Saltar ao contido

Mauritz Stiller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMauritz Stiller

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Mowscha Stiller Editar o valor en Wikidata
17 de xullo de 1883 Editar o valor en Wikidata
Helsinqui, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Morte8 de novembro de 1928 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Gustav Vasa parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio xudeu, kv F grav 1848 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, guionista, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1912 Editar o valor en Wikidata - 1927 Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAbraham Stiller Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDicionário Biográfico Sueco (pt) Traducir, lang: lingua sueca
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0830249 Allocine: 9025 Allmovie: p112818
BNE: XX1169446 Find a Grave: 6865 Editar o valor en Wikidata

Moshe Stiller, coñecido como Mauritz Stiller, nado en Helsinqui o 17 de xullo de 1883 e finado en Estocolmo o 18 de novembro de 1928, foi un director de cinema sueco-finlandés, coñecido por descubrir a Greta Garbo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Stiller naceu nunha familia xudía asquenací, que vivira en Rusia e Polonia antes de establecerse en Finlandia. A súa nai suicidouse cando el tiña catro anos e foi logo criado por amigos da familia. Axiña viuse atraído pola interpretación e demostrou o seu talento nos teatros de Helsinqui e Turku.

Cando foi recrutado polo exército do tsar Nicolao II (Finlandia era entón un Gran Ducado autónomo dentro do Imperio Ruso) abandonou o país e estableceuse en Suecia, nacionalizándose en 1921.

Contra 1912 Stiller xa se involucrara no rápido desenvolvemento da industria sueca do cinema mudo. Comezou escribindo guións, ademais de actuar e dirixir curtametraxes, mais finalmente abandonou a interpretación para dedicarse totalmente á escritura e á dirección. Deseguido pasou á dirección de longametraxes e o seu filme de 1918 Thomas Graals bästa barn, con Karin Molander e Victor Sjöström de protagonistas recibiu boas críticas.

En 1920 dirixira máis de trinta e cinco filmes, incluíndo Erotikon, e xa era unha das principais figuras do cinema sueco.

No teatro real de Estocolmo coñeceu unha actriz nova chamada Greta Gustafsson, á que contratou para un papel secundario mais importante en Gösta Berlings saga, e que foi coñecida como Greta Garbo. A presenza na pantalla desa moza de dezaoito anos levou a Stiller e a Garbao aos Estados Unidos tras aceptar a oferta de Louis B. Mayer de dirixir para a Metro-Goldwyn-Mayer.

En Hollywood asignáronlle a dirección de The Temptress (1926), segundo filme de Garbo na MGM, mais non foi quen de tratar co sistema de estudios e tras repetidas discusións foi substituído por Fred Niblo e rematou o seu contrato. Foi inmediatamente contratado por Paramount Pictures, onde fixo tres filmes con éxito, mais de novo foi despedido polos seus desacordos cos xefes do estudio.

Volveu a Suecia en 1927 e faleceu o ano seguinte vítima dunha pleuresía aos 45 anos.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Filme Acreditado como
Director Guionista Actor Personaxe
1912 Trädgårdsmästaren Si Si Si Si Pasaxeiro
1912 Mor och dotter Si Si Si Si Si Si Raoul de Saligny
1912 I lifvets vår Si Si von Plæin
1912 Den tyranniske fästmannen Si Si Si Si Si Si Elias Pettersson
1912 De svarta maskerna Si Si Si Si
1913 Vampyren Si Si Si Si
1913 På livets ödesvägar Si Si
1913 När larmklockan ljuder Si Si
1913 När kärleken dödar Si Si Si Si
1913 Mannekängen Si Si Si Si
1913 Livets konflikter Si Si
1913 Gränsfolken Si Si
1913 En pojke i livets strid Si Si
1913 Den okända Si Si Si Si
1913 Den moderna suffragetten Si Si Si Si
1913 Barnet Si Si
1914 Stormfågeln Si Si
1914 Skottet Si Si
1914 När svärmor regerar Si Si Si Si Si Si Elias
1914 Kammarjunkaren Si Si
1914 För sin kärleks skull Si Si Si Si
1914 Det röda tornet Si Si Si Si
1914 Bröderna Si Si Si Si
1915 När konstnärer älska Si Si
1915 Minlotsen Si Si
1915 Mästertjuven Si Si
1915 Madame de Thèbes Si Si
1915 Lekkamraterna Si Si Si Si
1915 Hans hustrus förflutna Si Si
1915 Hans bröllopsnatt Si Si
1915 Hämnaren Si Si
1915 Dolken Si Si
1916 Vingarne Si Si Si Si Si Si Director de cinema
1916 Lyckonålen Si Si
1916 Kärlek och journalistik Si Si
1916 Kampen om hans hjärta Si Si
1916 Balettprimadonnan Si Si
1917 Thomas Graals bästa film Si Si
1917 Alexander den store Si Si
1918 Thomas Graals bästa barn Si Si
1919 Sången om den eldröda blomman Si Si Si Si
1919 Herr Arnes pengar Si Si Si Si
1920 Fiskebyn Si Si
1920 Erotikon Si Si
1921 Johan Si Si Si Si
1921 De landsflyktige Si Si Si Si
1923 Gunnar Hedes saga Si Si Si Si
1924 Gösta Berlings saga Si Si Si Si
1926 The Temptress Si Si
1927 The Woman on Trial Si Si
1927 Hotel Imperial Si Si
1927 Barbed Wire Si Si
1928 Street of Sin Si Si

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]