Liberdade provisional
Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2019.) |
Liberdade provisional ou liberdade baixo fianza é un termo empregado na lexislación procesual penal de determinados países para referirse á resolución xudicial, e ao status en que queda un imputado, tras o fin da medida cautelar persoal de prisión preventiva. É unha figura típica dos sistemas procesuais penais inquisitivos. É denominada tamén tamén excarceración provisional.
No réxime inquisitivo, a prisión preventiva é a condición normal das persoas suxeitas á persecución criminal, de aí que a liberdade sexa só "provisional".
Fianza e medidas cautelares
[editar | editar a fonte]Polo xeral, a liberdade provisional decrétase so dous condicionantes:
1) O pagamento dunha fianza. Trátase dunha contía económica que debe ser depositada na sede xudicial (do xeito en que se determine).
2) A adopción de medidas cautelares. É un complemento á fianza. En conxunto, o seu obxectivo é garantir que a persoa provisionalmente liberada estea localizable para a Xustiza. As medidas poden incluír desde a restrición de movementos (por exemplo, a prohibición de abandonar un determinado territorio ou manterse afastada dun lugar ou persoa por período e distancia que se determinan), a obriga de comparecer periodicamente nunha sede policial ou xudicial ou a prohibición de realizar determinadas actividades (inclusive o exercicio dalgunhas profesións), entre outras.