Mercedes Gallego
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María de las Mercedes Gallego Esperanza 1 de xaneiro de 1952 (72 anos) Ourense, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | senadora de España (2004–2008), escritora |
Páxina web | mercedesgallego.es |
María de las Mercedes Gallego Esperanza, nada en Ourense o 1 de xaneiro de 1952, é unha historiadora da arte e política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse e posteriormente doutorouse en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid. Posteriormente aprobou unhas oposicións para dar clase no ensino secundario como catedrática de Xeografía e Historia no IES O Couto da cidade de Ourense, do que foi directora entre 1999 e 2004.[1] Nese ano presentouse ás eleccións de 2004 encabezando a candidatura ourensá do PP ao Senado, pola que resultou elixida.[2] Permaneceu na Cámara Alta durante os catro anos da lexislatura,[3] tempo tras o que se reincorporou ao ensino. No ano 2012 ocupou a xefatura Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense.[4]
Foi presidenta do Grupo de Arte Francisco de Moure (Ourense) entre 1993 - 2005.[5]
Obra
[editar | editar a fonte]- Gallego Esperanza, María de las Mercedes. (D.L. 1993). Evocación en piedra y bronce : escultura pública en Orense (1887-1992). Ourense: Servicio de Publicacións da Deputacion. ISBN 9788487575105. OCLC 434254003.
- Gallego Esperanza, María de las Mercedes. (1996). La escultura pública en Pontevedra (1. ed ed.). Pontevedra: Servicio de Publicaciones,Deputación Provincial de Pontevedra. ISBN 9788488363350. OCLC 43521693.
- Gallego Esperanza, María de las Mercedes. ([2003]). Villamarín en el nuevo milenio. [Ourense]: Deputación Provincial de Ourense. ISBN 9788496011373. OCLC 433751388.
- Gallego Esperanza, María Mercedes (2017). Acisclo : escultor. Ourense: Deputación Provincial de Ourense. ISBN 9788416643011. OCLC 1011560812.
- Gallego Esperanza, María de las Mercedes (2018). O Froilán (1ª ed.). [Ourense]. ISBN 9788469790342. OCLC 1050783794.[6]
- Gallego Esperanza, María de las Mercedes. (2024). A escultura pública en Ourense (1887-2022). Ourense: Galaxia. ISBN 9788416643592.
Tamén escribiu os textos dos catálogos de diversas exposicións, como as dos artistas Xavier Cuíñas ou Carmucha Vázquez Prats, ademais de numerosos artigos de arte en xornais e revistas especializadas.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "DOCUMENTACIÓN Doctora en Arte, directora de instituto y presidenta del Francisco de Moure". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-01-28. Consultado o 2024-05-05.
- ↑ Redacción (29 de xaneiro de 2008). "El PP renueva en Ourense a tres, mantiene otros tantos y permuta los cónyuges del matrimonio González-Leyte". ourensedixital.com (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2019.
- ↑ "Ficha da senadora". senado.es (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2019.
- ↑ Redacción (10 de febreiro de 2014). "La exsenadora Mercedes Gallego, jefa territorial de Educación". La Región (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2020.
- ↑ "Grupo de arte" (PDF). dialnet. Consultado o maio 2024.
- ↑ "Mercedes Gallego se inicia en el relato de ficción". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xaneiro de 2018. Consultado o 20 de febreiro de 2019.
- ↑ "María de las Mercedes Gallego Esperanza". Dialnet (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2020.