Saltar ao contido

Lingua luvita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luvita
luwili
Falado en: Anatolia
Total de falantes: 600 a.C
Familia: Indoeuropea
 Linguas anatólicas
  Luvita
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: xlu
Mapa

Área de expansión da lingua luvita.
Status

O luvita[1] é unha lingua anatolia emparentada co hitita-nesita e co palaíta. Falouse no sur de Anatolia no II e no I milenio antes da nosa era. Sobreviviu á caída do Imperio hitita e dela derivaron o milio, e logo o licio.

Ao contrario do hitita-nesita e do palaíta, non foi demasiado influenciada polo hatti, que non será polo tanto un substrato do luvita.

Coñecemento da lingua

[editar | editar a fonte]

A lingua luvita, minoritaria no seo da administración hitita, escribiuse por medio da escritura cuneiforme. Con todo, a partir do século -XV desenvolveuse unha escritura particular, chamada escritura xeroglífica hitita e a maioría das inscricións, de carácter esencialmente documental, que empregan esta escritura transcriben un dialecto do luvita. Atopáronse inscricións en luvita xeroglífico no norte da actual Siria, de época tan recente como o século -VI. Estes xeroglíficos hititas non semellan estar emparentados cos xeroglíficos exipcios ou cretenses e considéranse unha invención local.

  1. "Entrada luvita en Digalego". Consultado o 31 de outubro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]