Saltar ao contido

Gran Premio dos Estados Unidos de 1976

Modelo:Competición deportivaGran Premio dos Estados Unidos de 1976
Nome oficialXIX United States Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio dos Estados Unidos Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1976 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento59 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Watkins Glen (Dix (en) Traducir) 42°20′13″N 76°55′38″O / 42.336944444444, -76.927222222222 Editar o valor en Wikidata
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Data10 de outubro de 1976 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoJames Hunt Editar o valor en Wikidata
Pole positionJames Hunt Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio dos Estados Unidos de 1976 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 10 de outubro de 1976 no circuíto de Watkins Glen. Foi a 15ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1976, e o 26º Gran Premio dos Estados Unidos desde o primeiro Gran Premio de América que se celebrou en 1908 e a 19º desde o primeiro Gran Premio dos Estados Unidos en Riverside de 1958.

O austríaco Niki Lauda chegou aos Estados Unidos para a penúltima carreira de 1976 cunha vantaxe no campionato de pilotos de oito puntos sobre o británico James Hunt. Lauda lograra comodamente cinco vitorias nas nove primeiras carreiras da tempada, antes do seu terrible accidente e que a piques estivo de custarlle a vida en Nürburgring en agosto. Hunt logo gañou tres das seguintes cinco carreiras, incluíndo Alemaña onde Lauda resultou ferido. Lauda recuperouse rapidamente para competir en Italia e Canadá (gañado por Hunt), pero a loita polo título estaba moi interesante.

Hunt e Patrick Depailler, que pilotaba un dos Tyrrell de seis rodas, loitaban pola pole, cando Depailler marchaba detrás do McLaren de Hunt, unha botella de aire do compresor de arranque do McLaren caeuse e golpeou as dúas rodas dianteiras esquerdas do Tyrrell e o monocasco. Romperon ambas rodas, e incluso logo de parar para substituílas, a dirección de Depailler estaba fóra de liña, e só puido ser o sétimo máis rápido. Máis tarde, cando Hunt parou nos pits á beira dunha botella de aire de 150 libras, Rob Walker preguntoulle: "¿Foi a que botaches a Depailler?" James respondeu: "Non, a gardamos para Niki o domingo!".

Durante a noite, nevou sobre o circuíto, pero finalmente o domingo saíu o sol e quentou a pista para os máis de 100.000 espectadores, que acudiron a ver a batalla polo campionato. No semáforo, Scheckter saíu por diante de Hunt e chegou á primeira curva. Eran seguidos por Brambilla, Peterson, Lauda, Depailler, o Penske de John Watson, o Lotus de Mario Andretti e o Ligier de Jacques Laffite.

Scheckter e Hunt comezou a afastarse de inmediato, co Tyrrell 2´5 segundos por diante logo de cinco voltas. Logo de catro voltas, Lauda pasou a terceira posición, 5´8 segundos por detrás de Hunt. Mentres tanto, unha batalla estábase librando no cuarto lugar entre Brambilla, Peterson, Laffite, Carlos Pace, Watson, Clay Regazzoni, Andretti e Jochen Mass. Hans-Joachim Stuck, que desperdiciara o sexto lugar da pole, loitaba para chegar ao final deste grupo.

Por detrás, na volta 15, o Ensign de Jacky Ickx saíuse na curva 6. O coche golpeou a barreira Armco de fronte volvendo de novo á pista en chamas. Ickx saíu dos restos da cabina e coxeou ata o céspede, onde se derrubou con lesións en ambas pernas e os nocellos. Foi incriblemente afortunado de saír vivo; Emerson Fittipaldi, marchaba detrás, dixo que era un dos peores accidentes que xamais vira, e que puido oír a explosión do coche ao golpear a barreira por encima do ruído do seu motor e a través do seu casco e tapóns para os oídos.

Na parte dianteira, o Tyrrell de Scheckter foi perdendo agarre cando a súa carga de combustible alixerouse, e Hunt marchaba máis rápido no McLaren. A brecha pechouse a 1´3 segundos na volta 29, e a medio segundo na volta 30. Para rematar, na volta 37, na que Hunt ao final da recta de atrás tomou a dianteira. Afastouse por máis de dous segundos nas seguintes dúas voltas, pero na volta 41, falloulle unha marcha na chicane ao tratar de adiantar a algúns dos dobrados, e Scheckter adiantouno de novo. O surafricano mantivo a súa vantaxe ata a volta 46, cando Hunt pasoulle outra vez ao final da recta e tomou a vantaxe definitiva para lograr a súa sexta vitoria da tempada. Tan só a seis voltas do final, na volta 53, Hunt marcou a volta rápida da carreira, xa que Scheckter se asegurou de manter o seu segundo posto.

Lauda, loitando coa sobre viraxe cos pneumáticos duros polo frío, apenas logrou bater a Mass, o compañeiro no equipo McLaren de Hunt na liña de meta para manter a súa terceira posición. O valor do austríaco quedou evidente para os admiradores, fotógrafos e personalidades que o rodeaban cando saíu do seu coche e quitouse o casco para revelar un pasamontañas empapado en sangue. Logrou catro valiosos puntos no Campionato, e chegaba con tres puntos de vantaxe para a seguinte carreira.

Cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 11 James Hunt McLaren-Ford 1:43.622
2 3 Unión Sudafricana Jody Scheckter Tyrrell-Ford 1:43.870 + 0.248
3 10 Ronnie Peterson March-Ford 1:43.941 + 0.319
4 9 Italia Vittorio Brambilla March-Ford 1:44.250 + 0.628
5 1 Austria Niki Lauda Ferrari 1:44.257 + 0.635
6 34 Alemaña Hans Joachim Stuck March-Ford 1:44.265 + 0.643
7 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 1:44.516 + 0.894
8 28 John Watson Penske-Ford 1:44.719 + 1.097
9 16 Tom Pryce Shadow-Ford 1:45.102 + 1.480
10 8 Carlos Pace Brabham-Alfa Romeo 1:45.274 + 1.652
11 5 Mario Andretti Lotus-Ford 1:45.311 + 1.689
12 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 1:45.324 + 1.702
13 7 Australia Larry Perkins Brabham-Alfa Romeo 1:45.363 + 1.741
14 2 Suíza Clay Regazzoni Ferrari 1:45.534 + 1.912
15 30 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 1:45.646 + 2.024
16 17 Francia Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 1:45.979 + 2.357
17 12 Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford 1:46.067 + 2.445
18 19 Australia Alan Jones Surtees-Ford 1:46.402 + 2.780
19 22 Bélxica Jacky Ickx Ensign-Ford 1:46.605 + 2.983
20 6 Gunnar Nilsson Lotus-Ford 1:46.776 + 3.154
21 24 Austria Harald Ertl Hesketh-Ford 1:49.418 + 5.796
22 25 Alex Ribeiro Hesketh-Ford 1:49.669 + 6.047
23 21 Australia Warwick Brown Wolf-Williams-Ford 1:51.124 + 7.502
24 18 Brett Lunger Surtees-Ford 1:51.373 + 7.751
25 20 Italia Arturo Merzario Wolf-Williams-Ford 2:00.932 + 17.310
26 38 Francia Henri Pescarolo Surtees-Ford 2:05.211 + 21.589
27 39 Austria Otto Stuppacher Tyrrell-Ford 2:11.070 + 27.448

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 11 James Hunt McLaren-Ford 59 1:42:40.742 1 9
2 3 Unión Sudafricana Jody Scheckter Tyrrell-Ford 59 + 8.030 sec 2 6
3 1 Austria Niki Lauda Ferrari 59 + 1:02.324 5 4
4 12 Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford 59 + 1:02.458 17 3
5 34 Alemaña Hans Joachim Stuck March-Ford 59 + 1:07.978 6 2
6 28 John Watson Penske-Ford 59 + 1:08.190 8 1
7 2 Suíza Clay Regazzoni Ferrari 58 + 1 volta 14
8 19 Australia Alan Jones Surtees-Ford 58 + 1 volta 18
9 30 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 57 + 2 voltas 15
10 17 Francia Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 57 + 2 voltas 16
11 18 Brett Lunger Surtees-Ford 57 + 2 voltas 24
12 25 Alex Ribeiro Hesketh-Ford 57 + 2 voltas 22
13 24 Austria Harald Ertl Hesketh-Ford 54 + 5 voltas 21
14 21 Australia Warwick Brown Wolf-Williams-Ford 54 + 5 voltas 23
NC 38 Francia Henri Pescarolo Surtees-Ford 48 26
Ret 16 Tom Pryce Shadow-Ford 45 Motor 9
Ret 9 Italia Vittorio Brambilla March-Ford 34 Pneu. 12
Ret 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 34 Pneu. 4
Ret 8 Carlos Pace Brabham-Alfa Romeo 31 Colisión 10
Ret 7 Australia Larry Perkins Brabham-Alfa Romeo 30 Suspensión 13
Ret 5 Mario Andretti Lotus-Ford 23 Suspensión 11
Ret 22 Bélxica Jacky Ickx Ensign-Ford 14 Accidente 19
Ret 6 Gunnar Nilsson Lotus-Ford 13 Motor 20
Ret 10 Ronnie Peterson March-Ford 12 Suspensión 3
Ret 20 Italia Arturo Merzario Wolf-Williams-Ford 9 Accidente 25
Ret 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 7 Tubo combustible 7
NSC 39 Austria Otto Stuppacher Tyrrell-Ford -
  • O terceiro posto de Lauda asegurou o Campionato de Construtores para Ferrari, a falta dunha carreira.
  • Derradeira carreira: Henri Pescarolo

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 7 mellores resultados das primeiras 8 roldas e os 7 mellores resultados das últimas 8 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.


Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 1976
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1976
Carreira seguinte:
Gran Premio do Xapón de 1976
Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1975
Gran Premio dos Estados Unidos Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1977

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Doug Nye (1978). The United States Grand Prix and Grand Prize Races, 1908-1977. B. T. Batsford. ISBN 0-7134-1263-1
  • Rob Walker (xaneiro de 1977). "18th United States Grand Prix: An Evening At The Glen". Road & Track, 81-84.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]