Saltar ao contido

Lima (froita)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Limas
Natureza morta de Luis Meléndez no Museo do Prado, (cara 1760).

A lima é un nome xenérico polo que se coñecen as froitas de varias especies de cítricos, as limeiras. As especies que reciben o nome de limeiro varían marcadamente segundo as rexións, mais a miúdo adóitase falar do limeiro acedo, Citrus × aurantifolia.

Son froitos miúdos, amarelos o as máis das veces verdes, de polpa aceda e fortemente aromática. A confusión remóntase á introdución do froito en Europa dende o Oriente Medio durante as Cruzadas, cando o termo persa لیمو (limu) designaba a varias especies sen relación entre si, incluíndo outras (coma Citrus × limon) hoxe coñecidas xeralmente coma limoeiros (limón)s. O termo yambira, documentado nas referencias hindús máis antigas ao froito, é tamén ambiguo.

As limas valóranse polo xeral polo seu contido aromático; a pela utilízase relada finamente en repostaría, os froitos secos e conservados en sal empréganse na gastronomía persiana como adubo, e as follas dalgunhas variedades empréganse como aromatizante na cociña do sueste asiático. Apréciase tamén o seu zume acedo e fresco, que se emprega para confeccionar bebidas refrescantes e na preparación de cócteles alcólicos; polo seu acedume, algunhas especies coñecidas noutros países coma limas, sobre todo en Latinoamérica, se lles chama limóns.

Valor nutricional

[editar | editar a fonte]

Cada 100 gramos de zume de lima conteñen:

  • kJ = 126
  • carbohidratos = 11g
  • azucres = 1,7
  • fibra = 3 g
  • graxas = 0,2 g
  • proteínas = 0,7 g
  • auga = 88 g
  • vitC_mg = 29
  • fonte_usda = 1

Especies e variedades

[editar | editar a fonte]

A dificultade para identificar exactamente que especies vexetais reciben o nome de lima nas distintas rexións do mundo hispano e luso parlante vese complicada pola complexidade botánica do xénero Citrus, xa que as distintas especies deste xénero hibridan doadamente, e só estudos xenéticos recentes puideron coñecer ben a estrutura. A meirande parte das especies cultivadas son en realidade híbridos, procedentes da cidreira (Citrus medica), o mandarineiro (Citrus reticulata) e mais o pomelo (Citrus maxima ou Citrus grandis).

  • a lima kafir (Citrus × hystrix), du sueste asiático, pouco cultivada en América e Europa; utilízanse sobre todo as súas follas bilobuladas, de característico aroma, e a pela dos froitos. Os froitos son verdes, duns 4 cm de diámetro, de tona rugosa e extremadamente acedos;
Lima en póla e a súa flor.
  • a lima aceda ou lima galega (Citrus × aurantifolia), é a máis cultivada das limas; o froito é arredondado ou oval, —de 1 a 5 cm de diámetro— algunhas veces cun pequeno bico, acedo e de pela verde;
  • a lima persiana ou lima Tahití (limón persiano), (Citrus × latifolia), é a outra variedade máis espallada, o froito ten a tona máis grosa, até 6 cm de diámetro, sabor menos acedo e cor que amarelea coa madureza;
  • a lima doce (limón doce), (Citrus × limetta); máis semellante ao limón en tamaño, groso da pela e cor, distínguese sobre todo pola súa baixa astrincencia e polos característicos bicos en ambos extremos;
  • a lima doce india ou lima de Palestina, tamén coñecida coma limón doce ou limón de Persia (Citrus × limettioides (pt)), ten pela e polpa amarelas, sen sementes, e tona donda; carece case por completo de acideza;
  • a lima de Cantón ou lima rangpur (limón cravo, limón rugoso ou limón mandarina) (Citrus × limonia) aseméllase á mandarina; produce un froito firme, redondo, de 3 a 4 cm de diámetro, con pela magra e brillante, de cor verde; o sabor é acedo e refrescante;
  • a lima longa (Citrus × australasica), que só medra nos bosques tropicais de Australia; produce froitos de diversas cores, dende o amarelo ao negro, de forma oblonga, cuxa polpa está saturada de aceite esencial, dándolle un sabor penetrante;
  • a lima gympie (Citrus x australis), que só medra en Australia;
  • a lima do deserto (Citrus × glauca), que só medra en Australia; produce froitos verdes, miñudos e pouco zumarentos;
  • a lima de Nova Guinea (Microcitrus waburgiana), de froita longa e de forma curva, con pela grosa de cor verde e polpa verde pálido.

Variedades

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]
Produción conxunta de limas e limóns en 2012.

A India é a primeira exportadora mundial de limóns e limas cun 16% aproximado do total mundial, séguenlle México (14.5%), Arxentina (10%), Brasil (8%) e España (7%).

Listaxe dos 10 principais produtores de limas e limóns — 2007
País Toneladas Nota ao pé
India India 2 060 000 F
México 1 880 000 F
Arxentina 1 260 000 F
Brasil 1 060 000 F
España España 880.000 F
República Popular da China 745.100 F
Estados Unidos de América Estados Unidos 722.000
Turquía Turquía 706.652
Irán 615.000 F
Italia Italia 546.584
Mundo 13 032 388 A
Sen letra = dato oficial, P = dato ofical, F = estimación FAO, * = Inoficial, semioficial, C = dato calculado, A = Agregado (pode incluír oficiais, semi-oficiais oo aproximacións)

Fonte: Food And Agricultural Organization of United Nations: Economic And Social Department: The Statistical Devision Arquivado 19 de xuño de 2012 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]