Gaussian
Gaussian | |
---|---|
Autor orixinal | John Pople |
Desenvolvedor(es) | Carnegie Mellon University Gaussian, Inc. |
Publicación inicial | 1970 |
Última versión | Gaussian 16 (2017) |
Licenza | Software privativo |
Sitio web | gaussian |
Gaussian é un programa informático comercial utilizado en química computacional. A súa primeira versión desenvolveuna John Pople e o seu grupo en 1970 na Universidade Carnegie-Mellon, o seu nome procede da utilización por Pople de orbitais de tipo gaussiano para aumentar a velocidade de cálculo, aínda así os seus cálculos eran aínda limitados [1]. As primeira versións eran de balde mercé a un programa de intercambio con outras universidades, a partir de 1980 comezou a pagarse unha pequena cota e desde 1987 distribúeo comercialmente Gaussian Inc. Pola súa versatilidade e fácil manexo converteuse no programa estándar no campo da química cuántica [2] e emprégano químicos, enxeñeiros, bioquímicos, físicos e outros investigadores que traballan noutras áreas relacionadas coa química. O programa predí a estrutura molecular, frecuencias de vibración, enerxía e moitas outras propiedades dos sistemas moleculares
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Committee on Advanced Research Instrumentation, National Academy of Sciences, National Academy of Engineering, Institute of Medicine (2006). Advanced Research Instrumentation and Facilities. National Academies Press. p. 29. ISBN 9780309180191.
- ↑ Frenking, Gernot (2004). "Publisher's note: Sir John A. Pople, 1925–2004". Journal of Computational Chemistry 2 (9).