MS-DOS
MS-DOS | |
---|---|
Desenvolvedor | Microsoft |
Familia de S.O. | DOS |
Lanzamento | Agosto de 1981 |
En galego | Non |
Espazo de usuario | Interface texto |
Interface de usuario | Liña de comandos |
Modelo de desenvolvemento | Software propietario |
Tipo de núcleo | Monolítico |
Licenza | Propietaria, Microsoft CLUF (EULA) |
Última versión estable | 8.01 14 de setembro de 2000 |
Estado actual | Descontinuado / Histórico (Vixente en Windows XP SP1 e superiores coma Símbolo do Sistema) |
Sucedido por | Microsoft Windows |
Sitio web | DOS overview |
MS-DOS (Microsoft Disk Operating System, Sistema operativo de disco Microsoft), foi o primeiro sistema operativo para o PC IBM. Foi lanzado co IBM PC en 1981 e tivo oito versións principais antes de que Microsoft detivese o seu desenvolvemento en 2000. Foi o produto clave na conversión de Microsoft dende unha compañía de linguaxe de programación ata unha firma de desenvolvemento de software.
Historia
[editar | editar a fonte]Creado por Tim Paterson, da compañía Seattle Computer Products como QDOS en 1980 e comercializado como 86-DOS para correr nun microprocesador Intel 8086, Microsoft mercou o sistema pouco antes do lanzamento do IBM PC o 12 de agosto de 1981, ao ser incapaz de crear un sistema operativo no prazo que IBM lle encargara. O IBM PC saíu coa súa propia versión de MS-DOS coñecida como PC-DOS, mentres Microsof mantivo o nome de MS-DOS para os seus propios desenvolvementos.
Versións
[editar | editar a fonte]- PC DOS 1.0 - agosto de 1981 - Versión inicial, IBM PC
- PC DOS 1.1 - maio de 1982, daba soporte a disquetes de dúas caras.
- MS-DOS 1.25 - maio de 1982 - Primeira versión que se empregou en hardware non IBM
- MS-DOS 2.0 - marzo de 1983 - Introducido para xestionar o IBM XT, incorporaba soporte para disco ríxido, e incluía elementos collidos de Unix como os subdirectorios.
- PC DOS 2.1 - outubro de 1983
- MS-DOS 2.11 - marzo de 1984
- MS-DOS 3.0 - agosto de 1984 - deseñado para soportar o IBM AT coa posibilidade de discos ríxidos máis grandes e disquetes de 1.2MB
- MS-DOS 3.1 - novembro de 1984
- MS-DOS 3.2 - xaneiro de 1986 - admitía unidades de disquetes de 3'5 polgadas.
- PC DOS 3.3 - abril de 1987
- MS-DOS 3.3 - agosto de 1987 - con capacidade para crear múltiples particións no disco ríxido.
- MS-DOS 4.0 - xullo de 1988 - xestionaba discos ríxidos con particións de máis de 32 MB e ata 512 MB. Nova interface gráfica e permitía o emprego da memoria expandida
- MS-DOS 4.01 - novembro de 1988 -
- MS-DOS 5.0 - xuño de 1991 - En resposta ao DR-DOS proporciona controladores para xestionar novas ampliacións de memoria, incorpora editor, liguaxe de programación QBasic
- MS-DOS 6.0 - marzo de 1993 - En resposta ao DR-DOS 6.0, incluía unha ferramenta de compresión de disco e MemMaker, administrador de memoria ampliada. Versión con moitos fallos polo que foi substituída por:
- MS-DOS 6.2 - novembro de 1993
- MS-DOS 6.21 - febreiro de 1994
- PC DOS 6.3 - abril de 1994
- MS-DOS 6.22 - xuño de 1994
- PC DOS 7.0 - abril de 1995
- MS-DOS 7.0 - agosto de 1995 - Incluída en Windows 95.
- MS-DOS 7.1 - agosto de 1996
- MS-DOS 8.0 - setembro de 2000 - Incluída en Windows ME.
- PC DOS 2000 - Derradeira versión da familia de MS-DOS
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: MS-DOS |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Referencia de MS-DOSArquivado 22 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Emulador de MS-DOS Multiplataforma