Manuel Bello Pallas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1925 |
Morte | 26 de setembro de 2006 (80/81 anos) Carballo, España |
Alcalde de Carballo | |
1971 – 1975 ← Jacinto Amigo Lera – Pastor Bazarra Sánchez → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Manuel Bello Pallas, nado en 1925 e finado en Carballo o 26 de setembro de 2006,[1] foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Perito de formación, fundou o Colexio La Leus, coñecido como A escola de Pallas, en 1949, do que foi director. Concelleiro en Carballo, en 1967 foi nomeado primeiro tenente de alcalde na corporación presidida por Jacinto Amigo Lera. Foi nomeado alcalde de Carballo o 14 de xullo de 1971. Presentou a súa dimisión como alcalde ao gobernador civil a comezos de febreiro de 1975.[2] Foi presidente do Bergantiños FC de 1970 a 1973.
Predecesor: Jacinto Amigo Lera |
Alcalde de Carballo 1971 - 1975 |
Sucesor: Pastor Bazarra Sánchez |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Logo da súa dimisión, recibiu a medalla de San Raimundo de Peñafort en abril de 1975.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece a los 81 años Manuel Bello Pallas, alcalde de Carballo entre 1971 y 1975". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2017. Consultado o 15 de xaneiro de 2017.
- ↑ La Voz de Galicia, 7-2-1975, p. 5.
- ↑ La Voz de Galicia, 25-4-1975, p. 8.