Gordon Bajnai
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1968 (56 anos) Szeged, Hungría |
Membro da Asemblea Nacional de Hungría | |
6 de maio de 2014 – 26 de maio de 2014 (dimisión) Lexislatura: 2014–2018 legislative term (en) Electo en: 2014 Hungarian parliamentary election (en) | |
Primeiro ministro de Hungría | |
14 de abril de 2009 – 29 de maio de 2010 ← Ferenc Gyurcsány – Viktor Orbán (mul) → | |
Datos persoais | |
Educación | Corvinus University of Budapest (en) (–1991) |
Actividade | |
Campo de traballo | Política, goberno, economía e empreendedorismo (pt) |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas Budapest |
Ocupación | político, emprendedor, economista, ministro |
Partido político | Together 2014 (en) |
Posición de xogo | Gardameta |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Lentapedia |
György Gordon Bajnai, nado o 5 de marzo de 1968 en Szeged (Hungría), foi Primeiro Ministro de Hungría dende o 14 de abril de 2009 até o 29 de maio de 2010. En marzo de 2009, sucedeu a Ferenc Gyurcsány despois de ter anunciada a súa dimisión, sendo Bajnai nomeado pola decisión do Partido Socialista Húngaro como Primeiro Ministro.[1]
Educación e política
[editar | editar a fonte]Bajnai medrou en Baja, Hungría. Formouse na Universidade de Ciencias Económicas de Budapest (agora Universidade Corvinus), no Departamento de Relacións Internacionais, en 1991.
Carreira empresarial
[editar | editar a fonte]Despois de concluír a súa mestría, Bajnai traballou na Creditum Financial Consulting Ltd. (onde Ferenc Gyurcsány traballaba). En 1993, fixo prácticas de empresa no Banco Europeo de Reconstrución e Desenvolvemento, en Londres, e máis tarde traballou na Eurocorp International Finance Ltd. (novamente baixo a dirección de Ferenc Gyurcsány).
Entre 1995 e 2000, Bajnai foi o director executivo da CA IB Securities Co. e Vice-Presidente Executivo (ao mesmo tempo que András Simor, agora xefe do Banco Nacional de Hungría). Bajnai estivo envolvido na xestión da introdución de varias grandes empresas para a bolsa de valores.
Entre 2000 e 2005, foi Presidente Executivo de Wallis RT., unha empresa intimamente asociada co Partido Socialista Húngaro. Durante o mesmo período, foi membro do Consello de Administración de Graboplast (2001 e 2005) e de Raba (2003 e 2005), dúas empresas de Győr.
En 2003, a Asociación Nacional de Xerentes distinguiu Bajnai como o "Mozo Xestor do Ano". No mesmo ano, como presidente da Wallis, concluíu a liquidación dunha empresa chamada Hajdú-Bet, durante a cal un gran número de fornecedores sufriron grandes perdas. Durante varios anos, Bajnai foi fortemente criticado por iso.[2][3][4][5][6][7][8]
En 2005, foi presidente do Aeroporto de Budapest Inc., e membro do Comité de Fiscalización de Zwack Inc, e ademais membro do Consello Económico da Universidade Corvinus de Budapest.
Carreira política
[editar | editar a fonte]Bajnai recibiu o primeiro posto de traballo gobernamental en 2006, xa que o 1 de xullo, o Primeiro Ministro daquel entón, Ferenc Gyurcsány convidouno a ser o presidente da Axencia Nacional de Desenvolvemento. Logo substituíu a Mónika Lamperth no cargo ministerial do Goberno local en 2007, e despois de que o SZDSZ deixase o goberno de coalición, asumiu a carteira do recentemente formado Ministerio Nacional de Desenvolvemento Económico.
En marzo de 2009, o Primeiro Ministro Ferenc Gyurcsány anunciou que entregaría o seu posto ao político co maior apoio dos partidos do Parlamento húngaro. A Alianza dos Demócratas Libres (SZDSZ) opúxose aos candidatos propostos para o cargo polos socialistas húngaros, mais o 30 de marzo de 2009, Gordon Bajnai conseguiu obter o apoio de ambas as partes. A moción construtiva de non confianza contra Ferenc Gyurcsány tivo lugar o día 14 de abril, sendo nomeado Primeiro Ministro Bajnai ese mesmo día. O apoio público a Bajnai, como sendo o mellor Primeiro Ministro de entre unha lista de candidatos, apenas foi do 8% na véspera do seu nomeamento como candidato a Primeiro Ministro.[9] Este valor baixo permaneceu constante despois de dous meses en funcións.[10]
Primeiro Ministro
[editar | editar a fonte]O Parlamento elixiu a Bajnai como Primeiro Ministro de Hungría con 204 votos a favor e 8 abstencións. Os restantes deputados non votaron.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Novo candidato a Primeiro Ministro de Hungría
- ↑ Bajnai Gordon visszaszól (Hajdu-Bet ügy
- ↑ "A képviselők irodaházánál tüntettek um Hajdú-Bet károsultjai". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2010. Consultado o 02 de decembro de 2009.
- ↑ Bajnai "Hajdú-Bet-es barátaié" az uniós források kommunikációja
- ↑ Bajnai Gordon: Hajdu-Bet 1[Ligazón morta]
- ↑ Bajnai Gordon: Hajdu-Bet 2
- ↑ html Bajnai Gordon: Hajdu-Bet 3[Ligazón morta]
- ↑ Bajnai Gordon: Hajdu-Bet 4[Ligazón morta]
- ↑ O apoio público ao nomeamento de Bajnai é apenas do 8%[Ligazón morta]
- ↑ "Bajnai és Morvai fej-fej Mellett". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2009. Consultado o 02 de decembro de 2009.
Predecesor: Ferenc Gyurcsány |
Primeiro Ministro de Hungría 2009 - |
Sucesor: No cargo |