Saltar ao contido

Kolombangara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaKolombangara
Imaxe
Tipoilla volcánica Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Nova Xeorxia Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteOceanía insular Editar o valor en Wikidata
División administrativaOccidental, Illas Salomón Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 7°58′S 157°04′L / -7.97, 157.07
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións27,3 (ancho) × 34,2 (lonxitude) km
Punto máis altoMonte Veve (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.768 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie688 km² Editar o valor en Wikidata

Kolombangara (ás veces escrito Kulambangara) é unha illa do grupo das Illas Nova Xeorxia ao sueste das Illas Salomón no océano Pacífico. O nome provén da lingua local, unha tradución aproximada do seu significado é "Deus da Auga" polos aproximadamente 80 ríos e regos que corrían polos seus flancos.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

De forma case perfectamente redonda e un diámetro de 15 km, a illa é un volcán que alcanza unha altitude de 1770 m no Monte Veve. A illa conforma o extremo sur do estreito de Nova Xeorxia e está separada ao noroeste de Vella Lavella e Ghizo polo golfo de Vella, e ao sueste de Nova Xeorxia polo golfo de Kula. A Oeste-Suroeste de Kolombangara atópase Ghizo, na que está Gizo, a capital da provincia occidental.

Kolombangara é moi boscosa, con poucos habitantes. Ten dous asentamentos notables: Ringgi e Mongga, o primeiro é o máis grande. A industria máis importante da illa neste momento é a explotación forestal.

Historia na segunda guerra mundial

[editar | editar a fonte]

Durante a segunda guerra mundial a illa e as súas augas foron o escenario de moitas loitas. O Exército Imperial xaponés utilizou unha pista de aterraxe nun terreo plano en Vila na costa sur da illa, que en maio de 1943 era a base de varias unidades militares con máis de dez mil soldados acuartelados no lado sueste da illa baixo o mando do xeneral Minoru Sasaki, nun intento de establecer unha liña de defensa a través das Salomón centrais. Batallas navais próximas foron a Batalla do Golfo de Kula e a batalla de Kolombangara.

A batalla máis famosa e sanguenta foi a misión de interceptar o tren de subministracións "Tokyo Express" no que se produciu o ataque e a explosión do barco torpedeiro dos EUA PT-109, mandado por John F. Kennedy. O vixilante costeiro, Sub Tenente Arthur Reginald Evans, que mandaba un posto de observación segredo na parte superior do volcán Monte Veve na illa, viu a explosión. Despois de transmitir a noticia da explosión e perda do PT-109, mandou en canoa a dous nativos das Illas Salomón, Biuku Gasa e Eroni Kumana, a buscar posibles sobreviventes. Os seus valentes esforzos conduciron ao posterior descubrimento e rescate de John F. Kennedy e a tripulación sobrevivente.

Tres noites máis tarde os destrutores lograron afundir os barcos de fornecemento e o illamento da gornición dos 12.400 soldados alí destinados. Os xaponeses evacuaron Kolombangara entre o 23 de setembro e o 4 de outubro de 1943.

En xaneiro de 1944 un destacamento de 1 oficial e 6 soldados rasos do 350º Rexemento de servizos xerais de enxeñeiros destinado en Munda plantaron verduras na pista de aterraxe xaponesa abandonada en Vila. O goberno británico proporcionou 16 nativos masculinos para axudar co proxecto. Coas sementes adquiridas a través da Cruz Vermella Internacional, moitas verduras e vexetais foron enviados ao hospital da base para complementar as comidas deshidratadas que se servían aos veteranos en recuperación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]