Saltar ao contido

Levinus Lemnius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLevinus Lemnius

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1505 Editar o valor en Wikidata
Zierikzee, Países Baixos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xullo de 1568 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Zierikzee, Países Baixos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónOld University of Leuven (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, astrólogo, médico escritor, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAndré Vesalio Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteMedvik >>>:Lemnius, Levinus, 1505-1568, Editar o valor en Wikidata
Páxina co título da edición de 1573 de De occultis naturae miraculis (Colonia).
The Secret Miracles of Nature, páxina do título da edición de 1658 publicada por John Streater.

Levinus Lemnius ou Levino Lemnio[1] (1505-1568) foi un médico e autor holandés.[2]

Lemnius naceu o 20 de maio de 1505 en Zierikzee. Estudou medicina na Universidade de Lovaina, sendo alumno de Rembert Dodoens e Konrad Gesner;[3] e de Andreas Vesalius en Padua.[4] Tamén viaxou a Suíza e Inglaterra.[5] Despois da morte da súa esposa, fíxose crego.[3] Morreu o 1 de xullo de 1568 en Zierikzee.

A súa Occulta naturae miracula, un libro de segredos, é a súa obra máis coñecida. Fixéronse moitas edicións e foi moi traducida do latín. Baséase en fontes clásicas, especialmente Aristóteles. Lemnius foi influenciada tamén, polas doutrina dos "aires, augas e lugares" do Corpo hipocrático.[12] A obra intentaba reconciliar a filosofía natural tal como se encontra en fontes clásicas coa doutrina cristiá, especialmente na xeración e reprodución, aínda que salientando aspectos extraordinarios.[13] A súa teoría humoral era complexa, dividindo a flegma en catro tipos, e os outros humores tamén os subdividía.[14]

Considérase que foi o primeiro que mencionou nesta obra a tinguidura dos ósos, utilizando plantas do xénero Rubia.[15] Na mesma obra dálle credibilidade á teoría da impresión materna;[16] a súa teoría da teratoloxía conecta a teoría aristotélica da xeración cos defectos de nacemento.[17] Contribuíu á demonoloxía, con Johann Weyer, ao suxerir que as perturbacións e enfermidades mentais podían ser causadas fisicamente, en vez de seren o resultado da influencia externa.[18] Tamén atribuía a Salomón a invención do compás magnético.[19]

Esta obra dun modo ou outro acabou tendo unha vixencia de case catro séculos. Despois combinouse cun manual alemán sobre obstetricia de Jakob Rüff, para crear a Obra mestra aristotélica, unha obra do século XVII en inglés de consellos sobre sexo e reprodución, aínda vendida nunhas edicións últimas na década de 1930.[20]

  1. Tamén escrito Lenneus ou Lennius, orixinalmente Lievin Lemnes ou Lemmens ou Lemse (e tamén en holandés Livinus de Lieven); tamén coñecido noutros países como Levino Lemnio (España), Levinio Lennio (Italia) ou Lemmio (Italia) e Levine Lemnie (Inglaterra século XVI).
  2. "CERL Thesaurus". data.cerl.org. 
  3. 3,0 3,1 "Nieuw Nederlandsch biografisch woordenboek. Deel 8 · dbnl". DBNL. 
  4. Klaniczay, Tibor; Kushner, Eva; Chavy, Paul (1 de xaneiro de 2000). L'époque de la Renaissance: 1400-1600. John Benjamins Publishing. ISBN 9027234469 – vía Google Books. 
  5. "Zierikzee Monumentenstad. Vroeger. Personen. Oud-Zierikzeeënaars. Lieven Lemse". Arquivado dende o orixinal o 2011-08-09. Consultado o 2011-07-16. 
  6. Lemnius, Levinus (25 de decembro de 1583). "De miracvlis occvltis natvrae libri IIII : item, De vita cvm animi et corporis incolvmitate recte institvenda liber vnvs : illi quidem iam postremum emendati, & aliquot capitibus aucti : hic verò nunquam antehac editus". Coloniae Agrippinae : Apud Theodorum Baumium ... – vía Internet Archive. 
  7. World Cat; subseguintes edicións latinas tituladas De occultis naturae miraculis.
  8. "DFG-Viewer: Levini Lemnii occulta naturae miracula Occulta naturae miracula, ac varia rerum documenta <dt.> Wunderbarliche Geheimnisse der Natur in des Menschen Leibe und Seel, auch in vielen andern natürlichen Dingen als Steinen, Ertzt, Gewechs und Thieren ...". dfg-viewer.de. 
  9. Lemnius, Levinus (25 de decembro de 1561). De habitu et constitutione corporis, quam Greci kradin, triviales complexionem vocant, libri duo. Omnibus quibus secunda valetudo curae est, apprime necessarii, ex quibus cuique proclive erit corporis sui conditionem, animique motus, ac totius conservandae sanitatis rationem adamussim cognoscere ... Apud Guilielmum Simonem. OCLC 029237871. 
  10. 10,0 10,1 Braden, Gordon. "Newton, Thomas". Oxford Dictionary of National Biography (edición on line). Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/20069. (necesita subscrición ou ser membro das bibliotecas públicas británicas).
  11. "DFG-Viewer: De miraculis occultis naturae Occulta naturae miracula, ac varia rerum documenta". dfg-viewer.de. 
  12. Goodey, CF (2004). ""Foolishness" in early modern medicine and the concept of intellectual disability". Med Hist 48 (3): 289–310. PMC 547918. PMID 16021927. doi:10.1017/s002572730000764x. 
  13. "Books & Babies: Communicating Reproduction". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2019. Consultado o 13 de xullo de 2024. 
  14. From The Touchstone of Complexions; J. B. Bamborough, The Little World of Man (1952), p. 59.
  15. Brian Keith Hall, Bones and Cartilage: developmental and evolutionary skeletal biology (2005), p. 433.
  16. "Linguaggio Globale - Indice Generale - Hotel Parigi". www.parishotelsweb.com. 
  17. http://www.digitalsilesia.eu/Content/23006/inscription_on_the_body.pdf, pp.33–4.
  18. Adam Crabtree, The Transition to Secular Psychotherapy: Hypnosis and the Alternate-Consciousness Paradigm, p. 555, Ch. 19 in History of Psychiatry and Medical Psychology 2008, Section Three, Part 4, 555-586, doi 10.1007/978-0-387-34708-0_19
  19. Paul Fleury Mottelay, A Bibliographical History of Electricity and Magnetism (1922), p. 5; on line.
  20. "Books & Babies: Communicating Reproduction". Arquivado dende o orixinal o 2017-03-12. Consultado o 2011-07-16. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]