Louis Leakey
Louis Seymour Bazett Leakey, nado en 1903 e finado en 1972, foi un paleantropólogo británico. As súas investigacións foron importantes para establecer o o desenvolvemento da evolución humana en África.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Kenya, educado con africanos aprendeu a falar kikuyu case ao tempo que o inglés. Aos 13 anos descubriu ferramentas de pedra e comezou a desenvolver a paixón pola prehistoria, graduouse na Universidade de Cambridge en 1926. Descubriu moitos esqueletos humanos e protohumanos na Garganta de Olduvai e na Illa Rusinga. Entre os seus descubrimentos está o Zinjanthropus (1959), chamado posteriormente Paranthropus boisei, e o do Homo habilis.
Outro dos legados de Leakey foi a comprensión que o estudo dos primates no seu hábitat natural era a chave para comprender os misterios da evolución humana. Leaky elixiu tres investigadoras, Jane Goodall, Dian Fossey e Biruté Galdikas.
Louis Leakey casou con Mary Leakey, quen fixo quizais o máis importante descubrimento da época paleolítica, as pegadas de Laetoli, que estableceron o a datación máis antiga do bipedismo.
Tamén foi o pai do paleoantropólogo Richard Leakey