa obra predilecta), comezando despois unha xira por Europa. Un ano máis tarde, fixo o seu primeiro papel protagonista en Ricardo III. Sir Laurence Olivier, tras asistir á representación de Ricardo III, ofreceulle a oportunidade de ser un dos oito membros fundadores do novo Royal National Theatre, en Londres, coñecido entón como Olivier Theatre.
Gambon foi contratado para tomar parte en diversas producións. A máis coñecida e premiada foi Hamlet, dirixida por Olivier e protagonizada por Peter O´Toole. Permaneceu durante catro anos como secundario e protagonista en moitas producións de teatro, algunhas delas coa colaboración de grandes directores como William Gakill e John Dexter. Durante eses anos fixo numerosos papeis en obras do director Alan Ayckbourn.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Está considerado como un dos mellores actores do teatro británico aínda que tamén é un prolífico actor de cine e televisión. A causa do falecemento de Richard Harris no 2002, Michael Gambon foi convocado para encarnar ó mago Albus Dumbledore a pesar de que recoñeceu que non lera ningún dos libros da saga e que só tiña en conta os guións para a súa interpretación, xa que: "Non quería ser como eses actores que se queixan porque as súas escenas son máis curtas que na historia orixinal":
Gambon tamén compuxo ó director de Hogwarts cun leve acento irlandés que tanto el como o realizador consideran un tributo ó seu antecesor, que era orixinario de Irlanda.
Obra
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]- Otelo 1962
- Hamlet 1963
- Saint Joan 1963
- The Recruiting Officer 1963
- Filoctetes 1964
- Otelo 1964
- The Royal Hunt of the Sun (Diego) 1964
- The Crucible (Herrick) 1965
- Mother Courage and Her Children (Eilif) 1965
- Love for Love (Snap) 1965
- Juno and the Paycock (Jerry Devine) 1966
- The Storm 1966
- Events While Guarding the Bofors Gun por John McGrath (Flynn) 1967
- A Severed Head (Palmer Anderson) 1967
- The Doctor's Dilemma (Patric Cullen) 1967
- Saint Joan (Cauchon) 1967
- Peer Gynt 1968
- Otelo 1968
- Macbeth 1968
- In Celebration (Andrew) 1969
- Coriolanus 1969
- The Plebeians Rehearse the Uprising (Wiebe) 1970
- Major Barbara (Charles Lomax) 1970
- Henry VIII (Surrey) 1971
- When Thou Art King (Hotspur) 1971
- The Brass Hat (Guy Holden) 1972
- Not Drowning But Waving 1973
- The Norman Conquests (Tom) 1974
- The Norman Conquests (Tom) 1975
- The Zoo Story (Gerry) 1975
- Otherwise Engaged (Simon) 1976
- Just Between Ourselves (Neil) 1977
- Alice's Boys (Bertie) 1978
- Betrayal (Jerry) 1978
- Close of Play (Henry) 1979
- Richard III 1980
- Otelo (Roderigo) 1980
- Sisterly Feelings (Patrick) 1980
- The Life of Galileo 1980
- King Lear 1982, 1983
- Antony and Cleopatra (Antony) 1982, 1983
- Tales from Hollywood 1983
- Old Times (Deeley) 1985
- A Chorus of Disapproval 1985
- Tons of Money (Sprules) 1986
- A View from the Bridge (Eddie Carbone) 1987
- A Small Family Business (Jack McCracken) 1987
- Mountain Language (Sarxento) 1988
- Uncle Vanya 1988
- Veterans' Day (Walter Kercelik) 1989
- Man of the Moment (Douglas Beechey) 1990
- Otelo 1991
- Taking Steps 1981
- Volpone 1995
- Skylight (Sarxento Tom) 1995
- Skylight (Sarxento Tom) 1996
- Tom and Clem (Tom Driberg) 1997
- The Unexpected Man 1998
- Cressida 2000
- The Caretaker (Davies) 2001
- A Number (The Father) 2002
- Endgame (Hamm) 2004
- Henry IV, Parte 1 and Henry IV, Parte 2 2005
- Celebration (Lambert) 2005
- Eh Joe (Joe) 2006
- No Man's Land (Hirst) 2008/09
- Krapp's Last Tape (Krapp) 2010
- All That Fall (Dan Rooney) 2012-2013
- Eh Joe (Joe) 2013-2014
- Pinter One (O garda, voz) 2018
