Saltar ao contido

Hendrick Cornelisz. van Vliet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHendrick Cornelisz. van Vliet
Nome orixinal(nl) Hendrick Corneliszoon van Vliet Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1611 Editar o valor en Wikidata
Delft, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte28 de outubro de 1675 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Delft, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgrexa vella de Delft Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Delft Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1635 Editar o valor en Wikidata - 1672 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteThe Great Theatre of Dutch Painters (en) Traducir, (sec:Hendrick Cornelisz. van Vliet)
Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1718726

Hendrick Cornelisz. van Vliet, nado arredor de 1611 na cidade surholandesa de Delft e finado na mesma cidade en 1675, foi un pintor dos Países Baixos do século de ouro holandés, membro da Escola de Delft, particularmente coñecido polas súas obras destinadas á decoración do interior de igrexas.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Retrato de Michiel van der Dussen, a súa muller, Wilhelmina van Setten, e os seus fillos (1640), Van Vliet, Colección Stedelijk, Museo Prinsenhof, Delft

Nos seus primeiros anos en Delft estudou pintura baixo a dirección do seu tío Willem van der Vliet (ca. 1584-1642) e en 1632 fíxose membro do gremio de pintores de San Lucas ("Guilda de San Lucas") da mesma cidade.[4]

Os comezos da súa carreira artística veñen marcados pola pintura de edificios relixiosos, na liña do pintor Pieter Saenredam. Entre outras, encárganlle a pintura da igrexa de San Pedro, en Leiden, e, particularmente, a Igrexa Vella (Oude Kerk) e a Igrexa Nova (Nieuwe Kerk) da súa vila natal de Delft. 

Van Vliet resultou moi impresionado pola poderosa renovación que Gerrit Houckgeest lle achegou ao desenvolvemento da perspectiva a partir de 1650.[5]

Faleceu en 1675 na cidade onde nacera e onde desenvolveu o máis salientable da súa traxectoria artística, e foi soterrado o 28 de outubro dese mesmo ano na Igrexa Vella (Oude Kerk), que anos antes se encargara de decorar.[6]

A súa obra

[editar | editar a fonte]
A tumba de Guillerme o Taciturno na Igrexa Nova. Hendrick van Vliet, 1650

As obras van Vliet pódense contemplar nos seguintes museos:[7][8]

  1. "Hendrick Cornelisz van Vliet". En Essential Vermeer (en inglés)
  2. Liedtke, W.A. "Hendrik van Vliet and the Delft School, Museum News". En The Toledo Museum of Art 21. 1979. P. 40-52 (en inglés)
  3. Notas biográficas de Hendrick van Vliet. En Web Gallery of Art (en inglés)
  4. "Vliet (Hendrick van of van der)". En Vander Aa, A.J. Biographisch Woordenboek der Nederlanden. XIX. Haarlem, 1876. P. 288 (en neerlandés)
  5. "Hendrick van Vliet". En Liedtke, Walter. Dutch Paintings in the Metropolitan Museum of Art. Nova York, 2007. P. 921-924 [ISBN 978-1-58839-273-2] (en inglés)
  6. Listaxe de personaxes soterrados na Igrexa Vella de Delft Arquivado 11 de outubro de 2017 en Wayback Machine., no sitio web oficial da igrexa (en inglés e castelán)
  7. "Hendrick van Vliet". Instituto de Historia da Arte dos Países Baixos (en neerlandés)
  8. Obras de Van Vliet. En Web Gallery of Art (en inglés)
  9. Ficha da obra "Interior of the Oude Kerk, Delft" na web oficial do Museo Metropolitano de Arte de Nova York (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]