Embraer EMB 312 Tucano
Embraer EMB 312 Tucano | |
---|---|
Tucano da Forza Aérea do Perú | |
Tipo | avión de adestramento |
Fabricante | Embraer |
Primeiro voo | 16 de agosto de 1980 |
Introducido | setembro de 1983 |
Estado | activo |
Principais usuarios | Forza Aérea Brasileira Forza Aérea de Exipto Forza Aérea Arxentina |
Produción | 1980 - 1996 |
Unidades construídas | 624 |
Variantes | Short Tucano |
O Embraer EMB 312 Tucano é un avión de adestramento básico con pequenas capacidades de ataque desenvolvido pola compañía brasileira Embraer. A Forza Aérea Brasileira patrocinou o proxecto EMB-312 a finais do ano 1978. O traballo de deseño e desenvolvemento comezou a principios de 1979 para a realización dun modelo de adestramento de baixo custo e relativamente sinxelo con características innovadoras, e que finalmente pasaría a ser un estándar internacional para os avións do seu tipo. O prototipo realizou o seu primeiro voo o 16 de agosto de 1980 e as primeiras unidades foron entregadas en 1983.
A produción foi iniciouse localmente cun pedido de 118 avións, con opcións para outros 50 en outubro de 1980. Posteriormente sería fabricado en Exipto baixo licenza en 1993, e despois comezaríase a fabricar unha versión mellorada coñecida como Short Tucano, que foi un produto baixo licenza fabricado no Reino Unido. O Tucano converteuse no primeiro éxito internacional de Embraer. Foron fabricados un total de 664 exemplares, voando en 16 forzas aéreas de todo o mundo.