Gran Premio do Reino Unido de 1951
Nome oficial | IV RAC British Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Reino Unido |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951 |
Distancia do evento | 90 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Silverstone (Silverstone) 52°04′30″N 1°01′00″O / 52.075, -1.0167 |
Lonxitude | 5,891 km |
País | Reino Unido |
Data | 14 de xullo de 1951 |
Competición | |
Primeiro posto | José Froilán González |
Pole position | José Froilán González |
Volta máis rápida | Nino Farina |
O Gran Premio do Reino Unido de 1951 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 14 de xullo de 1951 no circuíto de Silverstone, Silverstone, Inglaterra. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 1951. A carreira, disputada sobre 90 voltas foi a primeira vitoria de José Froilán González, e tamén a primeira de moitas para o equipo Ferrari. Tanto o equipo como o piloto tamén lograron a súa primeira pole position durante a fin de semana. Juan Manuel Fangio terminou segundo nun Alfa Romeo e Luigi Villoresi terceiro en Ferrari.
Informe
[editar | editar a fonte]José Froilán González foi un segundo máis rápido que Juan Manuel Fangio na clasificación, logrando a primeira pole position da súa carreira. Tamén foi a primeira pole position para o equipo Ferrari, e a primeira no Campionato do Mundo (con exclusión das carreiras das 500 Millas de Indianápolis), non marcada por un Alfa Romeo. Nino Farina e Alberto Ascari cualificaron en terceira e cuarta posición, completando a primeira fila. González e Fangio saíron disparados case en paralelo desde a primeira fila da grella, seguidos de cerca polos outros Alfa Romeo e Ferraris. O piloto de Alfa Romeo Felice Bonetto, que saíu na sétima posición, foi o primeiro home na primeira curva, co Ferrari de González en segunda posición. González tomou o liderado de Bonetto na segunda volta, seguido de Fangio. Os BRM de Reg Parnell e Peter Walker foron en persecución dos líderes. O equipo chegara no último minuto, e non participara nas practicas, nin sequera clasificou para a súa primeira carreira, saíndo nas posicións 19 e 20. Na volta 6, Fangio comezou a achegarse a González, ó que lle pasou na recta na volta 10, e aos poucos comezou a afastarse. O Maserati de John James converteuse no primeiro retirado da carreira na volta 23 cun problema no radiador, pero pronto se lles uniron Luís Quirón, compañeiro de equipo en Maseratti, o Ferrari de Alberto Ascari e Farina. Farina detívose na curva da Abadía logo de 75 voltas co embrague patinándolle e o seu motor en chamas. Farina estabelecera a volta rápida na volta 38, cun tempo de 1 minuto 44 segundos, cunha velocidade media de 99´99 quilómetros por hora, asegurando un punto esa fin de semana. González volveu tomar a dianteira na volta 39 cun adiantamento na curva Becketts. Mantivo a súa vantaxe durante o resto da carreira (con exclusión dunha volta, cando entrou en boxes xusto antes de que o fixera Fangio). Os pilotos de BRM Parnell e Walker seguían correndo, a pesar de que estaban sufrindo queimaduras nas mans e nos pés, finalmente, acabarían quinto e sétimo respectivamente. González logrou a súa primeira vitoria e a de Ferrari nunha carreira do Campionato do Mundo por 51 segundos. Foi a primeira carreira do Campionato Mundial (con exclusión da Indy 500), que non foi gañado por un Alfa Romeo. Con todo un Alfa aínda estaba en segundo lugar, o de Fangio, campión ao final da tempada. Luigi Villoresi levou ao segundo Ferrari ao podio despois de terminar en terceiro lugar, dúas voltas atrás. Bonetto e Parnell foron os outros dous anotadores de puntos na carreira, acabando en cuarta e quinta posición respectivamente. Ao final resultou que, González competira cun chasis e un motor máis vello que os dos seus compañeiros de equipo, Villoresi e Ascari.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 12 | José Froilán González | Ferrari | 1:43.4 | – |
