Hermisende
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Zamora | |||
Capital | Hermisende | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 233 (2023) (2,14 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 108,79 km² | |||
Altitude | 853 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | José Ignacio González Nieto | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 49572 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 49094 | |||
Páxina web | hermisende.com |
Hermisende é un concello das Portelas na comarca de Seabra, ó noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León. Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos falantes de galego fóra do territorio da comunidade autónoma de Galicia. O xentilicio é «hermisendeiro».[1]
A localidade de Hermisende pertenceu a Portugal ata a Guerra de Restauración portuguesa en 1640, tal como as aldeas veciñas de San Ciprao e da Teixeira. Chamábase até entón Ermesende, pronuncia que continúa sendo popular no lugar, mesmo articulada con [z] sonora entre os máis vellos.
Neste concello sitúase un dos contrafortes do Penedo dos Tres Reinos, que outrora marcaba a fronteira entre os Reinos de Portugal, León e Galiza.
Poboación
[editar | editar a fonte]Hermisende posúe unha poboación moi avellentada, onde só o 2,55% da poboación (8 persoas) ten 15 anos ou menos (SIE 2010).
2000 | 2010 |
---|---|
444 | 313 |
Parroquias
[editar | editar a fonte]- Hermisende
- A Teixeira
- San Ciprián ou San Cibrao
- Castrelos
- Castromil
Festas
[editar | editar a fonte]- Sagrado Corazón de Xesús: Unha semana despois do Corpus Christi.
- Festas en honor da Virxe da Asunción e San Roque: 15 e 16 de agosto.
- Tradicional volta á vila e carreira popular: 14 de agosto.
- Magosto: Na ponte de Todos os Santos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 40. ISBN 978-84-8158-706-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hermisende |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web do concello (en castelán)
- "A fala de San Ciprián de Hermisende" (Capítulo 393 de Ben falado!, 22 de decembro de 2010)