Saltar ao contido

Loftus Versfeld

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Loftus Versfeld
Loftus
Datos
Coordenadas25°45′11″S 28°13′23″L / -25.753189, 28.223014
LocalizaciónPretoria, Suráfrica
Construción
Inauguración1923
Renovación2008
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade51.762
PropietarioBlue Bulls
Webhttps://bullsrugby.co.za/stadium/stadium-history/
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O Loftus Versfeld é un recinto deportivo situado en Pretoria, Suráfrica. Ten unha capacidade para 51.762 espectadores e todas as localidades son de asento. O estadio leva o nome de Robert Owen Loftus Versfeld, o fundador dos deportes organizados en Pretoria.

Co paso dos anos o estadio foi sometido a diversos cambios de nome debido aos seus diferentes patrocinadores, aínda que os locais sempre se referiron á cancha como Loftus Versfeld. Entre o 11 de xuño de 1998 e o 4 de febreiro de 2003, o estadio foi denominado oficialmente Minolta Loftus, para deixar paso a partir do 5 de febreiro de 2003 ao Securicor Loftus. O 1 de setembro de 2005, o proceso do cambio de nome finalizouse cando Vodacom converteuse no patrocinador e restableceu o nome orixinal de Loftus Versfeld.

A situación do estadio foi utilizado por primeira vez para o deporte en 1906, e o terreo foi chamado simplemente Eastern Sports Ground. A primeira estrutura de formigón foi erixida alí polo Concello en 1923. A estrutura orixinal só podía acomodar 2.000 espectadores, e non dispuña de infraestruturas apropiadas. En 1928 levantáronse vestiarios e aseos, debido en gran medida á xira que realizarían os All Blacks por Suráfrica ese mesmo ano.

Cando o Sr. Loftus Versfeld morreu repentinamente en maio de 1932, cambiouse o nome de Eastern Sports Ground polo seu como homenaxe a un home que fixo moito para desenvolver o deporte na zona. O estadio foi coñecido como Loftus Versfeld Stadium desde entón. Actualizouse en varias ocasións, a última en 1984, cando o Pavillón Norte recibiu unha remodelación.

Remodelación para a Copa do Mundo

[editar | editar a fonte]

Unha mínima modernización foi necesaria no Loftus Versfeld para adecualo para a celebración de encontros de primeira e segunda rolda da Copa Mundial de Fútbol de 2010. O estadio someteuse a unha serie de melloras de varios millóns de rands, incluíndo un teito sobre a bancada leste, melloras na iluminación, os accesos e a seguridade, adecuación da zona de prensa, melloras en aparcadoiros e substitución de todos os asentos do estadio- de forma que en 2008 converteuse no primeiro estadio de Suráfrica terminado e preparado para a Copa do Mundo.

Copa do Mundo 2010

[editar | editar a fonte]
Interior do estadio.

O Cape Town Stadium albergou durante o campionato seis encontros: cinco encontros da fase de grupos e un de oitavos de final. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
13 de xuño Primeira rolda Serbia
0 - 1
Ghana
38.833
16 de xuño Primeira rolda Suráfrica
0 - 3
Uruguai Uruguai
42.658
19 de xuño Primeira rolda Camerún
1 - 2
Dinamarca Dinamarca
38.704
23 de xuño Primeira rolda Estados Unidos
1 - 0
Alxeria Alxeria
35.827
25 de xuño Primeira rolda Chile Chile
1 - 2
España España
41.958
29 de xuño Oitavos de final Paraguai Paraguai
0 - 0
Xapón
36.742

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]