2 | 2 | Juan Manuel Fangio | Alfa Romeo | 1:44.4 | + 1.0 |
3 | 1 | Nino Farina | Alfa Romeo | 1:45.0 | + 1.6 |
4 | 11 | Alberto Ascari | Ferrari | 1:45.4 | + 2.0 |
5 | 10 | Luigi Villoresi | Ferrari | 1:45.8 | + 2.4 |
6 | 3 | Consalvo Sanesi | Alfa Romeo | 1:50.2 | + 6.8 |
7 | 4 | Felice Bonetto | Alfa Romeo | 1:52.0 | + 8.6 |
8 | 14 | Peter Whitehead | Ferrari | 1:54.6 | + 11.2 |
9 | 22 | Louis Rosier | Talbot-Lago-Talbot | 1:56.0 | + 12.6 |
10 | 8 | Bob Gerard | ERA | 1:57.0 | + 13.6 |
11 | 18 | Duncan Hamilton | Talbot-Lago-Talbot | 1:57.2 | + 13.8 |
12 | 9 | Brian Shawe-Taylor | ERA | 1:58.2 | + 14.8 |
13 | 23 | Louis Chiron | Talbot-Lago-Talbot | 2:00.2 | + 16.8 |
14 | 25 | Johnny Claes | Talbot-Lago-Talbot | 2:05.8 | + 22.4 |
15 | 15 | David Murray | Maserati | 2:06.0 | + 22.6 |
16 | 17 | Philip Fotheringham-Parker | Maserati | 2:13.2 | + 29.8 |
17 | 16 | John James | Maserati | 2:17.0 | + 33.6 |
18 | 23 | Joe Kelly | Alta | 2:18.4 | + 35.0 |
19 | 7 | Peter Walker | BRM | Sen tempo | – |
20 | 6 | Reg Parnell | BRM | Sen tempo | – |
Carreira
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 12 | José Froilán González | Ferrari | 90 | 2:42:18.2 | 1 | 8 |
2 | 2 | Juan Manuel Fangio | Alfa Romeo | 90 | +51.0 | 2 | 6 |
3 | 10 | Luigi Villoresi | Ferrari | 88 | +2 voltas | 5 | 4 |
4 | 4 | Felice Bonetto | Alfa Romeo | 87 | +3 voltas | 7 | 3 |
5 | 6 | Reg Parnell | BRM | 85 | +5 voltas | 20 | 2 |
6 | 3 | Consalvo Sanesi | Alfa Romeo | 84 | +6 voltas | 6 | |
7 | 7 | Peter Walker | BRM | 84 | +6 voltas | 19 | |
8 | 9 | Brian Shawe-Taylor | ERA | 84 | +6 voltas | 12 | |
9 | 14 | Peter Whitehead | Ferrari | 83 | +7 voltas | 8 | |
10 | 22 | Louis Rosier | Talbot-Lago-Talbot | 83 | +7 voltas | 9 | |
11 | 8 | Bob Gerard | ERA | 82 | +8 voltas | 10 | |
12 | 18 | Duncan Hamilton | Talbot-Lago-Talbot | 81 | +9 voltas | 11 | |
13 | 25 | Johnny Claes | Talbot-Lago-Talbot | 80 | +10 voltas | 14 | |
Ret | 1 | Nino Farina | Alfa Romeo | 75 | Embrague | 3 | 1 |
NC | 23 | Joe Kelly | Alta | 75 | Non clasificado | 18 | |
Ret | 11 | Alberto Ascari | Ferrari | 56 | Caixa de cambios | 4 | |
Ret | 17 | Philip Fotheringham-Parker | Maserati | 46 | Fuga de aceite | 16 | |
Ret | 15 | David Murray | Maserati | 45 | Motor | 15 | |
Ret | 23 | Louis Chiron | Talbot-Lago-Talbot | 41 | Freos | 13 | |
Ret | 16 | John James | Maserati | 23 | Radiador | 17 |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]Pos | Piloto | Puntos | |
---|---|---|---|
1 | Juan Manuel Fangio | 21 | |
2 | Nino Farina | 15 | |
2 | 3 | Luigi Villoresi | 12 |
5 | 4 | José Froilán González | 11 |
2 | 5 | Lee Wallard | 9 |
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os catro mellores resultados contan para o campionato.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "GRAND PRIX RESULTS: BRITISH GP, 1951". grandprix.com. Consultado o 1 April 2012.
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-05.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Reino Unido de 1951 |
Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1951 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1951 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 1951 |
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1950 |
Gran Premio do Reino Unido | Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1952 |