Cinema
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1967 | Much Ado About Nothing | Watchman No. 4 | Telefilme, BBC |
Softly, Softly | Pete Lucas | Episodio: Appointment in Wyvern | |
1967–1978 | Play of the Month | Varios personaxes | 5 episodios |
1968 | Public Eye | Descoñecido | Episodio: "Have Mud, Will Throw" |
1969 | Fraud Squad | Rex Lucien | Episodio: "Last Exit to Leichstenstein" |
1968–1970 | The Borderers | Gavin Ker | 26 episodios |
1970 | Confession | Mr. Tennent | Episodio: "People Who Visit Glass Houses" |
1971 | Eyeless in Gaza | Mark Staithes | 5 episodios |
1972 | The Challengers | John Killane | 5 episodios |
The Man Outside | Ralph Kenward | Episodio: "Cuculus Canorus" | |
Softly, Softly: Task Force | Cranley | Episodio: "Welcome to the Club" | |
Kate | Edward | Episodio: "A Fact of Life" | |
1973 | Menace | Ellis | Episodio: "Judas Goat" |
A Picture of Katherine Mansfield | Harry | Episodio "#1.5" | |
Special Branch | Muller | Episodio: "Hostage" | |
Arthur of the Britons | Roland | Episodio: "The Prisoner" | |
Six Days of Justice | Mr. Golding | Episodio: "Stranger in Paradise" | |
ITV Saturday Night Theatre | Irmán Kevin | Episodio: "Catholics" | |
Orson Welles Great Mysteries | Rolfe | Episodio: "An Affair of Honour" | |
1974 | Zodiac | Reuben Keiser | Episodio: "The Cool Aquarian" |
Masquerade | Stewart | Episodio: "May We Come In?" | |
1975 | The Secret Agent | Tom Ossipon | Telefilme, BBC |
1976 | Centre Play | Edith Harrison | Episodio: "In the Labyrinth" |
1972–1976 | Play for Today | Varios personaxes | 3 episodios |
1977 | ITV Sunday Night Drama | Varios personaxes | 2 episodios |
1978 | Premiere | Kenny | Episodio: "One of These Nights I'm Gonna Get an Early Day" |
1977–1979 | The Other One | Brian Bryant | 13 episodios |
1979 | Chalk and Cheese | Descoñecido | Descoñecidos |
1980 | Tales of the Unexpected | Andrew | Episodio: "The Umbrella Man" |
1982 | ITV Playhouse | Descoñecido | Episodio: "The Breadwinner" |
La ronde | Descoñecido | Telefilme, BBC | |
1985 | Absurd Person Singular | Geoffrey Jackson | Telefilme, BBC |
Oscar | Oscar Wilde | Miniserie de televisión | |
Tropical Moon Over Dorking | Bill | Telefilme, BBC | |
1986 | The Singing Detective | Philip Marlowe | 6 episodios |
1987 | Bergerac | Jarvis McLeod | Episodio: "Winner Takes All" |
Theatre Night | Pastor Manders | Episodio: Ghosts | |
1988 | Mountain Language | Sarxento | Telefilme, BBC |
1989 | The Heat of the Day | Harrison | Telefilme |
The Jim Henson Hour | Ultragorgon (voz) | Episodio: Monster Maker | |
About Face | Trevor | Episodio: "Searching for Señor Duende" | |
1990 | Blood Royal: William the Conqueror | Guillerme I de Inglaterra | Telefilme |
1991 | The Storyteller: Greek Myths | O contacontos | 4 episodios |
Minder | Tommy Hanbury | Episodio: "Guess Who's Coming to Pinner?" | |
1992–1993 | Maigret | Comisario Maigret | 12 episodios |
1993 | Performance | Archie Rice | Episodio: "The Entertainer" |
1994 | Faith | Peter John Moreton | Miniserie de televisión |
1995 | The Wind in the Willows | Badger (voz) | Telefilme |
1996 | Expert Witness | Presentador / Narrador | |
Sansón e Dalila | Rei Hanun | Miniserie de televisión | |
1999 | Wives and Daughters | Squire Hamley | Miniserie de televisión, BBC |
2000 | Longitude | John Harrison | Telefilme, A&E |
Endgame | Hamm | Telefilme, BBC | |
2001 | Perfect Strangers | Raymond | Miniserie de televisión, BBC |
2002 | Path to War | Lyndon B. Johnson | Telefilme, HBO |
Top Gear | Convidado | Serie 1: episodio 8 | |
2003 | The Lost Prince | Eduardo VII do Reino Unido | Telefilme, BBC |
