Saltar ao contido

La Algaba

Modelo:Xeografía políticaLa Algaba
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°27′42″N 6°00′49″O / 37.461666666667, -6.0136111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Sevilla Editar o valor en Wikidata
CapitalLa Algaba (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación16.618 (2023) Editar o valor en Wikidata (923,22 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie18 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude11 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataDiego Manuel Agüera Piñero Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal41980 e 41989 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE41007 Editar o valor en Wikidata

Páxina weblaalgaba.net Editar o valor en Wikidata

La Algaba é unha localidade da provincia de Sevilla, en Andalucía.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Pertence á comarca de La Vega do río Guadalquivir, estendéndose sobre a súa marxe dereita. Ao seu núcleo urbano central, cunha altitude de apenas 11 metros sobre o nivel mar, súmase o barrio do Aral. A súa extensión superficial é de 18 km² e ten unha densidade de 756,8 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 27' N, 6º 00' W. Atópase situada a unha distancia de 7 quilómetros da capital de provincia, Sevilla.

A poboación do municipio ascendía a un total de 12.792 habitantes no ano 1996, froito dun importante crecemento nos últimos anos, debido á súa integración na zona norte da área metropolitana de Sevilla e ao impulso económico que supuxo o desenvolvemento agrícola e, en concreto, o cultivo de cítricos.

As orixes do núcleo sitúanse na época prerromana, cando os herdeiros da civilización tartesia fundaron a Balbilis Turdetana, destruída en tempos dos visigodos. A súa denominación actual procede do árabe Al-Gaba, que significa O Bosque. Fernando III a reconquistou en 1247 e cedeulla ao seu fillo Fadrique. Ao morrer, este volveu ao poder real. En 1304 foi dada ao infante Afonso de la Cerda, quen a cedeu máis tarde ao Duque de Néboa. Para rematar, este cambiouna a Juan Guzmán por Medina-Sidonia. Foi Filipe II quen creou o Marquesado de La Algaba para contrapesar a penuria económica da súa Facenda, quedando suxeita a vila a este señorío ata o século XIX, en que se constituíu o seu Concello Constitucional.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]