Estalagmita
Aparencia
Unha estalagmita (do grego σταλαγμίτης stalagmítēs, de σταλαγμίας stalagmías, "gota")[1] é un tipo de espeleotema (depósito de minerais que se forman por precipitación química) que se forma no solo dunha cova nunha zona calcaria debido á decantación de solucións e a deposición de carbonato cálcico. A formación correspondente no teito da cova coñécese como estalactita. Se ambas as formacións, enfrontadas, crecen o suficiente como para encontrarse, o resultado denomínase columna ou piar.
A formación de estalagmitas ocorre só baixo certas condicións de pH no interior da caverna.[2]
A estalagmita máis alta do mundo encóntrase na cova de Zhin Jin, China, e ten 70 m de altura.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ σταλαγμίας, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus
- ↑ Hogan, Michael (2010): Calcium. eds. A. Jorgensen, C. Cleveland. Encyclopedia of Earth. National Council for Science and the Environment.
- ↑ Revista Muy Interesante, edición de xaneiro de 2007, p. 69.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estalagmita |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Schabdach, Hardy (1998): Die Sophienhöhle im Ailsbachtal – Wunderwelt unter Tage. Verlag Reinhold Lippert, Ebermannstadt. ISBN 3-930125-02-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cova de El Soplao, Cantabria (España) (en castelán) Consultada o 06/09/2012.
- The Virtual Cave. Stalagmites (en inglés) Consultada o 06/09/2012.