Jean Kapata
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de decembro de 1960 (63 anos) |
Minister - Lands and Natural Resources (en) | |
11 de agosto de 2016 – 24 de agosto de 2021 | |
Membro da Assembleia Nacional da Zâmbia (pt) | |
11 de agosto de 2016 – Lexislatura: 12th National Assembly of Zambia (en) Circunscrición electoral: Mandevu (en) | |
Actividade | |
Ocupación | política, enfermeira |
Partido político | Frente Patriótica (Zâmbia) (pt) |
Jean Kapata, nada o 25 de decembro de 1960, é unha enfermeira e política zambiana[1], Presidenta da Fronte Patriótica[2] durante as eleccións e Ministra de Terras e Recursos Naturais de Zambia desde setembro de 2016.[3][4][5][6]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kapata ten un diploma en enfermaría e traballou como enfermeira no quirófano antes de ser elixida para representar ao distrito electoral de Mandevu nas eleccións de 2006 pola Fronte Patriótica. Traballou como Ministra de Turismo e Artes, e logo traballou como Viceministra de Desenvolvemento Comunitario e Saúde Materno-infantil.[7][8] Kapata ocupouse de prestar servizos sociais nun distrito electoral densamente poboado, onde as cuestións de seguridade, saneamento e saúde eran un reto.[9] Foi reelixida en 2011 e en 2016 e foi nomeada Ministra de Terras e Recursos Naturais.[10][11]
Kapata expresara preocupación polo aumento da degradación forestal e o aumento da taxa de deforestación producida pola recolección ilegal de madeira, as malas prácticas agrícolas e os incendios.[12] A Axencia de Investigación Ambiental acusouna de facilitar operacións de tráfico ilegal de árbores de palisandro de mukula, que están ao bordo da extinción e de devastar recursos naturais, os bosques vulnerables e ameazar os medios de subsistencia das comunidades nativas.[13][14]
Como Ministra, expresou que os investidores e os líderes tradicionais deben buscar a orientación do Ministerio de Terras antes de que se poidan comprar, vender ou asignar grandes extensións de terra.[15]
Está casada, é nai e avoa.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Zambia : Jean Kapata Warns Chiefs against allocation land without following correct Procedure" (en inglés). 4 de xuño de 2020. Consultado o 16 de setembro de 2020.
- ↑ "Zambia : PF not in support of people declaring themselves as parliamentary aspiring candidates-Kapata" (en inglés). 6 de febreiro de 2016. Consultado o 16 de setembro de 2020.
- ↑ "Jean Kapata National Assembly of Zambia". Consultado o 16 de setembro de 2020.
- ↑ "Zambia : Jean Kapata calls for unity in PF" (en inglés). 20 de decembro de 2015. Consultado o 16 de setembro de 2020.
- ↑ "Ambassador Li Jie Calls on Hon. Jean Kapata, Minister of Lands and Natural Resources". Consultado o 16 de setembro de 2020.
- ↑ "Jean Kapata -Minister - Lands and Natural Resources (Sep-2016) National Assembly of Zambia". Consultado o 16 de setembro de 2020.
- ↑ "TBY talks to The Hon. Jean Kapata, Minister of Tourism & Arts". Consultado o 16 de setembro de 2020.[Ligazón morta]
- ↑ "THE IMPACT OF FEMALE MPs ON THE ZAMBIAN PARLIAMENT" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de setembro de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2021.
- ↑ "Jean Kapata Will Win Mandevu Constituency" (en inglés). 31 de xullo de 2016. Consultado o 16 de setembro de 2020.
- ↑ "Kapata Links Riotous Behaviour To Politicians Desperate For Plot One" (en inglés). 14 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2020. Consultado o 16 de setembro de 2020.
- ↑ "Zambia : Jean Kapata appalled by People in Ndola building Houses in Graveyards" (en inglés). 15 de agosto de 2020. Consultado o 16 de setembro de 2020.
- ↑ "Deforestation worries minister Kapata – Zambia Daily Mail". Consultado o 16 de setembro de 2020.
- ↑ "Zambia's forests urgently need protection". Consultado o 16 de setembro de 2020.[Ligazón morta]
- ↑ "Call for full investigation into reports of high-level corruption in…" (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2020.
- ↑ "Zambia : Jean Kapata Warns Chiefs against allocation land without following correct Procedure" (en inglés). 4 de xuño de 2020. Consultado o 16 de setembro de 2020.
- ↑ "Zambia : First Lady officiates at the wedding ceremony of Jean Kapata's daughter" (en inglés). 22 de decembro de 2013. Consultado o 16 de setembro de 2020.