Luffa
Luffa | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
L. aegyptiaca | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
Véxase no texto |
Luffa é un xénero con 7 especies de plantas con flores pertencente á familia Cucurbitaceae. As plantas e sobre todo os seus froitos son coñecidos coma estropallos ou esponxas vexetais. É o único xénero da subtribo Luffinae.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero deriva do árabe: Lufah, لوف.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son plantas rubideiras tropicais e subtropicais.
Usos
[editar | editar a fonte]O froito de polo menos dúas especies, Luffa acutangula e Luffa aegyptiaca, cultívase para se consumir coma hortaliza, sendo popular en Asia e África.
A súa popularidade medrou co uso do seu froito enxugado coma esponxa exfoliante, pois son de alta calidade, obtendo moi bos resultados dermatolóxicos.
As larvas dalgunhas especies de lepidópteros (bolboretas e avelaíñas), como Hypercompe albicornis aliméntanse das especies de Luffa.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Un feixe de estropallos sen procesar, nunha horta orgánica.
-
Sementes de Luffa acutangula. Cada división da regra corresponde a 1 mm. As sementes de Luffa aegyptica son moi semellantes.
-
Unha esponxa de Luffa, ou estropallo, cuxa textura xota axuda á limpeza da pel.
-
Toro de Luffa aegyptiaca, amplificada 100x
-
Luffa operculata
-
Luffa aegyptiaca
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Luffa |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luffa |