Flamengo
Flamengo | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Phoenicopterus roseus | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
|
O nome flamengo[1] aplícase a varias especies de aves gregarias que forman por elas mesmas a orde das Phoenicopteriformes, familia Phoenicopteridae (fenicoptéridos[2]), todas no único xénero actual Phoenicopterus. Viven nos hemisferios oeste e leste, sendo máis numerosas neste último: das seis (segundo algúns ornitólogos cinco) especies da familia catro son americanas. A cor máis ou menos rosada da plumaxe e o peteiro e a lingua altamente especializados son características distintivas de tódalas especies da familia. A beira do bico ten unha estrutura de láminas que forman coa lingua un aparato de filtrado que lles serve para atrapar o plancto que nada na auga.
Sistematica
[editar | editar a fonte]Especies
[editar | editar a fonte]Especies | distribución xeográfica | |
---|---|---|
Flamengo rosa ou grande (P. roseus) | partes de África, S. de Europa e S. e SO. de Asia (A especie máis espallada). | |
Flamengo menor (P. minor) | De África o NO da India (o máis numeroso). | |
Flamengo de Chile (P. chilensis) | Áreas temperadas do sur de Suramérica. | |
Flamengo de James (P. jamesi) | Altos Andes no Perú, Chile, Bolivia, Ecuador e a Arxentina. | |
Flamengo dos Andes (P. andinus) | Zonas altas dos Andes no Perú, Chile, Bolivia e a Arxentina. | |
Flamengo do Caribe (P. ruber) | Illas do Caribe e illas Galápagos. |
Evolución
[editar | editar a fonte]A familia, xa extinta, dos Palaelodidae formada por unha especie de flamengos nadadores, considerouse a orixe dos actuais flamengos, teoría hoxe rexeitada, pola presenza dun fósil do xénero Elornis, que sería xa a mostra da existencia de flamengos auténticos (Phoenicopteridae), e que se remontaría ó Eoceno tardío, sendo anterior as mostras recollidas da familia Palaelodidae. Hai unha gran variedade de especies fósiles do Cretáceo e posteriores que se consideran en ocasións antecedentes dos flamengos:Torotix, Parascaniornis, Scaniornis, Gallornis, Agnopterus, Tiliornis, Juncitarsus e Kashinia; sendo ous dous últimos os únicos que parecen ter unha relación clara coas especies actuais de flamengo. Hai abundantes rexistros fósiles do xénero Phoenicopterus. A sistemática prehistórica do xénero, segundo os fósiles coñecidos, sería:
- Descoñecido
- Phoeniconotius (Etadunna Oligoceno/Mioceno Lago Pitikanta, Australia)
- Palaelodidae
- Adelalopus (Oligoceno en Hoogbutsel, Bélxica)
- Palaelodus ( Oligoceno medio -? Plistoceno medio)
- Megapaloelodus Oligoceno - Plioceno)
- Phoenicopteridae
- Elornis (Eoceno medio - Oligoceno) - inclúe Actiornis
- Phoenicopteridae gen. et sp. indet. (Camacho Mioceno?, de San José, Uruguai)
- Especies prehistóricas species de Phoenicopterus:
- Phoenicopterus croizeti (Oligoceno medio - Mioceno medio, de Centroeuropa)
- Phoenicopterus floridanus (Plioceno de Florida)
- Phoenicopterus stocki (Plioceno medio, de Rincón, México)
- Phoenicopterus copei (Plistoceno, do O. de Noreamérica México central)
- Phoenicopterus minutus (Plistoceno de California)
- Phoenicopterus aethiopicus
Relacións con outras aves
[editar | editar a fonte]Tradicionalmente considerouse ós flamengos coma próximos as Ciconiformes, orde na que chegaron a ser incluídos. Os ibis eran considerados os seus parentes máis próximos. Tampouco se exclúe a súa relación coas Anseriformes, sobre todo a causa de que comparten un parasito común, o piollo das plumas, do xénero Anaticola (Johnson et al. 2006). outros científicos colocaron ós flamengos dentro da orde das Caradriformes, considerándoos máis próximos a familia Recurvirostridae.
