Khaled al-Asaad
Nome orixinal | (ar) خالد الأسعد |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de xaneiro de 1932 Tadmur, Siria |
Morte | 18 de agosto de 2015 (83 anos) Palmira, Siria |
Causa da morte | decapitación |
Educación | Universidade de Damasco |
Actividade | |
Campo de traballo | Arqueoloxía |
Ocupación | arqueólogo, historiador, catedrático, conservador |
Partido político | Partido Árabe Socialista Baaz |
Premios | |
| |
Khaled Mohamad al-Asaad (en árabe: خالد الأسعد), nado o 1 de xaneiro de 1932[1] en Palmira,[2] e finado o 18 de agosto de 2015 ibídem, foi un arqueólogo sirio e xefe de antigüidades na antiga cidade de Palmira, un lugar Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Ocupou este cargo durante máis de corenta anos.[3] Al-Asaad foi decapitado publicamante polo Estado Islámico (ISIS) o 18 de agosto de 2015, con oitenta e tres anos de idade.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Al-Asaad naceu en 1932 en Palmira, onde pasou a maior parte da súa vida.[4] Estoudo na Universidade de Damasco, onde obtivo un diploma en historia.[5] Al-Asaad foi pai de seis fillos e cinco fillas, unha das cales foi chamada Zenobia na honra da coñecida raíña de Palmira.[5]
Carreira arqueolóxica
[editar | editar a fonte]Durante a súa carreira, Al-Asaad dedicouse ás escavacións e restauración de Palmira. Converteuse no principal custodio do xacemento de Palmira en 1963, cargo que ocupou durante corenta anos.[6] As súas propias expedicións centráronse nas murallas de Palmira que datan de finais do século III,[7] e traballou con expedicións arqueolóxicas estadounidenses, polacas, alemás, francesas e suízas. O seu meirande logro foi a consideración de Palmira como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[5] Tamén dominaba o arameo e traduciu regularmente textos ata 2011.[3]
Dende 1974, Al-Asaad organizou exhibicións de antigüidades de Palmira.[8]
Cando se retirou en 2003, o seu fillo Walid relevouno no seu traballo en Palmira. Os dous foron detidos polo ISIS en agosto de 2015. Walid sobreviviu.[9]
Na política
[editar | editar a fonte]Crese que se uniu ao Partido Baaz Sirio por volta do ano 1954.[5] Porén, non está claro se era un partidario activo do goberno sirio de Bashar al-Assad.[9] Segundo The Economist, algúns afirmaron que era "un firme partidario" de Assad.[10]
Morte
[editar | editar a fonte]En maio de 2015, Tadmur (a cidade moderna de Palmira) e a antiga cidade adxacente de Palmira quedaron baixo o control do Estado Islámico de Iraq e Siria (ISIS).
Al-Asaad axudou a evacuar o museo da cidade antes de que ISIS tomase o control,[5] pero el mesmo foi capturado pola organización terrorista. Despois, ISIS torturou a Al-Asaad nun intento de descubrir a localización dos artefactos antigos que el axudou a ocultar.[11][12] Foi asasinado en Tadmur o 18 de agosto de 2015 aos oitenta e tres anos.[13]
The New York Times informou:
Despois de detelo durante semanas, os xihadistas arrastrárono o martes ata unha praza pública onde un espadachín enmascarado lle cortou a testa ante unha multitude, dixeron os familiares do Sr. Asaad. O seu corpo empapado de sangue foi entón suspendido dun semáforo cun fío vermello polos pulsos, coa cabeza apoiada no chan entre os seus pés e os lentes aínda postos, segundo unha foto distribuída nas redes sociais polos partidarios do Estado Islámico.[14]
Tras a morte de al-Asaad, ISIS colgou no seu cadáver un cartel no que se enumeraban os seus supostos "crimes": ser un "apóstata", representar a Siria en conferencias "infieis", servindo como "o director da idolatría" de Palmira, visitando o "herexe Irán", e comunicándose "cun irmán dos servizos de seguridade sirios".[14]
O seu cadáver foi exposto na nova sección de Palmira (Tadmur) e despois na sección antiga, cuxos tesouros xa demolira o ISIS.[12][14][15][16][17]
En febreiro de 2021, fontes estatais sirias informaron do descubrimento do cadáver de al-Asaad no campo, a 10 km ao leste de Palmira.[18]
Xunto con al-Asaad, Qassem Abdullah Yehya, o subdirector dos Laboratorios da DGAM, quen tamén protexeu o lugar de Palmira, foi asasinado polo ISIS mentres estaba de servizo o 12 de agosto de 2015. Tiña trinta e sete anos.[19]
Obras escollidas
[editar | editar a fonte]- Asaad, Khaled (1980). Nouvelles découvertes archéologiques en Syrie [New archaeological discoveries in Syria] (en francés). Damascus: Direction générale des antiquités et des musées. OCLC 602249622.; 2nd edition 1990.
