Giuseppe De Santis
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de febreiro de 1917 Fondi, Italia (pt) |
Morte | 16 de maio de 1997 (80 anos) Roma, Italia |
Educación | Centro Sperimentale di Cinematografia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista |
Período de actividade | 1940 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Luisa De Santis |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Де Сантис Джузеппе) Armenian Soviet Encyclopedia, vol. 3 (en) , (p.352) |
Giuseppe De Santis, nado en Fondi o 11 de febreiro de 1917 e finado en Roma o 16 de maio de 1997 foi un director de cinema italiano. Un dos directores máis idealistas do neorrealismo italiano das décadas de 1940 e 1950, escribiu e dirixiu filmes que esixían a reforma social. Era irmán do director de fotografía Pasqualino De Santis.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado no Lacio, foi membro do Partido Comunista Italiano e loitou coa resistencia antialemá durante a segunda guerra mundial. Estudou filosofía e literatura antes de entrar no Centro Sperimentali di Cinematografia de Roma. Mentres traballaba como xornalista para a revista Cinema converteuse, baixo a influencia de Cesare Zavattini, nunha das principais figuras do neorrealismo italiano, que intentaban facer filmes que reflectían a realidade simple e tráxica da vida proletaria, usando actores non profesionais e localizacións reais. En 1942 colaborou no guión de Ossessione, de Luchino Visconti.
Continuaba a traballar na revista mentres incrementaba as súas tarefas como guionista e axudante de director ata o seu debut como director en 1947 con Caccia Tragica. Igual que os seus dous seguintes filmes era unha chamada para mellorar as condicións da clase obreira italiana e os traballadores agrícolas. Falábase tamén de corrupción, mercado negro, colaboracionismo cos alemáns e o trato dos ex soldados.
O seu terceiro filme, Arroz amargo (1950), historia dunha moza que traballa nos campos de arroz e debe escoller entre dous homes socialmente diferentes, converteu a Silvana Mangano nunha estrela. Valeulle ademais unha candidatura ao Oscar ao mellor argumento orixinal.
A principios da década de 1950 o movemento neorrealista estaba decaendo no favor dos críticos e do público. Os novos cineastas comezaban a usar historias dramáticas que se centraban nas relacións persoais e de Santis tamén cambiou o seu estilo. En 1952 filmou Roma ore 11, primeira versión dun accidente real que Augusto Genina volveu rodar o ano seguinte.
En 1959 gañou o Globo de Ouro con La strada lunga un anno, filme producido en Iugoslavia que tamén foi candidata ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa.[1] Foi membro do xurado do Festival Internacional de Cinema de Moscova en 1979[2] e en 1985[3]
De Santis faleceu en 1997 aos oitenta anos tras sufrir un ataque ao corazón. Italia declarou un día de loito. Unha parte dos seus arquivos foron doados á Reynolds Library da Wake Forest University e a súa dona e amigos crearon unha fundación co seu nome.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- La gatta (curtametraxe, 1942)
- Giorni di gloria (codirector, 1945)
- Caccia tragica (1947)
- Arroz amargo (1949)
- Non c'è pace tra gli ulivi (1950)
- Roma ore 11 (1952)
- Un marito per Anna Zaccheo (1953)
- Giorni d'amore (1954)
- Uomini e lupi (codirector, 1956)
- La strada lunga un anno (1958)
- La garçonnière (1960)
- Italiani brava gente (1965)
- Un apprezzato professionista di sicuro avvenire (1972)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The 31st Academy Awards (1959) Nominees and Winners". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2011.
- ↑ "11th Moscow International Film Festival (1979)". MIFF. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2014. Consultado o 14 de xaneiro de 2013.
- ↑ "14th Moscow International Film Festival (1985)". MIFF. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2013. Consultado o 8 de febreiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Giuseppe De Santis na IMDb (en inglés).