Os estudos moleculares e anatómicos realizados nos últimos anos deron resultados confusos: Sibley & Monroe colocáronos dentro dunha orde expandida das Ciconiformes. Por outro lado a hipótese sostida dende hai anos por outros investigadores, que sitúa os flamengos máis preto dos mergullóns (Podicipedidae), ca de calquera outro tipo de aves é obxecto de interese renovado.
Fisioloxía
[editar | editar a fonte]Dieta
[editar | editar a fonte]Os flamengos aliméntanse filtrando a auga. Os seus peteiros están adaptados para, usándoos de arriba a abaixo, separa-lo alimento da lama e os sedimentos. A filtraxe é facilitada polas lamelas, estruturas pilosas que están ó longo das mandíbulas, e a lingua grande e de superficie selagre. A cor rosada característica dos flamengos ten a súa orixe nos β-carotenos presentes na súa dieta. A fonte destes varía segundo as especies pero son en xeral os crustáceos e as algas verde-azuis. Os flamengos dos zoos reciben en ocasións aditivos coa comida (similares os utilizados na cría do salmón) para axudarlles a manteren o ton rosado.
Cor
[editar | editar a fonte]Os flamengos novos son grises pero a cor dos adultos vai do rosa claro ó vermello. Á importancia xa citada da dieta na coloración hai que engadir o papel das bacterias que viven nas augas nas que se alimentan. A falta de cor ou a cor pálida nun exemplar adoitan indicar algún tipo de doenza ou falta de alimentación. Nos flamengos cativos, porén, as cores pálidas están relacionadas coa falta de beta carotenos na dieta.
Cebo das crías
[editar | editar a fonte]Os flamengos, coma as pombas, producen un "leite" co que embican as crías. Esta substancia, máis rica en graxa e con menos proteínas cá das pombas, é segregada por unhas glándulas situadas na parte superior do tubo dixestivo. Os flamengos novos aliméntanse desta secreción, que contén tamén glóbulos vermellos e brancos, ata que teñen o bico desenvolvido dabondo como para alimentárense independentemente.
Conservación, status
[editar | editar a fonte]A situación das diversas especies depende sobre todo dos cambios que están a sufrir os seus hábitats. Así, as poboacións de Phoeniconaias minor sofren a ameaza do desecamento do lago Natrón, unha das súas áreas de cría principais. As causas da morte de miles de flamengos nos lagos do val do Rift non están aínda aclaradas, relacionándose coa polución ou con algunha doenza aviar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para flamengo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fenicoptéridos.
- Fain, Matthew G. & Houde, Peter (2004): Parallel radiations in the primary clades of birds. Evolution 58(11): 2558-2573. texto íntegro en PDF (inglés)
- Feduccia, Alan (1976): Osteological evidence for shorebird affinities of the flamingos. Auk 93(3): 587-601. texto íntegro en PDF (inglés)
- Hilty, Steven L. (2003): Birds of Venezuela. Christopher Helm, Londres. ISBN 0-7136-6418-5
- Johnson, Kevin P.; Kennedy, Martyn & McCracken, Kevin G. (2006): Reinterpreting the origins of flamingo lice: cospeciation or host-switching? Biol. Lett. 2: 275–278. PDF fulltext
- Sibley, Charles G.; Corbin, Kendall W. & Haavie, Joan H. (1969): The Relationships of the Flamingos as Indicated by the Egg-White Proteins and Hemoglobins. Condor 71(2): 155-179. PDF fulltext
- Svensson, Lars; Zetterström, Dan; Mullarney, Killian & Grant, P. J. (1999): Collins bird guide. HarperCollins, Londres. ISBN 0-00-219728-6
- Ubilla, M.; Perea, D.; Tambussi, C. & Tonni, E. (1990): Primer registro fósil de Phoenicopteridae (Aves: Charadriiformes) para el Uruguay (Mio-Plioceno). Anais da Academia Brasileira de Ciências 62: 61-68.