Helen Clark
Helen Elizabeth Clark, nada o 20 de febreiro de 1950 en Hamilton, é actualmente directora do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento. Foi primeira ministra de Nova Zelandia desde o 5 de decembro de 1999 ata o 18 de novembro de 2008.
Foi a segunda muller en ser primeiro ministro en Nova Zelandia, logo de gañar a elección de 1999. Anteriormente, Jenny Shipley foi tamén primeira ministra. Clark gañou tres eleccións seguidas. Foi forte opositora á invasión de Iraq, liderada polos Estados Unidos. Baixo o seu mandato enviáronse tropas a Afganistán para axudar á súa reconstrución. Apoia as políticas antinucleares de Nova Zelandia dos últimos 20 anos.
Helen Clark é Membro Honorario da Fundación Internacional Raoul Wallenberg. Pertence ao Partido Laborista de Nova Zelandia.