Edelmiro Bascuas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1931 A Meda, España |
Morte | 10 de febreiro de 2011 (79 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | teólogo, lingüista |
Edelmiro Bascuas López, nado na Meda (Castroverde) o 15 de abril de 1931 e finado na Coruña o 10 de febreiro de 2011, foi un teólogo e lingüista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no seminario de Mondoñedo, e pasou a ser mestre de grego e francés no propio centro. En 1957 graduouse en Teoloxía na Universidade de Salamanca, e en 1968 licenciouse en linguas clásicas na Universidade de Madrid. Aprobou oposicións a cátedra, e exerceu como profesor de grego no ensino medio en Valencia e no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña.
Colaborou en publicacións como Veleia, Estudios Mindonienses, Studi Celtici, Paleohispánica ou Verba.
Obra
[editar | editar a fonte]- Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega (Verba, anexo 51; 2002)
- Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia (2006)
- Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega (2014)