Saltar ao contido

Gastrite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gastrite
Clasificación e recursos externos
Imaxes PET da gastrite
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A gastrite[1] é unha inflamación das mucosas gástricas. A palabra procede do grego γαστήρ (gastēr, gastro = ventre, estómago) e -ίτις (-itis, -ite = inflamación). Dependendo da causa, pode persistir de forma aguda ou crónica e pode coincidir con outras enfermidades graves como a atrofia do estómago.

As causas coñecidas da gastrite son:

Síntomas

[editar | editar a fonte]

Síntomas que poden resultar da gastrite:

Prevención

[editar | editar a fonte]

Evítese o uso de medicamentos irritantes como antiinflamatorios e aspirinas, acudir a un médico xa que os fármacos sen receita alivian a dor pero non curan o estómago. Evitar o abuso de bebidas alcohólicas e tabaco. Existen controversias sobre o hábito de beber café e té negro que inflúe na gastrite[Cómpre referencia], polo que o seu consumo debería depender da tolerancia individual.

A mellora das condicións sanitarias, o tratamento da auga para o consumo doméstico, a hixiene persoal (lavado de mans antes de tocar os alimentos), o coidado na preparación e conservación dos alimentos, diminúe significativamente o número de vítimas de intoxicación alimentaria (gastroenterite).

Tratamento

[editar | editar a fonte]

O tratamento está relacionado co axente causante. Nos casos de gastrite aguda asociada ao uso de fármacos antiinflamatorios, a súa suspensión e/ou substitución, asociada ao uso de fármacos que neutralicen, inhiban ou bloqueen a secreción de ácido estomacal, é o tratamento básico.

A endoscopia, máis utilizada nos casos de gastrite aguda acompañada de hemorraxia, ademais de poder facer o diagnóstico, pode deter o sangrado aplicando diversos tratamentos locais. Non existe consenso sobre a vantaxe de tratar a bacteria Helicobacter pylori cando hai gastrite sen úlcera, xa que non se observou unha mellora significativa nos síntomas dixestivos.[Cómpre referencia] Nos casos en que existe unha indicación de tratamento para a erradicación da bacteria, este consiste na administración de antibióticos e bloqueadores da produción de ácido gástrico. O tratamento da gastrite consiste en eliminar as súas causas e utilizar medicamentos baixo supervisión médica. Algúns exemplos de remedios para a gastrite son omeprazol, ranitidina e cimetidina, pero unha nutrición adecuada é moi importante para un tratamento exitoso.

A gastrite ou inflamación da mucosa do estómago, ademais de estar relacionada co consumo de alcohol, tamén se pode xerar por infeccións e pola acción de antiinflamatorios non esteroides (como a aspirina). "Nestes casos, comer amorodos durante ou despois da patoloxía podería aliviar a lesión na mucosa gástrica", suxeriu Maurizio Battino, coordinador do grupo de investigación da Universidade Politécnica das Marcas, en Italia.[Cómpre referencia]

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-09-12. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]