Angels in America | Prior Walter Ancestor | Miniserie de televisión, HBO | |
2006 | Top Gear | Convidado | Serie 8: episodio 5 |
Celebration | Lambert | Telefilme | |
2007 | Joe's Palace | Elliot Graham | Telefilme, BBC |
Cranford | Mr. Holbrook | 2 episodios | |
2009 | Kröd Mändoon and the Flaming Sword of Fire | Narrador | Episodio: "Wench Trouble" |
Emma | Mr. Woodhouse | Miniserie de televisión | |
2010 | Doutor Who | Kazran / Elliot Sardick | Especial de Nadal: "A Christmas Carol"[10] |
2011 | Comic Relief: Uptown Downstairs Abbey | Narrador | Sen creditar |
Page Eight | Benedict Baron | Telefilme, PBS | |
2012 | Luck | Michael "Mike" Smythe | Miniserie, HBO |
Restless | Baron Mansfield | Miniserie, PBS | |
2013 | National Theatre Live: 50 Years On Stage | El mesmo | Especial ao vivo; PBS |
Lucan | John Burke (vello) | Miniserie, ITV | |
2014 | Quirke | Xuíz Garret Griffin | 3 episodios |
Common | Xuíz | Telefilme, BBC | |
On Angel Wings | Avó (voz) | Curtametraxe | |
2015 | The Casual Vacancy | Howard Mollison | Miniserie, HBO[11] |
2016 | Churchill's Secret | Winston Churchill | Telefilme, PBS |
The Hollow Crown: Henry VI, Part I | Mortimer | Miniserie, BBC | |
2017 | Fearless | Sir Alastair McKinnon | Miniserie, ITV |
Little Women | Mr. Laurence | Miniserie de televisión, PBS | |
2015–2019 | Fortitude | Henry Tyson | 10 episodios |
Videoxogos
[editar | editar a fonte]Data | Título | Personaxe (voz) |
---|---|---|
2003 | Ghosthunter | Lord William Hawksmoor |
2014 | The Elder Scrolls Online | O profeta / Varen Aquilarios[12] |
2015 | The Elder Scrolls Online: Orsinium | Varen Aquilarios |
2017 | The Elder Scrolls Online: Morrowind | O profeta |
2018 | Harry Potter: Hogwarts Mystery | Profesor Albus Dumbledore |
2018 | The Elder Scrolls Online: Summerset | O profeta |
2019 | The Elder Scrolls Online: Elsweyr | O profeta |
2020 | The Elder Scrolls Online: Greymoor | O profeta |
2021 | The Elder Scrolls Online: Blackwood | O profeta |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ I suppose I can't get away from it, I'm English, aren't I? Arquivado 06 de agosto de 2022 en Wayback Machine., theartsdesk Q&A: Actor Michael Gambon, 21 de decembro de 2020
- ↑ Clarke, Donald; Brady, Tara (13 de xuño de 2020). "The 50 greatest Irish film actors of all time – in order". The Irish Times. Consultado o 1 de xaneiro de 2022.
- ↑ "MICHAEL GAMBON BIOGRAPHY". Tiscali.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2009. Consultado o 26 de decembro de 2019.
- ↑ "Man from Cabra all right on the Knight". The Irish Times. Consultado o 26 de decembro de 2019.
- ↑ "Michael Gambon Biography". filmreference. 2008. Consultado o 22 de xaneiro de 2009.
- ↑ Wills, Dominic. "Michael Gambon - Biography". TalkTalk Group. Consultado o 22 de xuño de 2010.
- ↑ "Surnames beginning with G". bexley.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2016.
- ↑ Rothkopf, Joshua (3 de febreiro de 2016). "Hail, Caesar! [review]". Time Out New York. Consultado o 4 de febreiro de 2016.
- ↑ Vishnevetsky, Ignatiy (4 de febreiro de 2016). "The Coens swipe at religion, counterculture, and Hollywood in Hail, Caesar!". The A.V. Club. Consultado o 4 de febreiro de 2016.
- ↑ Dowell, Ben (12 de xullo de 2010). "Katherine Jenkins to star in Doctor Who Christmas special". The Guardian (Londres).
- ↑ Deans, Jason. "BBC adaptation of Casual Vacancy to star Michael Gambon". The Guardian.
- ↑ "Bethesda Teases Us With a Trailer For 'The Elder Scrolls Online'". MTV Multiplayer. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2015. Consultado o 09 de marzo de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Michael Gambon |