Mecha (robot)
O termo mecha (en xaponés: メカ Hepburn: meka?) pode facer referencia tanto á idea científica como ó xénero de ciencia ficción que se centra en robots xigantes ou máquinas (mechs) controladas por persoas. Os mechas son representados de maneira común robots móbiles humanoides. O termo provén do xaponés (meka) que á súa vez é unha abreviación do préstamo inglés mekanikaru ('mecánico'), mais en xaponés é un termo máis inclusivo, sendo "robot" (robotto) ou "robot xigante" un termo máis específico.
Estas máquinas varían moito en tamaño e forma, pero distínguense dos vehículos pola súa aparencia e tamaño humanoides ou biomórficos, máis grande ca un humano. Existen diferentes subxéneros, con diferentes connotacións de realismo. O concepto de Super Robot e Real Robot son dous exemplos que se atopan no anime xaponés. O termo tamén pode referirse a plataformas robóticas humanoides ou non humanoides pilotadas no mundo real. Ademais, no contexto xaponés orixinal da palabra, "mecha" pode referirse a maquinaria / vehículos móbiles (incluídos avións) en xeral, tripulados ou doutro tipo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mecha Anime HQ: Extensive coverage on Gundams and other mecha. (en inglés)
- Mecha Co. (en inglés)