Saltar ao contido

Mercadona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mercadona

Supermercado Mercadona en València.
TipoSociedade Anónima
Fundación1981
LocalizaciónRúa Valencia, 5 Tavernes Blanques, Valencia, España España
FundadorJuan Roig (CEO)
Persoas claveRamón Bescansa
IndustriaDistribución
ProdutosAlimentación, produtos xerais
Beneficio19.077 millóns de euros (2012)
Número de empregados74.000 (2011)
Na rede
https://www.mercadona.com, https://www.mercadona.pt/, https://www.mercadona.es/ e https://www.info.mercadona.es
Facebook: mercadona Twitter: mercadona Instagram: mercadona Youtube: UCDVurrJorgCaFvc9orfpGyQ Pinterest: mercadona Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mercadona é unha empresa española de distribución con sede no municipio de Tavernes Blanques e orixe en La Pobla de Farnals, as dúas na provincia de Valencia.

Os Supermercados Mercadona, cunha sala de vendas dunha superficie media de 1.300 m², responden a un modelo de comercio urbano de proximidade, e manteñen unha variedade en alimentación, drogaría, perfumaría e complementos, que se caracteriza, por potenciar a presenza das súas propias marcas brancas e reducir a oferta daquelas marcas externas que non manteñan un mínimo de rotación.

En xullo de 2014, a compañía estaba presente en 47 provincias de 16 comunidades autónomas cun total de 1.497 supermercados de barrio. En Galicia había 48 supermercados Mercadona repartidos polas catro provincias.[1]

As súas marcas propias son:

  • Hacendado - alimentación
  • Deliplus - coidados e cosmética
  • Compys - comida para animais
  • Bosque Verde - drogaría
  • Como Tú - perfumaría muller
  • 9.60 - perfumaría home
  • Solcare - protección solar
  • Dermik - cosmética

Controversias

[editar | editar a fonte]

Mercadona tense envolto en varias liortas pola súa organización interna: uso preferente de marcas propias en prexuízo de provedores de fora. Ten sido criticada por obrigar aos seus provedores a manter prezos fixados por Mercadona limitando a competencia e oferta. Diversas empresas que traballan para Mercadona están ligadas a directivos da marca. A súa política antisindical tamén ten sido criticada. Mercadona mantivo unha liorta nos tribunais durante anos co sindicato CNT e diversas folgas o cal tivo que retirarse.[2]

  1. "Mercadona.es ¿Dónde estamos?". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2014. Consultado o 16 de xullo de 2014. 
  2. "“Mercadona fue un conflicto que marcó un antes y un después en la CNT”". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]