McDonnell Douglas MD-11
Aparencia
MD-11 | |
---|---|
Tipo | comercial |
Fabricante | McDonnell Douglas/Boeing |
Primeiro voo | 10 de xaneiro de 1990 |
Introducido | decembro de 1990 |
Estado | en servizo |
Produción | 1988 - 2000 |
Unidades construídas | 200 |
O McDonnell Douglas MD-11 é un reactor trimotor de fuselaxe ancha e cunha alcance de media a longa, fabricado por McDonnell Douglas e, posteriormente por, Boeing Commercial Airplanes. Baseado no DC-10, conta cunha fiselaxe máis longa, maior envergadura, ás con winglets e con perfís aerodinámicos refinados, uns estabilizadores horizontais de cola máis pequenos, novos motores e un maior uso de materiais compostos. Dous dos seus motores están montados en góndolas debaixo das ás, e o terceiro está na base do estabilizador vertical. Tamén conta cunha cabina totalmente dixital, que reduce a súa tripulación dos tres do DC-10 a dous no MD-11, ao eliminarse o posto do enxeñeiro de voo.