Lingua puelche
Aparencia
Puelche Gününa Küne | ||
---|---|---|
Falado en: | Arxentina | |
Rexións: | Provincia de Río Negro | |
Extinción: | 1934 (coa morte de Trruúlmani) | |
Familia: | Chon Puelche–Het ? Puelche | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | pue
| |
Mapa | ||
Status | ||
O puelche[2] é unha lingua morta falada outrora polo pobo puelche que habitaba na rexión de Río Negro, na Arxentina. O puelche foi considerado durante moito tempo como unha lingua illada. De acordo coa limitada evidencia, Viegas Barros (1992) suxeriu que o puelche podería estar relacionado coa lingua dos querandís, un dos pobos het, e Viegas Barros (2005) suxeriu que estaba realacionado coas lingua chon.[3] Ademais, existe outra teoría que o relaciona coas linguas macro-xívaras.
Nome
[editar | editar a fonte]A lingua tamén é coñecida como gününa küne, gennaken (guenaken), tehuelche do norte, gününa yajich, ranquelche ou pampa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definición de puelche no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Campbell, Lyle (2012). "Classification of the indigenous languages of South America". En Grondona, Verónica; Campbell, Lyle. The Indigenous Languages of South America. The World of Linguistics 2. Berlín: De Gruyter Mouton. pp. 59–166. ISBN 9783110255133.