III Asemblea Agraria de Galicia
Aparencia
III Asemblea Agraria de Galicia | |
---|---|
III Asemblea Agraria de Monforte (1911). | |
Tipo | congreso |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
A III Asemblea Agraria de Galicia celebrouse en Monforte de Lemos o 13 e 15 de agosto de 1911.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Estivo presidida por Rodrigo Sanz, formando a mesa Ambrosio Landeira da sociedade de Serantes, pola Coruña, Adolfo Ortigueira da sociedade de Lérez, por Pontevedra, Manuel Vázquez do Carballiño, por Ourense, e Juan Méndez Fernández, sacerdote, do Sindicato Agrícola do Páramo, por Lugo, e como secretarios actuaron Santiago Casares Quiroga e Victoriano Rodríguez Gómez.[1][2] Participaron 89 sociedades, 9 periódicos e 8 entidades oficiais. Renunciouse á creación dunha federación galega, que fora unha proposta da anterior Asemblea, e insistiuse na organización de sociedades comarcais.