Saltar ao contido

Lois XVIII de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLois XVIII de Francia
Nome orixinal(fr) Louis XVIII Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1755 Editar o valor en Wikidata
Palacio de Versalles, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte16 de setembro de 1824 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Palacio das Tullerías, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor en Wikidata
19º Copríncipe francés de Andorra
8 de xullo de 1815 – 16 de setembro de 1824
← Napoleón II de FranciaCarlos X de Francia →
Rei dos franceses
8 de xullo de 1815 – 16 de setembro de 1824
← sen valor – Carlos X de Francia →
19º Copríncipe francés de Andorra
30 de maio de 1814 – 20 de marzo de 1815
← sen valor – Napoleón I de Francia →
Rei dos franceses
6 de abril de 1814 – 20 de marzo de 1815
← sen valor – Supresión do cargo →
Gran Mestre da Orde da Nosa Señora do Monte Carmelo e San Lázaro de Xerusalén
1772 – 1791
← Lois XVI de Francia
Conde de Provenza
1755 –
Duque de Anjou
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesComte de Provence Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPalacio das Tullerías Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
TítuloDuque Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borbón en Francia Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaría Xosefina de Savoia (1771–1810) Editar o valor en Wikidata
ParellaAnne-Jacobée Gräfin
Zoé Talon, condesa do Cayla Editar o valor en Wikidata
PaisLois de Borbón Editar o valor en Wikidata  e María Xosefa de Saxonia Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaría Tareixa de Francia
María Ceferina de Francia
Xavier
Lois, Duque de Borgoña
Lois XVI de Francia
Carlos X de Francia
Isabel de Francia (1764-1794)
María Clotilde de Francia Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Louis XVIII. Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1632650 WikiTree: Bourbon-150 Find a Grave: 2330 Editar o valor en Wikidata
Lois XVIII de Francia

Lois XVIII[1] ou Luís XVIII foi un rei de Francia (Versalles, 17 de novembro de 1755París, 16 de setembro de 1824), rei titular dende 1795 e de feito entre 1814 e 1824, a excepción do breve período do Imperio dos Cen Días. Coñecido polo seu título de conde de Provenza, era irmán de Lois XVI. Durante o reinado deste adoptou unha postura avanzada, próxima ao pensamento da Ilustración, e ata aceptou a Revolución de 1789.

Máis tarde, con todo, a evolución da Francia revolucionaria decidiulle a fuxir do país en 1791 (o mesmo día que o rei era detido en Varennes cando intentaba escapar por outro camiño); reuniuse co seu outro irmán (o futuro Carlos X) e empezou a encabezar as intrigas dos emigrados contra o réxime revolucionario, dirixindo unha rede de espías e mantendo contacto cos insurxentes contrarrevolucionarios do interior.

Trala execución de Lois XVI en 1793, proclamouse rexente no exilio, e logo rei pola morte do delfín Lois XVII (1795). Con todo, a causa da restauración dos Borbóns pasou por horas baixas durante o período de Napoleón, que premeu aos restantes Estados europeos para entorpecer as actividades do pretendente.

Logo de peregrinar por varios países, as derrotas de Napoleón en 1813-14 abríronlle novas perspectivas: co apoio de Gran Bretaña e de Talleyrand abriuse paso a idea de poñer a Luís no Trono cando se consumase a vitoria aliada sobre Francia. Desembarcou en Calais e prometeu aos franceses establecer unha monarquía constitucional, que plasmou na Carta outorgada de 1814, onde a autoridade do rei quedaba limitada por un Parlamento bicameral e pola garantía dos dereitos individuais dos súbditos.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.