Saltar ao contido

Gryllotalpidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gryllotalpidae
Rango fósil: Cretáceo - presente

Gryllotalpa brachyptera
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Orthoptera
Familia: Gryllotalpidae
Saussure, 1870
Distribución de Gryllotalpa, Scapteriscus, Neocurtilla
Distribución de Gryllotalpa, Scapteriscus, Neocurtilla

Os Gryllotalpidae son unha familia da orde dos ortópteros.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Teñen entre 3 e 5 centímetros de lonxitude, con grandes ollos redondos e patas dianteiras similares a pas, desenvolvida para escavar e nadar. Amais poden voar, chegando a desprazarse os exemplares adultos até 8 km durante a época de apareamento. Están activos a maior parte do ano, pero pasan o inverno hibernando. Os exemplares máis novos teñen as ás máis curtas, e a súa aparencia varía dependendo da especie, asemellándose con algúns saltóns ou formigas moi grandes, ou, mesmo se as ás son moi pequenas, con térmites de cor escura.

Avespa comendo nun cadáver de grilo ceboleiro en Marcón (Pontevedra).

Son bastante comúns, pero son pouco vistos por seren nocturnos e desenvolver boa parte da súa vida en grandes sistemas de túneles. Son omnívoros, comendo larvae, vermes, raíces, e herbas. Entre os seus predadores están os paxaros, ratos, e raposos, e as avespas comen os seus cadáveres. Larra bicolor é un parasito do xénero Scapteriscus.

Amplifican o seu canto coa axuda dun corno de dobre saída, que actúa como un megáfono[1]. Están presentes en todos os continentes agás na Antártida, se ben nalgunhas zonas o seu número descende por mor da erosión e a destrución do hábitat. Adoitan ser considerados pragas. No leste de Asia ás veces se utilizan como alimento humano (fritos).

Ciclo vital.
  1. (Dawkins, The Selfish Gene, pg. 63)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]