- Asaad, Khaled; Bounni, Adnan (1984). Palmyra. Geschichte, Denkmäler, Museum (en alemán). Damascus: Direction générale des antiquités et des musées.
- Gawlikowski, Michael; Asaad, Khaled (1995). Palmyra and the Aramaeans. ARAM periodical 7. Oxford: The ARAM Society for Syro-Mesopotamian Studies. OCLC 68075497.
- Asaad, Khaled (1995). "Restoration Work at Palmyra". ARAM Periodical 7 (1): 9–17. OCLC 4632456923. doi:10.2143/ARAM.7.1.2002213.
- Asaad, Khaled; Yon, Jean-Baptiste (2001), Inscriptions de Palmyre. Promenades épigraphiques dans la ville antique de Palmyre (= Guides archéologiques de l'Institut Français d'Archéologie du Proche-Orient Bd. 3). Institut Français d'Archéologie du Proche-Orient, Beirut 2001; ISBN 2-912738-12-1.
- Asaad, Khaled; Schmidt-Colinet, Andreas (eds) (2013), Palmyras Reichtum durch weltweiten Handel. Archäologische Untersuchungen im Bereich der hellenistischen Stadt. 2 vols. Holzhausen, Vienna 2013; ISBN 978-3-902868-63-3, ISBN 978-3-902868-64-0.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hubbard, Ben (19 de agosto de 2015). "Syrian Expert Who Shielded Palmyra Antiquities Meets a Grisly Death at ISIS' Hands". The New York Times. Consultado o 2 de setembro de 2017.
- ↑ "Profile: Khaled al-Asaad". BBC News (en inglés). 2015-08-19. Consultado o 2018-08-26.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Syrian archaeologist 'killed in Palmyra' by IS militants". BBC News. 19 de agosto de 2015. Consultado o 19 de agosto de 2015.
- ↑ "Khaled al-Asaad: Authority on the antiquities of the Syrian city of Palmyra who was devoted to studying and protecting its treasures". The Independent. Consultado o 22 de agosto de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Davies, Caroline (19 de agosto de 2015). "Khaled al-Asaad profile: the Howard Carter of Palmyra". The Guardian. Consultado o 19 de agosto de 2015.
- ↑ Paraszczuk, Joanna (24 de agosto de 2015). "ISIS Killed Khalid al-Assad for Refusing to Betray Palmyra". The Atlantic. Consultado o 27 de agosto de 2015.
- ↑ "Khaled al-Asaad obituary". Telegraph. 2 de setembro de 2015. Consultado o 6 de outubro de 2015.
- ↑ Pierre Leriche. "Khaled al-Asaad, the martyr of Palmyra". The Conversation. Consultado o 6 de outubro de 2015.
- ↑ 9,0 9,1 "Profile: Khaled al-Asaad, Syria's 'Mr Palmyra'". BBC. 19 de agosto de 2015. Consultado o 21 de agosto de 2015.
- ↑ "Islamic State and antiquities: Nothing is sacred". The Economist. 22 de agosto de 2015. Consultado o 23 de agosto de 2015.
- ↑ "Isis beheads Palmyra scholar and hangs him from ruins he spent his life restoring". The Independent (en inglés). Consultado o 2018-08-26.
- ↑ 12,0 12,1 Aji, Albert; Mroue, Bassem (19 de agosto de 2015). "Islamic State beheads Syrian antiquities scholar in ancient town of Palmyra". U.S. News & World Report. Associated Press. Consultado o 19 de agosto de 2015.
- ↑ Domingo, Plácido (decembro de 2016). "End the International Destruction of Cultural Heritage". Vigilo (Din l-Art Ħelwa: National Trust of Malta) (48): 30–31. ISSN 1026-132X.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 Hubbard, Ben (19 de agosto de 2015). "Shielding Syrian Antiquities, to a Grisly Death at ISIS' Hands". The New York Times. Consultado o 21 de agosto de 2015.
- ↑ Islamic State militants behead archaeologist in Palmyra – Syrian official Arquivado 16 de febreiro de 2017 en Wayback Machine., Reuters, 18 de agosto de 2015.
- ↑ IS tötet früheren Chef-Archäologen von Palmyra, tagesschau.de, 19 de agosto de 2015.(en alemán)
- ↑ "Beheaded Syrian scholar refused to lead Isis to hidden Palmyra antiquities". The Guardian. 19 de agosto de 2015.
- ↑ ruaa-jazaeri (2021-02-07). "Three corpses found east of Palmyra, one believed to be for archeologist martyr al-Asa'ad". Syrian Arab News Agency (en inglés). Consultado o 2021-02-08.
- ↑ "Article: Two more 'EverySyrian' heroes murdered while protecting our shared cultural heritage". OpEdNews. Consultado o 22 de agosto de 2015.