Saltar ao contido

Massanassa

Modelo:Xeografía políticaMassanassa
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°24′30″N 0°23′56″O / 39.408333333333, -0.39888888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarca da Comunidade ValencianaHorta Sud Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación10.146 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.811,79 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie5,6 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude14 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónPedro Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Q126367884 Traducir Editar o valor en WikidataVicente Salvador Pastor Codoñer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46470 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE46165 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos46165 Editar o valor en Wikidata

Páxina webmassanassa.es Editar o valor en Wikidata
Facebook: ajuntamentmassanassa Twitter: AjuntMassanassa BNE: XX453656 Editar o valor en Wikidata

Massanassa é un concello do País Valenciano que se atopa na bisbarra da Horta Sud.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situado na comarca de Horta Sud, atópase a 7 km de Valencia, ben preto do parque natural da Albufeira. Accédese a esta localidade dende a capital tomando a V-31. O termo municipal de Masanasa limita coas localidades de Alfafar, Paiporta, Valencia e Catarroja todas da Horta Sud. Ten especiais vínculos de veciñanza co resto de municipios da comarca da Horta-Albufeira, como Sedaví, Benetússer e Albal.

A súa orixe atópase na época musulmá, aínda que hai indicios de que puido ser unha vila romana ao atoparse no traxecto da Vía Augusta. As primeiras noticias documentais remóntanse a uns versos do poeta Ibn al-Abbar (1199 - 1260), onde se lamenta da derrota da Valencia musulmá fronte ás tropas do rei Xaime I. Nestes versos nomea esta poboación como Manzil Nasr, que significa Alquería de Nasr e que naquela época designaba a un conxunto de casas como centro dunha explotación agrícola.

As mencións posteriores de Massanassa xa corresponden ao período cristián e atópanse no Llibre del Repartiment, onde se rexistran as doazóns que o rei Xaime I fai das terras conquistadas, escrito entre os anos 1237 e 1252. Antes da ocupación da cidade de Valencia este rei dedicouse a repartir terras e casas a quen lle axudan nesta guerra, e así aparece mencionada esta poboación entre as doazóns efectuadas. Concretamente o 16 de marzo de 1238, doa a Martí "3 jovades en alquería de Massanassa". O 15 de maio dese mesmo ano outorga a "Fra Mateu comanador de l'orde de Calatrava, Alquería de Massanassa amb molins". O día 13 de agosto a Eiximén de Lusia: "8 jovades a Massanassa" e o 23 do mesmo mes a Fra Gerald de Prat, comendador de Alfama, "30 jovades a Massanassa".

Outro documento, este de 1278, infórmanos sobre algúns dos primeiros poboadores cristiáns de Masanasa, citando os seus nomes e permitíndonos ver con detalle, por vez primeira, como era o pobo fai 700 anos. Seguramente contaba cun núcleo de poboación central, onde vivía a maioría dos veciños e na súa contorna, os campos de cultivo, tanto de secaño como de regadío. Os cultivos son os tradicionais naquela época; cereais e vide, algunhas hortas e unha zona de oliveiral.

En 1386, Massanassa pasou a mans de Pedro Boïl e da súa familia, quedando en poder desta até o ano 1738 no que Masanasa, xunto a outros pobos cambia novamente de donos ao adquirila o marqués de Dues Aiugües. Tería a poboación por aqueles anos uns 280 habitantes; no entanto, ao finalizar o século alcanzaba xa a cifra de 1.398 veciños, o que significou un incremento demográfico considerable.

Nos dous séculos seguintes Massanassa medrou lentamente acadando os 4.800 habitantes nos anos 40 do século XX, conservando tódalas características dunha pequena vila agrícola. Porén, a partir da década dos 60 e 70 iníciase a transformación converténdose nunha localidade moderna, acollendo un gran número de industrias e cambiando radicalmente a súa estrutura urbana e social, cun crecemento equilibrado, no que a poboación, aínda que se dedica xa maioritariamente á industria e os servizos, mantén aínda fortes vínculos coa agricultura cada vez máis especializada.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Conta cunha poboación de 8.784 habitantes (2008).

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2006 2007
3.229 3.336 3.342 4.272 4.836 5.023 5.053 6.010 6.983 7.632 7.521 7.919 8.127 8.325

Economía

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente dedicada á agricultura (cereal e vide) esta sufriu unha gran transformación intensificándose o cultivo do arroz, os froitales e as hortalizas, desaparecendo os anteriores cultivos. A proximidade a Valencia facilitou a súa industrialización, aínda que non perdeu totalmente o seu carácter agrícola inicial.

Monumentos

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa Parroquial de San Pedro (século XVIII).
  • Alquería de Soria (século XVIII). Alquería típica da comarca da Horta.
  • Casa dos Obreiros. Edificio construído en 1929 que é actualmente sede do Arquivo Municipal.
  • Casa do Concello. Edificio coñecido como As Escolas Vellas (les Escoles Velles). A súa data de construción é de 1932.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]